Tomo Miličević
![]() (2009) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de setembro de 1979 ![]() Saraxevo, Bosnia e Hercegovina ![]() |
Residencia | Detroit ![]() |
Educación | Athens High School (en) ![]() Oakland Community College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | baixista, cantautor, guitarrista, músico, produtor musical ![]() |
Período de actividade | 2000 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo ![]() |
Instrumento | Guitarra e violín ![]() |
Selo discográfico | Immortal Records ![]() |
Familia | |
Irmáns | Ivana Miličević ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tomislav Miličević, nado en Saraxevo o 3 de setembro de 1979, é un músico de Bosnia e Hercegovina. É guitarrista e teclista ocasional da banda 30 Seconds to Mars. É o irmán máis novo da modelo e actriz Ivana Miličević.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de orixe croata, pero pasou a maior parte da súa vida nos Estados Unidos, xa que os seus pais, Tonka e Damir Miličević, emigraron a Detroit, Míchigan, na procura dunha vida mellor. Ademais da súa irmá Ivana, tamén ten un irmán máis novo chamado Filip.
Tomo comezou a tocar o violín á idade de 3 anos. O seu tío, Bill Miličević, é violinista profesional e mestre na escola de música de Míchigan. Na adolescencia descubriu o rock, sendo o Nevermind de Nirvana o primeiro disco que mercou cos seus cartos, e máis tarde a súa irmá Ivana levouno a ver Nirvana en directo, o que sería o seu primeiro concerto de rock.
Coa axuda do seu pai fabricou unha guitarra, que anos máis adiante usaría para gravar o tema "A Modern Myth" do segundo álbum de 30 Seconds to Mars, A Beautiful Lie. Dende o 2000 ao 2002 tocou nunha pequena banda de Míchigan chamada Morphic, e unha vez disolto o grupo decatouse grazas a Shannon Leto, a quen coñecía dende anos antes, de que 30 Seconds to Mars buscaba guitarrista trala saída de Solon Bixler. Realizou unha audición e consguíu entrar a formar parte do grupo no ano 2003.