Theda Bara
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Theodosia Burr Goodman 29 de xullo de 1885 Cincinnati, Estados Unidos de América |
Morte | 7 de abril de 1955 (69 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro de estómago |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Educación | University of Cincinnati (en) Walnut Hills High School (en) |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro, actriz |
Período de actividade | 1914 - 1926 |
Familia | |
Cónxuxe | Charles Brabin (1921–1955) |
Irmáns | Lori Bara |
Premios | |
|
Theodosia Burr Goodman, nada en Cincinnati (Ohio) o 29 de xullo de 1885 e finada nos Ánxeles (California) o 7 de abril de 1955 foi unha actriz estadounidense coñecida como Theda Bara.
Bara foi unha das actrices máis populares do cinema mudo e unha das primeiras sex symbols[1] do cinema anterior ao código de produción. Os seus papeis de femme fatale valéronlle o alcume de The Vamp, abreviatura de vampire ("vampiresa"). Bara traballou en máis de corenta filmes entre 1914 e 1926, pero a maioría desapareceron nun incendio en 1937. Tralo seu matrimonio con Charles Brabin en 1921, actuou en dous filmes e retirouse en 1926, sen aparecer nunca nun filme sonoro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada no barrio de Avondale, Cincinnati, o seu pai era Bernard Goodman (1853–1936),[2] un próspero xastre xudeu nado en Polonia. A súa nai, Pauline Louise Françoise de Coppett (1861–1957), naceu en Suíza.[3] Bernard e Pauline casaron en 1882 e tiveron outros dous fillos, Marque Marque (1888–1954)[4] e Esther (1897–1965),[2] que tamén foi actriz co nome artístico de Lori Bara e casou co londiniense Francis W. Getty en 1920.
Bara graduouse no instituto en 1903 e asistiu á Universidade de Cincinnati durante dous anos, tras os que comezou a actuar en producións teatrais. Tras mudarse a Nova York en 1908, debutou en Broadway en The Devil (1908).
A maioría dos primeiros filmes de Bara filmáronse na costa leste, especialmente en Fort Lee, Nova Jersey.[5] O ascenso de Hollywood como centro da industria cinematográfica estadounidense levouna a marchar aos Ánxeles para rodar Cleopatra (1917), que foi o seu maior éxito. Aínda que non se conserva o filme si existen moitas fotografías de Bara vestida como Cleopatra.
Entre 1915 e 1919, Bara foi a maior estrela do estudio Fox, pero cansa de interpretar sempre o papel de vampiresas deixou expirar o seu contrato de cinco anos. A súa carreira esmoreceu sen o apoio da Fox e tras The Lure of Ambition (1919) non interveu en ningún filme ata The Unchastened Woman (1925) para Chadwick Pictures Corporation. Bara retirouse tras rodar un último filme, a curtametraxe cómica Madame Mystery (1926), producida Hal Roach e dirixida por Stan Laurel, na que parodiaba a súa imaxe de vampiresa.
No cumio da súa fama Bara gañaba 4000 dólares á semana. Para ampliar a súa imaxe exótica, durante a promoción de Cleopatra os publicistas de Fox Studio notaron que o seu nome artístico era un anagrama de Arab death (“morte árabe”) e os seus axentes de prensa afirmaron que era "a filla dun xeque árabe e unha muller francesa, nada no Sahara."[6] Ese mesmo ano a familia Goodman cambiou legalmente o seu apelido por Bara.[7] En 1921 casou co director Charles Brabin en 1921.
Faleceu o 7 de abril de 1955 vítima dun cancro de estómago e foi enterrada co nome de Theda Bara Brabin en Glendale (condado dos Ánxeles).
