Tomás Jiménez Esquivias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1921 ![]() Villaverde, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Partido político | Partido Comunista de España ![]() |
Tomás Jiménez Esquivias, nado en Villaverde (Madrid) en 1921, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do Partido Comunista, foi integrante da organización clandestina do PCE en Madrid nos primeiros anos do franquismo.[1] Foi enviado a Galicia a finais de 1945 como axudante de Manuel Blanco Bueno para reactivar o partido e a guerrilla. Comezaron o seu traballo de organización na zona sur, Pontevedra e Ourense, onde o PCE fora desmantelado. Foi detido. Ingresou na Prisión Provincial de Salamanca o 31 de maio de 1947 a disposición do Xulgado Especial de Espionaxe e Outras Actividades, por actividades extremistas. O 25 de xuño foi trasladado á Prisión Provincial de Valladolid. Preso na Colonia Penitenciaría del Dueso (Santoña), saíu en liberdade condicional en 1952.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha en Taller de Historia del PCE "Marusia"". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2021. Consultado o 18 de setembro de 2021.
- ↑ BOE, 30-3-1952, p. 1426.