The Scorpion King 2: Rise of a Warrior
The Scorpion King 2: Rise of a Warrior | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Scorpion King 2: Rise of a Warrior |
Director | Russell Mulcahy |
Produtor | Stephen Sommers Patti Jackson Lisa Gooding |
Guión | Randall McCormick |
Baseado en | Personaxes de Stephen Sommers |
Intérpretes | Michael Copon Randy Couture Karen David Pierre Marais |
Música | Klaus Badelt |
Fotografía | Glynn Speeckaert |
Montaxe | John Gilbert |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 2008 |
Duración | 109 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Aventuras |
Filme anterior | The Scorpion King |
Filme seguinte | The Scorpion King 3: Battle for Redemption |
Na rede | |
http://www.the-scorpion-king.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Scorpion King 2: Rise of a Warrior é un filme de aventuras dirixido por Russell Mulcahy que se estreou no 2008.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Historia do heroe Mathayus de novo, e os sucesos que o levaron a converterse no Rei Escorpión. Cando era un neno de 13 anos, Mathayus foi testemuña do rapto e asasinato do seu pai, un coñecido mercenario, por parte dun rival envexoso, Sargon. Enviado á prestixiosa academia da Orde do Escorpión Negro, Mathayus pasa os seguintes sete anos adestrándose para converterse nun loitador e nun asasino, animado polo seu voto de vingar, algún día, ó seu pai. Convencido de que a única esperanza de derrotar a Sargon consiste en recuperar a espada do Submundo, Mathayus embárcase nunha arriscada odisea sobrenatural, acompañado por unha aspirante a guerreira.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Michael Copon como Mathayus (O rei escorpión)
- Karen David como Layla
- Simon Quarterman como Ari
- Tom Wu como Fong
- Andreas Wisniewski como Pollux
- Randy Couture como Sargon
- Natalie Becker como Astarte
- Jeremy Crutchley como Baldo
- Shane Manie como Jesup
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)