Theodore Thomson Flynn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1883 Coraki, Australia (en) |
Morte | 23 de outubro de 1968 (85 anos) |
Causa da morte | doenza |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Australia |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo |
Empregador | Universidade de Tasmania Queen's University of Belfast (pt) |
Familia | |
Fillos | Errol Flynn |
Theodore Thomson Flynn, nado en Coraki, Nova Gales do Sur, Australia, o 11 de outubro de 1883 e finado en Liss, Hampshire, Inglaterra, o 23 de outubro de 1968 foi un biólogo australiano que foi profesor en Tasmania e o Reino Unido.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]T. T. Flynn naceu en Coraki, Nova Gales do Sur, Australia, fillo de Jessie B. (nada Thomson) e John Flynn.[1]
Comezou a traballar como lector de bioloxía na Universidade de Tasmania en 1909, pasando a ser profesor desta disciplina en 1911, e ensinando alí até 1930.[2] Casou con Lily Mary (Marelle) Young o 23 de xaneiro de 1909.[3]
Flynn trasladouse a Irlanda do Norte, onde exerceu na cátedra de zooloxía na Queen's University de Belfast entre 1931 e 1948.
Despois da Belfast Blitz (durante a chamada guerra relampo, bombardeo sostido do Reino Unido pola Alemaña nazi entre o 7 de setembro de 1940 e o 16 de maio de 1941), Flynn foi o director de sinistros da cidade.[4]
Foi o pai do actor de cine Errol Flynn, e nomeou unha nova especie que descubriu, Gibbonsia erroli, na honra do seu fillo.
Faleceu en Liss, Hampshire, Inglaterra, o 23 de outubro de 1968.[1]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Flynn emprégase para recoñecer a Theodore Thomson Flynn como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Biography of Theodore Thomson Flynn". University of Tasmania. January 29, 2013. Consultado o 20-05-2016.
- ↑ "Theodore Thomson Flynn". Biographical Entry. Encyclopedia of Australian Science. 2010. Consultado o 20-05-2016.
- ↑ Australian Dictionary of Biography
- ↑ "Multitext - Professor T. T. Flynn with his wife". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2006. Consultado o 20 de maio de 2016.