The Transporter
The Transporter | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Louis Leterrier e Corey Yuen |
Produtor | Luc Besson |
Guión | Luc Besson e Robert Mark Kamen |
Música | Stanley Clarke |
Fotografía | Pierre Morel |
Distribuidora | EuropaCorp Distribution (Francia) 20th Century Fox (mundial) |
Estrea | 2 de outubro de 2002 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Francia Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $21.000.000 |
Recadación | $43.928.932 |
Lingua | Inglés |
Na rede | |
http://www.thetransportermovie.net/ | |
The Transporter, en inglés; Le Transporteur, en francés, é unha película franco-estadounidense dirixida por Louis Leterrier e Corey Yuen. O seu guionista, Luc Besson, inspirouse na serie de curtos de BMW "The Hire" para crear esta película. Estreouse en Francia o 2 de outubro de 2002 e o 11 de outubro do mesmo ano nos Estados Unidos. Os protagonistas son Jason Statham como Frank Martin e Shu Qi como Lai Kwai. Esta é a primeira película da serie, á que seguiron Transporter 2 e Transporter 3.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un ex-membro dun corpo especial do exército, Frank Martin, presta os seus servizos de condutor experto a calquera que lle pague ben. En principio el non se implica nos asuntos en que colabora. De feito, este principio non entra dentro das regras cando o paquete que transporta empeza a queixarse e el descobre que está transportando unha muller chinesa. Após abrir o paquete, unha excepción nos seus principios, convértese no albo dunha cuadrilla de gánsteres, á vez que ten que escapar da policía.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Jason Statham como Frank Martin.
- Shu Qi como Lai.
- François Berléand como o inspector Tarconi.
- Matt Schulze como Darren "Wall Street" Bettencourt.
- Didier Saint Melin como Boss.
- Doug Rand como Leader.
- Ric Young como Mr. Kwai.
Produción
[editar | editar a fonte]Luc Besson inspirouse na serie de filmes de BMW The Hire para crear o guión de The Transporter.[1] Ao facela el, fíxoa expresamente para Jason Statham, porque estivo impresionado coa súa actuación na película de ciencia ficción The One (2001).[2]
Durante a rodaxe Jason Statham fixo a maioría das súas escenas de risco sen utilizar dobres.[3]
Coches
[editar | editar a fonte]Cabe destacar que, nesta obra cinematográfica, o personaxe de Jason Statham, Frank Martin, especificamente identifica o seu coche como un "BMW 735i negro de 1999". Porén, no comentario do DVD, Jason Statham indica que o coche era un Serie 7 750iL V12 de 1999 con caixa de cambios manual. Durante a historia o personaxe interpretado por Statham roubou máis tarde un Mercedes-Benz W140 SEL 600 V12 AMG (408 hp, 300KW) a Bettencourt como unha compensación pola destrución do seu BMW.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Curiosidades de Transporter (5) Abandomoviez.
- ↑ Hy Quan Quach (5 de xullo de 2022) „Transporter“-Neuanfang am Mittwoch im TV: Darum verließ Jason Statham die Action-Reihe. kino.de (en alemán).
- ↑ Transporter. Sensacine.