The Storyteller
The Storyteller | |
---|---|
Formato | Infantil |
Creado por | Jim Henson |
Desenvolvido por | Anthony Minghella |
Intérpretes | John Hurt como o contacontos (Michael Gambon, nos mitos gregos) Brian Henson como o cadelo |
Tema de apertura | Rachel Portman |
País de orixe | ![]() ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 9 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Duncan Kenworthy |
Localización(s) | Elstree Studios |
Duración | 22 minutos |
Distribuidor | Henson Associates TVS Television |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | HBO (USA) VARA (Países Baixos) |
Formato de imaxe | PAL |
Primeiro episodio | 15 de maio - 10 de xullo de 1988 |
Na rede | |
https://www.henson.com/storyteller.php | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Storyteller é unha serie de televisión de acción en vivo e de marionetas. É unha coprodución británico/americana que foi orixinalmente estreada en 1988 e foi creada e producida por Jim Henson.[1]
Algúns dos episodios de The StoryTeller foron incluídos na The Jim Henson Hour.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Na serie nárranse varios contos folclóricos europeos, particularmente os considerados como "escuros" na cultura occidental, que son recreados cunha combinación de actores e marionetas. Os episodios comezan cun vello narrador (John Hurt) sentado ó carón do lume, narrando cada conto tanto ós espectadores como ó seu can (un boneco de aparencia realista coa voz de Brian Henson). O narrador emprega a linguaxe e un estilo tradicional acordo con vellos contos populares.[2]
Lista de episodios
[editar | editar a fonte]Primeira serie
[editar | editar a fonte]- Hans My Hedgehog
- Fearnot
- A Story Short
- The Luck Child
- The Soldier and Death
- The True Bride
- The Three Ravens
- Sapsorrow
- The Heartless Giant
Segunda serie
[editar | editar a fonte]Jim Henson fixo outra serie de episodios, chamada The StoryTeller: Greek Myths, presentados por outro actor, Michael Gambon, pero co mesmo can. O narrador conta as súas historias dende o interior do Labirinto da illa de Creta, ó que é guindado como castigo por ladrón. Só se realizaron catro episodios.
- Daedalus and Icarus
- Orpheus and Eurydice
- Perseus and the Gorgon
- Theseus and the Minotaur
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1988: 2 nomeamentos ós Emmy: Mellor programa infantil (dous episodios).
- 1988: 2 premios BAFTA: Programa infantil, vestiario. Nomeado á mellor maquillaxe.
- 1987: premio Emmy: Mellor programa infantil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Clark, Kenneth R (10 de abril de 1988). "Storyteller Is Back, As 'Luck' Would Have It". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 2010-10-19.
- ↑ Goodman, Walter (30 de xaneiro de 1987). "TV WEEKEND; JOHN HURT STARS IN 'THE STORYTELLER'". The New York Times. Consultado o 2010-10-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)