Saltar ao contido

Tomás Domínguez Arévalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTomás Domínguez Arévalo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 1952 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Villafranca, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Deputado nas Cortes republicanas

6 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Navarra
Deputado nas Cortes republicanas

25 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Navarra
Deputado nas Cortes republicanas
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Navarra
Senador do Reino
1921 – 1923
Alcalde de Villafranca
Vicepresidente Deputació Foral de Navarra
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor , avogado , político , xenealoxista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque de Dereitas Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
PaiTomás Domínguez Romera Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1066685

Tomás Domínguez Arévalo, nado en Madrid o 26 de setembro de 1882 e finado en Villafranca, Navarra o 10 de agosto de 1952, foi un nobre e político español de ideoloxía carlista tradicionalista máis coñecido polo seu título nobiliario de conde de Rodezno. Ademais, foi XII Marqués de San Martín, Grande de España e V Conde de Valdellano, cabaleiro da Orde Soberana Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, Rodas e Malta, cabaleiro das Reais Maestranzas de Cabalería de Zaragoza e Sevilla, fillo predilecto de Navarra, presidente da Xunta Suprema Tradicionalista, deputado a Cortes por Aoiz, senador do Reino pola provincia de Navarra, [1] ministro de Xustiza do primeiro goberno de Franco, académico da Real Academia da Historia, escritor e xenealoxista así como un dos máis representativos dirixentes do tradicionalismo carlista. Tamén ocupou os cargos de vicepresidente da Deputación de Navarra, conselleiro nacional do Movemento e procurador das Cortes durante as primeiras lexislaturas do franquismo. [2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
O conde de Rodezno entrevistado por Jesús Evaristo Casariego (marzo de 1936)

Seus pais eran Tomás Domínguez Romera, XI Marqués de San Martín, e María de los Dolores de Arévalo y Fernández de Navarrete, VI Condesa de Rodezno, de orixe navarra. Pola parte paterna procedía de dúas grandes familias de propietarios, os Domínguez e máis os Trigueros, orixinarios da localidade andaluza de Carmona[3], seu avó, José Domínguez Trigueros, fora alcalde da súa localidade natal[4] e seu pai era un dirixente carlista, que tras residir un tempo en París como exiliado aveciñouse en Madrid, e traballou na reorganización da Comuñón Carlista e foi deputado en Cortes. Pola parte materna descendía da familia navarra-rioxana dos Arévalo, seu avó Justo Arévalo Escudero fora deputado en Cortes e senador[5].

Tomás estudou cos xesuítas no Colexio de San Isidoro de Madrid[6] e logo fixo dereito na Universidade de Madrid, entre os seus profesores estaba o líder carlista Matías Barrio y Mier e durante os seus anos académicos fixo amizade cos carlistas Jaime Chicharro e Luis Hernando de Larramendi [7][8]. En 1904 acadou a licenciatura en dereito. Publicou a súa primeira obra en 1909 que tiña por título Los Teobaldos de Navarra: ensayo de crítica histórica, dedicado os gobernantes medievais navarros e nos anos seguintes publicou varios artigos históricos e xenealóxicos en revistas especializadas. Comezou a súa andaina política como alcalde de Villafranca[9]. Presentou a súa candidatura como xaimista para o Congreso nas eleccións xerais de 1916 polo distrito de Agoitz en Navarra, onde seu pai fora deputado en Cortes dende 1905 e desta volta decidira non concorrer, e aínda que nun primeiro momento a opción elixida fora a de Joaquín Argamasilla [10], ao final o candidato xaimista foi seu propio fillo que residía noutro distrito electoral, no de Tafalla. Tivo como contrincante a Lorenzo Oroz Urniza, un liberal independente[11] ao que tamén apoiaron os datistas. A vitoria, por estreita marxe, foi para Tomás Domínguez. En 1917 casou con Asunción López-Montenegro y García Pelayo, que procedía dunha familia de terratenentes aristocráticos orixinarios de Cáceres[12] e ao pouco a familia tivo unha filla, María Domínguez y López-Montenegro[13]. Senador en 1921 e 1923. Durante o período da II República de 1931 a 1936 foi deputado por Navarra. Aínda que inicialmente apoiou o Estatuto Vasco, por mor de propoñer na súa primeira redacción un concordato das provincias vascas coa Santa Sé, discordou con forza del ao deixar de ser confesional. Abandonou a Comisión de Reforma Agraria e fundou a Asociación de Propietarios de Navarra, coa intención de anular as pretensións dos xornaleiros.