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1914 | The Stain | Gang moll | Como Theodosia Goodman |
1915 | Siren of Hell | Filme perdido | |
1915 | A Fool There Was | The Vamp | |
1915 | The Kreutzer Sonata | Celia Friedlander | Filme perdido |
1915 | The Clemenceau Case | Iza | Filme perdido |
1915 | The Devil's Daughter | La Gioconda | Filme perdido |
1915 | Lady Audley's Secret | Helen Talboys | Filme perdido |
1915 | The Two Orphans | Henriette | Filme perdido |
1915 | Sin | Rosa | Filme perdido |
1915 | Carmen | Carmen | Filme perdido |
1915 | The Galley Slave | Francesca Brabaut | Filme perdido |
1915 | Destruction | Fernade | Filme perdido |
1916 | The Serpent | Vania Lazar | Filme perdido |
1916 | Gold and the Woman | Theresa Decordova | Filme perdido |
1916 | The Eternal Sapho | Laura Bruffins | Filme perdido |
1916 | East Lynne | Lady Isabel Carlisle | |
1916 | Under Two Flags | Cigarette | Filme perdido |
1916 | Her Double Life | Mary Doone | Filme perdido |
1916 | Romeo and Juliet | Xulieta | Filme perdido |
1916 | The Vixen | Elsie Drummond | Filme perdido |
1917 | The Darling of Paris | Esmeralda | Filme perdido |
1917 | The Tiger Woman | Princess Petrovitch | Filme perdido |
1917 | Her Greatest Love | Hazel | Filme perdido |
1917 | Heart and Soul | Jess | Filme perdido |
1917 | Camille | Marguerite Gauthier | Filme perdido |
1917 | Cleopatra | Cleopatra | Consérvanse uns vinte segundos |
1917 | The Rose of Blood | Lisza Tapenka | Filme perdido |
1917 | Madame Du Barry | Madame du Barry | Filme perdido |
1918 | The Forbidden Path | Mary Lynde | Filme perdido |
1918 | The Soul of Buddha | Priestess | Filme perdido |
1918 | Under the Yoke | Maria Valverda | Filme perdido |
1918 | Salomé | Salomé | Filme perdido |
1918 | When a Woman Sins | Lilian Marchard / Poppea | Filme perdido |
1918 | The She Devil | Lorette | Filme perdido |
1919 | The Light | Blanchette Dumond (Madame Lefresne) | Filme perdido |
1919 | When Men Desire | Marie Lohr | Consérvanse 17 segundos |
1919 | The Siren's Song | Marie Bernais | Filme perdido |
1919 | A Woman There Was | Princess Zara | Filme perdido |
1919 | Kathleen Mavourneen | Kathleen Cavanagh | Filme perdido |
1919 | La Belle Russe | Fleurett Sackton/La Belle Russe | Filme perdido |
1919 | The Lure of Ambition | Olga Dolan | Filme perdido |
1925 | The Unchastened Woman | Caroline Knollys | |
1926 | Madame Mystery | Madame Mysterieux | |
1926 | 45 Minutes from Hollywood | Ela mesma | Curtametraxe |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Classicimages.com (ed.). "Classic Images – Vol. 250 – April 1996 Issue". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 2 de agosto de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 "Theda makes 'em all Baras," New York Times, 17 de novembro de 1917
- ↑ [1]
- ↑ "Marque Bara", Newport Daily News (Newport, Rhode Island), 26 de abril de 1954, p. 2.
- ↑ Fort Lee: Birthplace of the Motion Picture Industry. Arcadia Publishing. 2006. ISBN 978-0-7385-4501-1.
- ↑ [2]"Cleopatra (1917)". The New York Times, Film review. Consultado o 29 de maio de 2011
- ↑ "Theda Makes 'em All Baras. Actress's Family Join Her in Dropping Name of Goodman". New York Times. 17 de novembro de 1917. Consultado o 20 de xullo de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Theda Bara |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Altman, Diana (2010). Tapley Cove Press, ed. In Theda Bara's Tent. ISBN 0-615-34327-9.
- DiGrazia, Christopher (2011). 1921 PVG Publishing, ed. The Director's Cut: A Theda Bara Mystery. ISBN 0-9827709-4-4.
- Buchanan, Judith (2009). Cambridge University Press, ed. Shakespeare on Silent Film: An Excellent Dumb Discourse. Cambridge. ISBN 0-521-87199-9.
- Fox, Susan (2006). Midnight Marquee Press Inc, ed. William Fox: A Story of Early Hollywood 1915–1930. ISBN 1-887664-62-9.
- Genini, Ronald (1996). McFarland, ed. Theda Bara: A Biography of the Silent Screen Vamp, with a Filmography. ISBN 0-7864-0202-4.
- Golden, Eve (1996). Emprise, ed. Vamp: The Rise and Fall of Theda Bara. ISBN 1-887322-00-0.
- Johnston, Bob (2002). Dramatist's Play Service, ed. Theda Bara and the Frontier Rabbi. ISBN 0-8222-1837-2.
- Menefee, David W. (2007). Bear Manor Media, ed. The First Female Stars: Women of the Silent Era. Albany. ISBN 0-275-98259-9.
- Ramsaye, Terry (1926). Simon and Schuster, ed. A Million and One Nights. Nova York.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía
- "Theda Bara" en Jewish Women: A Comprehensive Historical Encyclopedia
- Actores de Ohio
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de radio
- Nados en Cincinnati, Ohio
- Nados en 1885
- Finados en 1955
- Finados por cancro
- Estadounidenses de ascendencia suíza
- Estadounidenses de ascendencia xudía
- Estadounidenses de ascendencia polaca