Tileiro
Tileiros (xénero Tilia) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tilia cordata in Franz Eugen Köhler, 1897 | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Ver a listaxe de especies debaixo |
Os tileiros son as árbores do xénero Tilia, pertencentes á familia das malváceas (anteriormente clasificados na súa propia familia, as tiliáceas), nativos das rexións temperadas do hemisferio norte. Abrangue unha trintena de especies; existindo ademais numerosos híbridos espontáneos e artificiais, un factor que dificulta a elaboración dunha taxonomía precisa para a especie. En Galicia aparecen cultivados en parques e xardíns das principais vilas.
Distribución
[editar | editar a fonte]Os tileiros están espallados por Asia, Europa e o leste de América do Norte; cultívanse tamén no hemisferio sur coma ornamentais.
Poden atoparse bravos en fragas do norte da Península Ibérica, especialmente as especies Tilia platyphyllos (tileiro de folla grande) e Tilia cordata (tileiro de folla miúda), porén a súa distribución non chega a Galicia, atopándoos só coma especies ornamentais en parques e xardíns urbanos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son árbores cun bo volume de crecemento e que acadan os 900 anos de idade, cunha altura entre 20 e 40 m, con fustes rectos de até un metro de diámetro, caducifolio coas follas cordiformes, co bordo serrado, de até 20 cm de largo, de cor verde escura na face superior e verde claro prateado na cara posterior, cun cheiro forte especial. As flores, chamadas tilas, teñen tamén un recendo característico, en forma de acios miúdos amarelos cunha bráctea alongada.
Usos
[editar | editar a fonte]Medicinais
[editar | editar a fonte]Son coñecidas polas súas propiedades medicinais para combater catarreiras, arrefriados, ou outras afeccións.[1] Tamén úsanse coma tranquilizantes ou somníferos preparándose a xeito de cocemento ou infusión chamada tila.[2] Algúns estudos recentes descubriron nas súas flores efectos hepatoprotectores.[3]
Os tileiros dan boa sombra e a follaxe colle unha fermosa cor dourada no outono polo que frecuentemente se empregan para xardinaxe urbana de rúas, parques e prazas.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Son moi visitadas polas abellas para obter pole. As follas que caen do tileiro, ao se descompor, fornecen un humus de alto contido mineral e de nutrientes, que resulta moi útil para mellorar solos pobre en minerais e outros nutrientes.
Madeireiro
[editar | editar a fonte]Pola súa levidade e outras características, a madeira de tileiro é utilizada na construción de corpos de guitarras macizas, e na construción de baterías. Innumerábeis artistas utilizan instrumentos feitos en tileiro (basswood en inglés), entre eles Van Halen, Joe Satriani e Steve Vai.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A listaxe a seguir acolle os taxons específicos e infraespecíficos máis aceptados entre o case medio milleiro descritos[4]
Híbridos e cultivares
[editar | editar a fonte]- Tilia × euchlora (T. dasystyla × T. cordata)
- Tilia × europaea – Tileiro común (T. cordata × T. platyphyllos; sin. T. × vulgaris)
- Tilia × petiolaris (T. tomentosa × T.?)
- Tilia 'Flavescens' (T. americana × T. cordata)
- Tilia 'Moltkei' (T. americana × T. peteiolaris)
- Tilia 'Orbicularis' (híbrido, orixe descoñecida)
- Tilia 'Spectabilis' (híbrido, orixe descoñecida)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Bradley P., ed. 1992. British Herbal Compendium. Vol. 1: 142–144. British Herbal Medicine Association, Dorset (Gran Bretaña)
- ↑ Coleta, M., Campos, M. G., Cotrim, M. D., et al. (2001). Comparative evaluation of Melissa officinalis L., Tilia europaea L., Passiflora edulis Sims. and Hypericum perforatum L. in the elevated plus maze anxiety test. Pharmacopsychiatry 34 (suppl 1): S20–1
- ↑ Matsuda. H., Ninomiya, K., Shimoda, H., & Yoshikawa, M. 2002. Hepatoprotective principles from the flowers of Tilia argentea (linden): structure requirements of tiliroside and mechanisms of action. Bioorg Med Chem. 10 (30): 707–712.
- ↑ The Plant List
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tileiro |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tileiro |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Tileiro |