Thrill Jockey
Thrill Jockey | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1992 |
Sede | Chicago |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://thrilljockey.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Thrill Jockey é un selo discográfico independente estadounidense creado no ano 1992 na cidade de Nova York pola antiga A&R de Atlantic Records Bettina Richards.
Historia
[editar | editar a fonte]Bettina Richards iniciou o selo con 35 000 dólares, do seu capital familiar e persoal, mentres traballaba nunha tenda de discos en Hoboken, Nova Jersey, e dirixiuno dende o seu apartamento en Manhattan.
En 1995 mudou o selo a Chicago, Illinois, onde "o alugueiro e os impostos son considerablemente máis baratos".[1]
Thrill Jockey ofrece en streaming todos os lanzamentos do seu catálogo. "Creo que se a xente pode escoitar os álbums tende a mercalos", dixo Richards nunha entrevista en 2006 do Chicago Reader.[2]
Entre os artistas que gravaron co selo están Double Dagger, Future Islands, Tortoise, The Sea and Cake, High Places, Trans Am, Mouse on Mars, ADULT., Nobukazu Takemura, Bobby Conn, Tom Verlaine, Freakwater, The Zincs, The National Trust, Eleventh Dream Day, Califone, Chicago Underground Duo, Howe Gelb/Giant Sand, Mary Lattimore, Oval, Town & Country, Archer Prewitt, Sam Prekop, The Lonesome Organist, OOIOO, Pit er Pat, The Fiery Furnaces, Angela Desveaux, Liturgy, Boredoms, Pontiak, e Golden Void entre outros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "It's Her Label and She'll Sign Who She Wants To". archive.nytimes.com. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Making eLemonade". Chicago Reader. Consultado o 12 de novembro de 2019.