Tiburón anguía
Tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus) | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Chlamydoselachus anguineus Garman, 1884 | |||||||||||||||||||||
Distribución do tiburón anguía
|
O tiburón anguía[1][2][3] (Chlamydoselachus anguineus) é unha das dúas especies existentes de tiburóns da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae), que se distribúe, ampla pero irregularmente, polos océanos Atlántico e Pacífico.
Esta especie pouco común áchase na plataforma continental exterior e na parte superior do noiro continental, polo xeral cerca do fondo. Presentando varias características primitivas, coinsidérase como un fósil vivente.
Alcanza unha lonxitude de até 4 m e corpo, de cor parda escura, parecido ao duna anguía.
As aletas pectorais son curtas e arredondadas. A aleta dorsal única, pequena, está colocada moi atrás, fronte á aleta anal, e ten a marxe arredondada. As aletas pélvicas a a anal son grandes e arredondadas. A aleta caudal é moi longa e de fotrma máis ou menos triangular, sen un lóbulo inferior ou unha incisura ventral no lóbulo superior.[4]
Presenta un par de pregas de pel grosa ao longo do ventre, de función desconocida, separadas por sucos.[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]As principais caracteísticas desta especie son:[2]
- Corpo moi alongado e cilíndrico, como o da anguía, algo comprimido na parte posterior, con quillas prominentes no ventre.
- Cabeza con seis fendeduras branquiais separadas por septos saíntes e coas parte inbferior fda primeira conectando coa correspoindente do outro lado da gorxa.
- Ollos laterais, sen membrana nictitante.
- Fociño extremadamente curto e truncado.
- Boca terminal moi grande, con dentes dispostos en varias fileiras en ambos os dous maxilares; os dentes non están serrados, e presentan tres cúspides principais e dous dentículos máis pequenos en cada un deles.
- Unha soa aleta dorsal.
- Cor parda escura en todo o corpo, cunha liña máis escura ao longo do lombo, máis ou menos visíbel.
Historia natural
[editar | editar a fonte]- Mesopeláxico ou bentónico, vive sobre fondos entre os 200 e os 1 100 m de profundidade.
- Aliméntase de peixes.
- Ovovivíparo con ovos grandes que, despois dunha xestación de 1 a 2 anos, producen camadas de 4 a 12 crías que miden ao nacer uns 60 cm.[2]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) avaliou esta especie como NT (medianamente ameazada), xa que dada a súa taxa de reprodución moi baixa, e aínda que no ten interese comercial, as capturas accidentais poden chegar a esgotar a súa poboación.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 31.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Rodríguez Villanueva et al. (1992), p.42.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Paul, L. e Fowler, S. (2003): Chlamydoselachus anguineus na Lista Vermella da IUCN. Versión 2021-3 (en inglés) Cosultada o 1/03/2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tiburón anguía |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tiburón anguía |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac. Nova York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4.
- Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Taxonomía e características
[editar | editar a fonte]- Chlamidoselachus anguineus en Animal Diversity Web. (en inglés) Consultada o 2/12/2012.
- Chlamidoselachus anguineus en FishBase. (en inglés) Consultada o 2/12/2012.
- Chlamydoselachus anguineus en ITIS. (en inglés) Consultada o 20/04/2020.
- Chlamidoselachus anguineus en World Register od marine Species. (en inglés) Consultada o 2/12/2012.
Vídeo
[editar | editar a fonte]- Vídeo educativo dun tiburón anguía Filmado o 23 de xaneiro de 2007. (en inglés) Consultado o 2/12/2012.