The Wall (videoxogo)
Aparencia
The Wall | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Álex González |
Lanzamento | 1986 |
Plataforma(s) | MSX |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Wall é un videoxogo arcade de alta dificultade[1] desenvolvido polo ourensán Álex González e producido por Erbe Software, lanzado en 1986. Está considerado o primeiro videoxogo galego.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un alieníxena, DIRXX, debe superar un total de 22 pantallas camiñando por un muro (de aí o título) rodeado do mar e evitando distintos inimigos entre os que hai varios elementos da cultura popular galega como o mexillón, e outros obstáculos como rodas ou shuriken. A banda sonora, deseñada tamén por Álex González, emprega como base a popular canción "Na beira do mar", aínda que acelerada para ser adaptada ao estándar MSX-AUDIO.
A atmosfera temática do videoxogo presentábase do seguinte xeito impresa na caixa do casete de Erbe Software:
DIRXX saltou para evitar o pequeno ciberdroide electrificado, cuxo contacto sería fatal, e rodou polo chan, evitando por pouco un parafuso mortal. Entón correu desesperado cara á porta metálica do seguinte nivel, mentres sentía, en lugar de ver, o xigantesco robot que se lle achegaba por detrás.
Diante del, a enorme chapa metálica subía e caía cunha rapidez que desafiaba o cálculo. Intentando concentrarse, DIRXX acelerou a velocidade dos seus procesos mentais para superar esa proba suprema, e saltou sincronizando a súa velocidade coa da porta. O seu salto levouno ao extremo oposto, deixando ao seu perseguidor a unha man e perdendo por pouco a pendente de salvación. Un salto máis curto significaría a morte atrapada na pesada lámina, e un demasiado longo significaría o mesmo, no velenoso lago de cloro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A insólita historia de Álex González, autor do primeiro videoxogo da industria galega". Consultado o 03 de decembro de 2024.
- ↑ "'The Wall', o primeiro videoxogo galego, naceu como pasatempo e acabou por ser un éxito de vendas en 1986". praza.gal. Consultado o 2024.
- ↑ "The Wall". Base de Datos del Videojuego Español (en castelán). Consultado o 2024-03-12.