Theropithecus gelada
Theropithecus gelada | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gelada macho | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Theropithecus gelada Rüppell, 1835 | |||||||||||||||||||||||||
Distribución da especie.
| |||||||||||||||||||||||||
Subspecies | |||||||||||||||||||||||||
|
O Theropithecus gelada é unha especie de primate catarrino da familia dos cercopitécidos endémica das terras altas de Etiopía. Pesan entre 13 e 20 quilogramos, e do mesmo xeito que os babuínos, son terrestres e pasan o tempo alimentándose nas pradarías.
Algúns autores inclúen a especie dentro do xénero Papio, mais dende 1979 está clasificado noutro xénero separado, Theropithecus. Theropithecus gelada é a única especie vivente, aínda que se coñecen polo menos outras dúas liñaxes separados no rexistro fósil. Malia que a especie está restrinxida hoxe a Etiopía, coñécense fósiles do xénero procedentes de Suráfrica, Malaui, a República Democrática do Congo, Tanzania, Uganda, Kenya, Etiopía, Alxeria, Marrocos, España e a India.
Pode distinguirse dos babuínos pola pel de vivas cores no seu peito. A mancha está pouco definida e, nos machos, está tinguida de vermello e rodeada de pelo branco. Nas femias, a mancha está bastante menos pronunciada. Porén, cando vai calor, a mancha das femias tórnase brillante e salpicada de bochas. Este proceso é semellante á inchazón das nádegas durante o estro, algo común nos babuínos.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Describíronse as seguintes subespecies:[2][3]
- T. g. gelada (Rüppell, 1835)
- T. g. obscurus (Heuglin, 1863)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gippoliti, S. e Hunter, C. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Theropithecus gelada (TSN 573034)" (en inglés).