Foi un monárquico tradicionalista, e presidiu a Xunta Suprema de Comuñón Tradicionalista . Inimigo declarado da República, estivo implicado no intento de golpe de Estado de José Sanjurjo en 1932. [14] Nos acordos secretos asinados en Roma en marzo de 1934 coa Italia de Mussolini para preparar a sublevación militar, foi, en representación da Comunión Tradicionalista, delegado para xestionar armas e cartos (un millón e medio de pesetas da época en metálico). ) fornecidos polos fascistas para iniciar o levantamento. [15] Posteriormente foi o encargado de pactar co xeneral golpista Emilio Mola a participación do carlismo na sublevación militar de xullo de 1936 . Estivo presente nas negociacións para a unificación de Falanxe e Tradicionalismo. En 1938, en plena Guerra Civil, formou parte do primeiro gabinete franquista, pasando a ocupar a carteira de Xustiza, con sede na cidade de Vitoria, que incluía Xustiza, rexistros, notarios, cárceres e asuntos eclesiásticos.

Durante o seu mandato derrogou a lexislación da II República, para sentar as bases da ditadura franquista . Modificou o Código Penal, reincorporou aos antigos xuíces nos seus cargos, reconstruíronse os Rexistros da Propiedade, derrogou as disposicións relativas ao matrimonio civil e á condición das mulleres casadas e restaurou a Compañía de Xesús . [16] Deixou o seu cargo en setembro de 1939 e en 1940 ocupou o posto de deputado provincial polo concello de Tudela, e foi por idade vicepresidente da Deputación, cargo que ocupou ata 1948. Nomérono fillo predilecto de Navarra e despois da súa morte o xeneral Franco nomeouno grande de España asociado ao condado de Rodezno o 1 de outubro de 1952. Procurador en Cortes pola súa condición de Conselleiro Nacional durante a I Lexislatura das Cortes españolas (1943-1946). [17]

Ademais da súa obra política, tamén escribiu sobre xenealoxía e historia. En 1909 publicou o seu primeiro traballo monográfico: Los Teobaldos de Navarra. Ensayo de crítica históricaa, ao que seguirían De tiempos lejanos, glosas históricas (navarras medievales), La princesa de Beira y los hijos de D. Carlos, Carlos VII, duque de Madrid, La propiedad privada en Navarra y un informe sobre la reforma tributaria, El Dr. Navarro D. Martín de Azpilcueta. . Con motivo da súa recepción na Real Academia da Historia en 1944, leu o discurso de Austrias y Albrets anate la incorporación de Navarra a Castilla . Foi o fundador e primeiro presidente da Institución "Príncipe de Viana".

  1. "Rodríguez Arévalo, Tomás. Conde de Rodezno". Senado de España. 
  2. Buscador Histórico de Diputados Consultado el 6 de noviembre de 2011.
  3. Navarro Domínguez, José Manuel (2008). "Carmona en vísperas de la Guerra de Independencia". Carel (6): 2673–2716. 
  4. "Correo de provincias". El Heraldo. 26 de abril de 1854. 
  5. "Justo Arévalo Escudero". Diccionario Biográfico electrónico (Real Academia de Historia). 
  6. "Un banquete". La Voz. 3 de maio de 1929. 
  7. Pavón, Jesús (1954). Semblanza del Conde de Rodezno. pp. 188–189. 
  8. Hernando de Larramendi (2000). Así se hizo Mapfre. p. 28. 
  9. "Domínguez Arévalo, Tomás". Enciclopedia Auñamendi. 
  10. Jesús María Fuente Langas (1990). "Elecciones de 1916 en Navarra". ] Príncipe de Viana (51): 951. 
  11. "Oroz Urniza, Lorenzo". Enciclopedia Auñamendi. 
  12. Manuel Vaz-Romero, Cristina Nuñez (12 de febreiro de 2006). "López-Montenegro fue un franquista coyuntural y episodico". Hoy. 
  13. "María del Sagrario Corazón Domínguez y López-Montenegro, condesa de Rodezno". Geni. 
  14. La figura de Conde de Rodezno sigue en espacios culturales y educativos. Los dos ministros. Diario de Noticias. 21 de junio de 2008.
  15. Vidarte, Juan-Simeón (1973). Todos fuimos culpables. Fondo de Cultura Económica. pp. 347–348. 
  16. El PSN denunciará al TAN el "atropello" de llamar Conde de Rodezno a una plaza. Diario de Navarra. 10 de marzo de 2009.
  17. Apartado b), artículo 2º de la Ley de Creación de las Cortes Españolas. Decreto de 23 de noviembre de 1942 por el que se modifica la composición del Consejo Nacional de FET y de las JONS y se nombran los miembros del III Consejo Nacional