Saltar ao contido

Toni Kukoč

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Toni Kukoc»)
Infotaula de personaToni Kukoč

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Split Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Federal Socialista de Iugoslavia
Croacia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Altura207 cm Editar o valor em Wikidata
Peso87 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor em Wikidata - 2006 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua croata Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Federal Socialista de Iugoslavia
Croacia Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor em Wikidata
Convocado porChicago Bulls Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1985-1991 KK Split
1991-1993 Pallacanestro Treviso
1993-2000 Chicago Bulls
2000-2001 Philadelphia 76ers
2001-2002 Atlanta Hawks
2002-2006 Milwaukee Bucks Editar o valor em Wikidata
Participou en
1999EuroBasket 1999 (pt) Traducir
1996Xogos Olímpicos de 1996
1995EuroBasket 1995 (pt) Traducir
1994Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1994 (pt) Traducir
1992Xogos Olímpicos de 1992
1991EuroBasket 1991 (en) Traducir
1990Campionato Mundial de Baloncesto de 1990
1989EuroBasket 1989 (en) Traducir
1988Xogos Olímpicos de 1988
1987Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 1987 Editar o valor em Wikidata
Premios

Toni Kukoč, nado o 18 de setembro de 1968 en Split, Iugoslavia (actual Croacia) é un ex xogador profesional de baloncesto croata. Está considerado un dos mellores xogadores da historia de Europa. Cunha altura de 2,11 metros xogaba na posición de aleiro, aínda que polas súas condicións técnicas era capaz de xogar en varias posicións do campo, dende o posto de base, pasando por escolta e até de pivote.

Carreira[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Considerado como un dos mellores xogadores europeos de baloncesto da historia, sempre luciu o dorsal número 7 en todos os equipos nos que xogou. Empezou a sobresaír desde moi novo, proclamándose campión de Europa, primeiro no campionato Sub-16 no ano 1985 e, posteriormente, no campionato Sub-18 en 1986. Ao ano seguinte Toni Kukoč proclamaríase campión do mundo Sub-18 coa selección iugoslava e, el en particular, sería nomeado mellor xogador do torneo. Destaca especialmente a súa actuación no partido de semifinais contra a selección de Estados Unidos, no que anotou once triplas en doce intentos.

Xa como xogador profesional liderou un dos mellores equipos europeos de tódolos tempos: a Jugoplastika Split. Comezou a súa carreira na tempada 1985-86 con só 17 anos. Na tempada seguinte, xa era un compoñente importante no equipo. Ese mesmo ano gañaría a medalla de bronce no Campionato Europeo coa selección iugoslava. Ao ano seguinte, na tempada 1987-88 gañaría a liga nacional coa Jugoplastika e sería prata olímpica coa súa selección, perdendo na final contra a Unión Soviética. Na tempada 1988-89 empezaríase a forxar a lenda da Jugoplastika, ao vencer na final da Copa de Europa de Baloncesto ao Maccabi Tel Aviv israelí. Ese mesmo ano, tamén gañaría a liga do seu país e o ouro europeo con Iugoslavia. Na tempada 1989-90 gañaríao absolutamente todo: liga, copa e Copa de Europa, gañando esta vez ao FC Barcelona. Kukoč contaba cuns compañeiros de luxo, entre os cales figuraban estrelas do talle de Strenović, Ivanović, Sobin, Rađa, Naumoski, Perasović, Savić e Tabak. Ese mesmo ano, Kukoč proclamouse campión do mundo con Iugoslavia.

Na tempada 1990-91, o seu último ano en Iugoslavia, volveu gañar liga, copa e Copa de Europa, esta última derrotando unha vez máis ao Barcelona na final. Tamén gañaría unha vez máis o ouro no Campionato de Europa con Iugoslavia, o último conseguido como equipo unificado. Kukoč, que fora nomeado mellor xogador europeo no últimos tres anos, estaba listo para dar o gran salto á NBA. Con todo, e a pesar de ser elixido no Draft, o xogador croata permanecería en Europa aínda dous anos máis.

Na tempada 1991-92 foi contratado pola Benetton Treviso. Na súa primeira tempada, gaña o campionato italiano tras derrotar na final ao Scavolini e queda subcampión da Copa perdendo contra ese mesmo equipo. Coa recentemente formada selección croata logra a prata nos Xogos Olímpicos de 1992, caendo na final contra o Dream Team dos Estados Unidos. Na tempada 1992-93 proclámase campión de Copa ao vencer na final á Virtus Bologna e queda subcampión de Liga contra ese mesmo equipo. Na Euroliga tamén queda subcampión ao caer na final contra o CSP Limoges francés.

NBA[editar | editar a fonte]

No ano 1990 Toni Kukoč entrou no Draft da NBA co número 29 da segunda rolda, escollido polos Chicago Bulls. Pero non foi até a tempada 1993-94 na que, tras unha exitosa carreira en Europa, e con vinte e cinco anos de idade, deu o gran paso de xogar na NBA. No seu primeiro ano xogou en calidade de reserva, a pesar do cal conseguiu unhas boas estatísticas e entrou no segundo equipo Rookie. Con todo, os Chicago Bulls caeron nos playoff contra os New York Knicks. Ese mesmo ano, no Mundial quedaría en terceiro lugar, obtendo a medalla de bronce coa camiseta de Croacia.

Ao ano seguinte, na tempada 1994-95, a do primeiro regreso de Michael Jordan, as prestacións de Kukoč subiron con fartura, sendo case toda a tempada xogador titular do equipo. Esta vez caerían eliminados polos Orlando Magic en segunda rolda de playoffs. Coa selección gañaría o seu último metal a nivel de selección, o sétimo, esta vez un bronce europeo. En 1995 empezaría unha das eras máis dominantes da NBA: a dos mellores Bulls de tódolos tempos. Na tempada 1995-96 Kukoč tiña a función de "sexto home" e, cuns números brillantes, foi nomeado o mellor home da NBA. Ese ano, conseguiría o seu primeiro título na NBA ao vencer na final aos Seattle SuperSonics.

Na tempada 1996-97, continuando coa súa condición de reserva de luxo, obtén o seu segundo título NBA, esta vez gañando aos Utah Jazz. Ao ano seguinte gañaría o seu terceiro anel, outra vez ante os Utah Jazz. Despois da consecución de tres aneis consecutivos, os Bulls sofren unha reestruturación tráxica para os seus intereses (retirada de Jordan, marcha de Scottie Pippen e Dennis Rodman), polo que na tempada 98/99 Kukoč convértese no xogador franquía do equipo.

Na tempada seguinte, despois de seis anos e medio nos Bulls, é traspasado aos Philadelphia 76ers, onde volve ao rol de xogador de banco de calidade. No ano 2000-01, Kukoč dáse conta de que realmente non conta moito para o seu equipo, onde cada vez goza de menos minutos. Antes de terminar a tempada é traspasado aos Atlanta Hawks, onde finaliza a tempada de forma estelar. Permanece unha tempada máis en Atlanta, en calidade de reserva e é traspasado ao ano seguinte aos Milwaukee Bucks, onde aos seus 38 anos de idade e tras 13 anos de experiencia na NBA terminou a súa carreira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]