Tom Meighan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1981 (44 anos) Leicester, Reino Unido |
Educación | Countesthorpe Leysland Community College (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista, vocalista |
Período de actividade | 1999 - 2020 |
Membro de | Kasabian (1997–2020) |
Xénero artístico | Rock alternativo, indie rock, Space rock e electrónica |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | RCA Records |
Deporte | fútbol |
Outro | |
Condenado por | asalto |
Thomas Peter Meighan, nado o 11 de xaneiro de 1981 en Leicester, é un músico inglés, coñecido por ser o vocalista da banda de indie rock Kasabian.
Biografía
[editar | editar a fonte]Meighan é o vocalista de Kasabian dende o nacemento da banda en Leicester en 1999.[1] É a voz principal na maioría das cancións da banda e non toca ningún instrumento no grupo, agás a pandeireta nalgunha ocasión e a guitarra no directo de 'Night Workers'.[2]
Meighan contribuíu ademais como cantante principal nas cancións "Viva La Revolution" de Superevolver e "Ghosts on Crusade", de Lysergic Suite. Fai os coros no sinxelo de Jersey Budd, "She Came Back".[3]
Ademais dos numerosos premios que comparte cos demais membros de Kasabian, foi nomeado 19º mellor líder de banda de todos os tempos nunha votación dos lectores da revista Q Magazine.
A comezos de 2011, Meighan fixo o seu debut como actor no episodio piloto de Walk Like a Panther.[4] Anteriormente, rexeitou unha oferta para aparecer en Marie Antoinette, debido ao compromiso cos compañeiros da banda.
Discografía
[editar | editar a fonte]Kasabian
[editar | editar a fonte]- Kasabian (2004)
- Empire (2006)
- West Ryder Pauper Lunatic Asylum (2009)
- Velociraptor! (2011)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kasabian biography Arquivado 02 de abril de 2009 en Wayback Machine. - Virgin Radio
- ↑ "Kasabian-Nightworkers (Live at Evry France, 2005)". YouTube. Consultado o 2011-12-11.
- ↑ "Jersey Budd talks to Absolute Radio". YouTube. 2008-12-09. Consultado o 2011-12-11.
- ↑ "Walk Like A Panther :: TV Show". Walklikeapanther.tv. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2011. Consultado o 2011-12-11.