Saltar ao contido

Thora Hjörleifsdottir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThora Hjörleifsdottir
Nome orixinal(is) Þóra Hjörleifsdóttir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeIslandia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Islandia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , poetisa , novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2017 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua islandesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX6491804

Thora Hjörleifsdottir (islandés: Þóra Hjörleifsdóttir), nada en 1986,[1] é unha novelista e poeta islandesa. O seu primeiro libro, Magma (2019), converteuse nun best-seller no seu país, suscitando un debate público sobre a violencia de xénero.[2] Na actualidade, forma parte do colectivo Svikaskálda ("poetas impostores").[2]

Hjörleifsdottir foi publicada en galego por Rinoceronte Editora en 2023, cunha tradución de Elías Portela.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Thora Hjörleifsdottir cursou un mestrado en escrita creativa na Universidade de Islandia.[1][2][5] Forma parte do colectivo Svikaskálda, co que publicou poemarios como Ég er ekki að rétta upp hönd (2017) e Ég er fagnaðarsöngur (2018).[1] A súa primeira novela, Magma, publicada en 2019, foi un éxito de vendas en Islandia, onde suscitou moita controversia.[1][2] A obra foi traducida a múltiples idiomas, como o inglés ou o galego, e foi recomendada pola revista Time.[3][5][6]

Na actualidade, traballa como profesora de islandés.[5]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Ég er ekki að rétta upp hönd ("Non vou erguer a man", 2017)
  • Ég er fagnaðarsöngur ("Son unha canción alegre", 2018)
  • Nú sker ég netin mín ("Agora corto as miñas redes", 2019)
  • Magma (2019)
  • Olía ("Petróleo", 2021)
  • Eftirvæntingu ("Anticipación", 2021)

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Magma (2023). Tradución directa de Elías Portela. Rinoceronte Editora.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Þóra Hjörleifsdóttir – Forlagið bókabúð" (en islandés). Consultado o 2024-08-07. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Þóra Hjörleifsdóttir - Icelandic Authors". Miðstöð íslenskra bókmennta (en inglés). Consultado o 2024-08-07. 
  3. 3,0 3,1 Diario, Nós (2023-10-20). "O magma queima". Nós Diario. Consultado o 2024-08-07. 
  4. "Magma – Rinoceronte Editora". Consultado o 2024-08-07. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Skáld.is". skald.is. Consultado o 2024-08-07. 
  6. "magma". RCW Literary Agency (en inglés). Consultado o 2024-08-07.