Saltar ao contido

Thor Burner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Thor Burner 1»)
Un Thor Burner engalando co satélite TIROS 1 a bordo.

Thor Burner é a denominación xenérica para unha serie de foguetes espaciais dos Estados Unidos usados entre 1965 e 1976.[1][2][3][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

A serie de foguetes Thor Burner estivo formada por foguetes que combinaban unha primeira etapa Thor nalgunha das súas variantes cunha segunda etapa de propelente sólido e nalgúns casos engadindo unha terceira. Lanzáronse 26 foguetes desta serie, cun fallo total e dous parciais. Todos foron lanzados desde a base Vandenberg da Forza Aérea e a maior parte foi usada para poñer en órbita os satélites meteorolóxicos militares DMSP.[1][2][3][5]

Thor Burner 1

[editar | editar a fonte]

O Thor Burner usaba unha primeira etapa Thor LV2D cunha segunda etapa MG-18 ou Altair 3. Podía poñer ata 770 kg en órbita baixa terrestre. Voou entre 1965 e 1966.[1][2][5]

Thor Burner 2

[editar | editar a fonte]

O Thor Burner 2 usaba unha primeira etapa Thor LV2F xunto cunha segunda etapa Burner 2/Star 37B xunto cunha Star 13A nalgunhas misións. Voou entre 1966 e 1971.[3][5]

Thor Burner 2A

[editar | editar a fonte]

O Thor Burner 2A usaba unha primeira etapa Thor LV2F xunto cunha segunda etapa Burner 2A/Star 37B e unha terceira etapa Burner 2A/Star 26B. Voou entre 1971 e 1976.[4][5]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][5][4] Data de lanzamento[1][2][3][5][4] Foguete lanzador[1][2][3][5][4] Notas[1][2][3][5][4]
DSAP-1 F10 19 de xaneiro de 1965 Thor Burner 1 Fallo parcial
DSAP-1 F11 18 de marzo de 1965 Thor Burner 1 Éxito
DSAP-3 F1 20 de maio de 1965 Thor Burner 1 Éxito
DSAP-2 F1 10 de setembro de 1965 Thor Burner 1 Éxito
DSAP-2 F2 6 de xaneiro de 1966 Thor Burner 1 Fallo
DSAP-2 F3 31 de marzo de 1966 Thor Burner 1 Éxito
DSAP-4A F1 16 de setembro de 1966 Thor Burner 2 Éxito
DSAP-4A F2 8 de febreiro de 1967 Thor Burner 2 Éxito
Aurora 1 / SECOR 9 29 de xuño de 1967 Thor Burner 2 Éxito
DSAP-4A F3 23 de agosto de 1967 Thor Burner 2 Éxito
DSAP-4A F4 11 de outubro de 1967 Thor Burner 2 Éxito
DSAP-4B F1 23 de maio de 1968 Thor Burner 2 Éxito
DSAP-4B F2 23 de outubro de 1968 Thor Burner 2 Éxito
DSAP-4B F3 23 de xullo de 1969 Thor Burner 2 Éxito
DSAP-5A F1 11 de febreiro de 1970 Thor Burner 2 Éxito
DSAP-5A F2 3 de setembro de 1970 Thor Burner 2 Éxito
DSAP-5A F3 / NRL-PL 170A / NRL-PL 170B / NRL-PL 170C 17 de febreiro de 1971 Thor Burner 2 Éxito
SESP 1 8 de xuño de 1971 Thor Burner 2 Éxito
DSAP-5B F1 14 de outubro de 1971 Thor Burner 2A Éxito
DSAP-5B F2 24 de marzo de 1972 Thor Burner 2A Éxito
DSAP-5B F3 9 de novembro de 1972 Thor Burner 2A Éxito
DSAP-5B F4 17 de agosto de 1973 Thor Burner 2A Éxito
DMSP-5B F5 16 de marzo de 1974 Thor Burner 2A Éxito
DMSP-5C F1 9 de agosto de 1974 Thor Burner 2A Éxito
DMSP-5C F2 24 de maio de 1975 Thor Burner 2A Éxito
DMSP-5C F3 19 de febreiro de 1976 Thor Burner 2A Fallo parcial
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2022). "Thor Burner" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2022). "Thor Burner 1" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Mark Wade (2022). "Thor Burner 2" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Mark Wade (2022). "Thor Burner 2A" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Thor with solid-fuel upper stage" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]