Toba, Cee
Toba | |
---|---|
Igrexa de Santo Adrán de Toba | |
Concello | Cee[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°57′58″N 9°11′58″O / 42.96611111, -9.19944444 |
Poboación | 647 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santo Adrán de Toba é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 647 habitantes (325 mulleres e 322 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004, cando tiña 619 habitantes. En 1999 tiña 646 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na parroquia atópase a praia de Estorde, con Bandeira Azul. A igrexa parroquial é románica, do século XII, con planta de cruz latina. Preto dela hai un conxunto de sete muíños de auga restaurados en parte nos últimos anos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Toba.
-
Hórreo
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Toba
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Toba no concello coruñés de Cee | |
---|---|
Bazarra | A Carbaliza | Casa do Camiño | Estorde | A Granxa | Guimareu | Sembra | Toba de Abaixo | Toba de Arriba | O Vilar de Toba |
Parroquias de Cee
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cee | |
---|---|
A Ameixenda (Santiago) | Brens (Santa Baia) | Cee (Santa María) | Lires (Santo Estevo) | A Pereiriña (San Xián) | Toba (Santo Adrán) |