Tina Fey
Elizabeth Stamatina "Tina" Fey, nada o 18 de maio de 1970 en Upper Darby Township, é unha actriz, humorista, guionista e produtora estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras graduarse pola Universidade de Virxinia en 1992, Fey mudouse a Chicago para recibir clases no grupo de teatro da improvisación The Second City, optando pola comedia, recibindo unha invitación para entrar no seu elenco en 1994, tres anos máis tarde traballou como guionista para Saturday Night Live, converténdose en guionista xefe en 1999, e o ano seguinte comezou a saír diante as cámaras, durante ese tempo foi copresentadora do segmento Weekend Update. Despois de deixar o programa creou en 2006 a súa propia serie de televisión 30 Rock, baseada nas súas propias experiencias como guionista do Saturday Night Live, xa que Fey interpreta xustamente a guionista xefe dun programa do mesmo estilo.
En 2004, Fey debutou no cine, como guionista e protagonista da comedia xuvenil Mean Girls. En 2008, participou no filme de comedia Baby Mama, xunto con Amy Poehler. En 2009, Fey gañou un Emmy polo seu retrato satírico de Sarah Palin, candidata polos republicanos a vicepresidente nunha aparición como convidada en Saturday Night Live. En 2010, Fey gañou o Premio Mark Twain e protagonizou Crazy Night.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tina Fey |
- Actores de Pensilvania
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Produtores de televisión
- Guionistas dos Estados Unidos de América
- Humoristas dos Estados Unidos de América
- Presentadores de televisión
- Nados no condado de Delaware, Pensilvania
- Nados en 1970
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia alemá