The Ronettes
The Ronettes | |
---|---|
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1957–1967, 1973–1974 |
Xénero(s) | Pop, soul, rhythm and blues, doo wop |
Selo(s) discográfico(s) | Colpix Philles |
Na rede | |
The Ronettes foi un grupo musical feminino da década de 1960 de Washington Heights, Manhattan, Nova York,[1] coñecido especialmente polo seu traballo con Phil Spector. A formación do grupo estaba composta por Veronica Bennett como voz principal, quen posteriormente tomou o nome de Ronnie Spector, a súa irmá Estelle Bennett e a súa curmá Nedra Talley. Entre as súas cancións máis populares destacaron "Be My Baby", "Baby, I Love You", "(The Best Part Of) Breakin' Up" e "(Walking) in the Rain"; todas elas entraron no Billboard Hot 100. "Walking in the Rain" gañou un premio Grammy en 1965, e "Be My Baby" foi incluído no Grammy Hall of Fame en 1999. The Ronettes foron incluídas no Rock and Roll Hall of Fame en 2007 e no Salón da Fama dos Grupos Vocais en 2004.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As mulleres cantaron xuntas desde que eran adolescentes, entón coñecidas como The Darling Sisters. Tras asinar en primeira lugar con Colpix Records en 1961, trasladáronse á discográfica de Phil Spector, Philles Records en marzo de 1963 e cambiaron o seu nome por The Ronettes, (acrónimo de "Ronnie, Nedra and Estelle"). A finais de 1964, o grupo lanzou o seu único álbum de estudio, Presenting the Fabulous Ronettes Featuring Veronica, que entrou nas listaxes de Billboard no número 96. Rolling Stone incluíuno no número 422 da súa listaxe dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[2]
Tras un descanso a mediados da década de 1960, The Ronettes xunto con Spector reuníronse sen conseguir maior atención por parte do público, debido a que o son dos grupos musicais femininos xa non era do gusto da gran masa do público. Finalmente, o grupo disolveuse en 1967 despois de tocar como abreconcertos nunha xira polos Estados Unidos e o Canadá de The Beatles, que tamén traballaron con Spector, no verán de 1966. The Ronettes foron o único grupo feminino co que viaxaron The Beatles.
Ronnie Spector casou con Phil Spector en 1968 e lanzou a súa carreira como solista en 1973 despois de divorciarse.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ronnie Spector Biography". Ronniespector.com. 9 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ "Rolling Stone's 500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Ronettes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Spector, Ronnie (2004). Be My Baby: How I survived Mascara, Miniskirts, and Madness, or My Life as a Fabulous Ronette. Nova York: New American Library. ISBN 0-451-41153-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Ronettes no Salón da Fama dos Grupos Vocais
- Introdución da banda no Salón da Fama Arquivado 26 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Información do grupo (en inglés)