Cleopatra (filme de 1917)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Cleopatra | |
---|---|
Cartel orixinal do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Cleopatra |
Director | J. Gordon Edwards |
Produtor | William Fox |
Guión | H. Rider Haggard Adrian Johnson Émile Moreau Victorien Sardou |
Intérpretes | Theda Bara Fritz Leiber Sr. Thurston Hall |
Música | Sen son |
Fotografía | Edward M. McDermott |
Montaxe | John W. Boyle Rial Schellinger George Schneiderman |
Distribuidora | Fox Film Corporation |
Estrea | 1917 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | $500,000 |
Na rede | |
Cleopatra é un filme de 1917 dirixido por J. Gordon Edwards e coa vampiresa[1] do momento (Theda Bara), con Fritz Leiber o pai (1882 - 1949) como Xulio César e con Thurston Hall (1882 - 1958) como Marco Antonio.[2]
Foi unha das producións máis elaboradas de Hollywood até entón, con decorados e vestiarios moi traballados. Segundo indicaba o estudo, a película custou 500 000 dólares e empregou case 200 persoas.
A historia deste filme mudo está baseada na obra de William Shakespeare Antonio e Cleopatra.[3] Theda Bara aparece cunha gran cantidade de fantásticos vestidos bastante ousados para a época. O filme tivo un grande éxito.
Anos despois, as normas de Hollywood xulgaron este filme como demasiado impúdico para ser visto, e as últimas dúas copias foron destruídas nos incendios dos Estudos Fox. Só algúns fragmentos, hoxe en mans do Museo de Arte Moderna de Nova York, sobreviviron até os nosos días.
Elenco de actores
[editar | editar a fonte]- Theda Bara como Cleopatra.
- Fritz Leiber Sr. como Xulio César.
- Thurston Hall como Marco Antonio.
- Alan Roscoe como Pharon.
- Herschel Mayall como Ventidio.
- Dorothy Drake como Charmian.
- Delle Duncan como Iras.
- Henri De Vries como Octavio.
- Art Acord como Kefrén.
- Hector Sarno como o Mensaxeiro.
- Genevieve Blinn como Octavia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2017-03-15.
- ↑ O actor que representou o personaxe de Xulio César neste filme era o pai do escritor de ciencia ficción Fritz Leiber.
- ↑ McCaffrey, Donald W.; Jacobs, Christopher P. (1999). Guide to the Silent Years of American Cinema. Greenwood Publishing Group. p. 82. ISBN 0-313-30345-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cleopatra |