A toniña do golfo de California[2] (Phocoena sinus), chamada en cochimí: va-güi-tua, é unha especie de focénidoendémica da parte norte do Golfo de California. Xa que o Lipotes vexillifer crese extinto dende o ano 2006,[3] a toniña do golfo de California está considerado o cetáceo máis ameazado do mundo.[4] Está na lista de especies en perigo crítico dende 1996.[1] A súa poboación estimouse en 600 individuos no ano 1997,[1] pero caeu a só 100 no 2014, poñendoo en perigo inminente de extinción.[5][6] Esta cifra foi actualizada a aproximadamente 60 no 2015[7] e baixo até os 30 en novembro de 2016,[8][9] o que leva a concluír que a especie extinguirase axiña. A poboación minguou por mor da captura ilegal de totoaba, unha especie dos esciénidos endémica que tamén está ameazada.[8][10][11] Este decline ocorreu malia os investimentos de millóns de dólares do Goberno de México para acabar coa pesca ilegal.[9] Un programa de cría, sen precedentes en mamíferos mariños, foi desenvolvido e está sendo sometido a probas de viabilidade, sendo considerado tan necesario como rescatar a especie.[8][9][10][12][13] Porén, as instalacións precisas para poñer en funcionamento esta estratexia non estarán dispoñibles até outubro de 2017,[9][10] que se teme que sexa demasiado tarde. Ademais, a capacidade da especie de sobrevivir e reproducirse confinada nun santuario é incerta.[14]
↑Jaramillo-Legorreta, A.; Rojas-Bracho, L.; Brownell, R. L.; Read, A. J.; Reeves, R. R.; Ralls, K.; Taylor, B. L. (15 de novembro de 2007). "Saving the vaquita: immediate action, not more data". Conservation Biology: 1653–1655. doi:10.1111/j.1523-1739.2007.00825.x.
↑Goldfarb, B. (29 de xullo de 2016). "Scientists mull a risky strategy to save world’s most endangered porpoise". Science. doi:10.1126/science.aag0706.