Toni Ugalde
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antonio Ugalde García 13 de maio de 1976 (48 anos) Esplugues de Llobregat |
Altura | 187 cm |
Peso | 81 kg |
Actividade | |
Ocupación | balonmanista |
Deporte | balonmán |
Participou en | |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
Antonio Ugalde García, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de maio de 1976, é un xogador do balonmán catalán. Xoga na posición de extremo esquerdo no BM Cangas da Liga ASOBAL. Foi 96 veces internacional da selección española de balonmán e con 150 goles. O seu debut nun campionato oficial coa selección absoluta foi con 21 anos e proclamouse subcampión no Campionato de Europa de Italia 1998, e bronce nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000, entre outros torneos. Mide 1.87 metros e ten un peso de 82 kg.
Equipos
[editar | editar a fonte]- Balonmán Granollers (1994 - 2003).
- BM Cangas (2003 - 2005).
- BM Valladolid (2005 - 2007).
- Keymare Almeria (2007 - 2008).
- BM At Boadilla (2008 - 2009).
- BM Cangas (2009 - ).
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 2 veces campión da Copa EHF: 1994-1995, 1995-1996.
- 1 vez campión da Copa do Rei: 2005-2006.
Combinado español
[editar | editar a fonte]- Medalla de prata no Campionato de Europa de Italia 1998.
- 4º posto en Campionato do Mundo de Exipto de 1999.
- Medalla de bronce no Campionato de Europa de Croacia 2000.
- Medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2000.
- Medalla de ouro no Campionato de Europa Xuvenil de Israel de 1994.
- Medalla de prata no Campionato do Mundo Júnior da Arxentina 1995.
- Medalla de prata no Campionato de Europa Júnior de Romanía 1996.
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]- Mellor xogador júnior na Liga ASOBAL 96/97.
- Medalla de Prata concedida pola Real Orde do Mérito Deportivo do Consello Superior de Deportes 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antonio Ugalde[Ligazón morta] na páxina do BM Valladolid (en castelán).
- Antonio Ugalde na páxina da Federación Española de Balonmán (en castelán).
- Balonmán Valladolid na páxina de ASOBAL (en castelán).