Toni Ulmen
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de xaneiro de 1906 Düsseldorf, Alemaña | ||||||||||||||||
Morte | 4 de novembro de 1976 (70 anos) Düsseldorf, Alemaña | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de motociclismo | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo Motociclismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
Anton "Toni" Ulmen nado en Düsseldorf, Alemaña o 25 de xaneiro de 1906 e finado tamén en Düsseldorf, o 4 de novembro de 1976, foi un corredor de motos e piloto de carreiras alemán. A súa andaina comezou en 1925 nunha Velocette de 250 cc. En 1927 gañou a carreira de abertura de Nürburgring nunha Velocette 350cc. En 1929 gañou na clase de 350 cc en Eilenriede, un circuíto de carreiras non permanente preto de Hannover. De 1949 a 1952, foi catro veces campión alemán de coches deportivos e de Fórmula 2.
Traballador, home de negocios e corredor
[editar | editar a fonte]Logo de saír da escola, Ulmen foi aprendiz de mecánico na Motorradwerkstatt Hasenclever. Cando terminou alí, fundou Gebrüder Ulmen, co seu irmán Andreas.[1] Converténdose nos representantes de Opel para Düsseldorf.
Foi en 1925 que Ulmen comezou a súa andaina nos deportes de motor, no Großen Deutschland-Rundfahrt nunha motocicleta Velocette de 250cc. Dous anos máis tarde montado nunha Velocette de 350 cc gañou o primeiro Eifelrennen, para lograr o Deutsche Tourist-Trophäe, a carreira inaugural disputada en Nürburgring. En 1929, gañou outra importante carreira alemá, a carreira de 350cc de Eilenridederennens en Hanover. En 1930, Ulmen era piloto oficial de NSU.
Logo da guerra
[editar | editar a fonte]Logo da guerra, volveu ás carreiras de coches, logrando un segundo lugar na súa primeira carreira deportiva importante, a Karlsruhe-Durlach, nun BMW 328.[2] Un ano máis tarde, en 1947 foi galardoado co título de mellor piloto de autos deportivos alemáns do ano.
A tempada de 1949 viu a Ulmen gañar nove carreiras, incluíndo a Solituderennen [3] e a DMV Grenzlandringrennen.[4] Gañou carreiras en München, Nürburgring,[5] Sachsenring [6] e Kölner Kurs.[7] Tamén rexistrou sete segundos postos nesa tempada. En 1950 disputouse o primeiro Großer Preis von Deutschland logo da segunda guerra mundial, en Nürburgring, unha carreira de Fórmula 2 onde terminou cuarto no seu Veritas RS. Neste coche, tamén logrou un asombroso terceiro lugar no Preis der Ostechweiz-Erlen[8] En Suíza, vencérono só os pilotos da Scuderia Ferrari Luigi Villoresi e Roberto Vallone. Antes de 1950, había unha prohibición de participación dos coches e pilotos alemáns en carreiras estranxeiras, logo da guerra.[9] Retivo o seu título de campión alemán, gañouno por primeira vez en 1949.[10]
Con vitorias en Hockenheim,[11]]</ref> a subida a Schluinsland,[12] e Grenzlandring,[9] Ulmen foi o claro campión na clase 2-litros Sports Car.[10] Participou en dous Grandes Premios do campionato do mundo de 1952, debotou o 18 de maio de 1952, no Großer Pries der Schweiz,[13] pero retirouse debido a problemas no tanque de combustible. Volveu no Großer Preis von Deutschland, onde malia a súa desvantaxe de potencia do Veritas comparado cos seus rivais, terminou oitavo.[14] A tempada tamén viu a Ulmen gañar o DMV Grenalandringrennen outra vez.[15] Durante a tempada, sufriu un forte accidente durante unha sesión de práctica en Sachsenring[10] de onde escapou case ileso. Chegou á carreira final da tempada de 1952, en Avusrennen, como líder na clase de Fórmula 2 de 2 litros de coches deportivos. No AVUS, perdeu unha dramática batalla co piloto de Veritas, Fritz Rieß, na penúltima volta. Isto significou que ambos pilotos empataron en puntos, e de acordo coas regulacións da DMV, Rieß foi declarado campión, xa que clasificara mellor en Eifelrennen. Logo disto soamente competiu de cando en vez en carreiras de coches.[10]
Malia a súa retirada a principios de 1953, Ulmen púxose pronto, aínda que brevemente, detrás dun volante, compartindo un Jaguar D-Type con Herman Roosdorp para quedar no terceiro lugar na súa única carreira de resistencia de 24 horas, as 24 Horas de Spa Francorchamps de 1953.[16]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Tempada | Series | Posición | Equipo | Coche |
---|---|---|---|---|
1927 | Deutsche Tourist-Trophäe | 1º | Velocette | |
1946 | Karlsruher Dreiecksrennen [17] | 2º | Toni Ulmen | BMW 328 |
1947 | Stadtparkrenne Hamburg [18] | 1º | Toni Ulmen | BMW 328 |
Rund um Schotten [19] | 3º | Toni Ulmen | BMW 328 | |
1949 | Deutsche Meisterschaft [20] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS |
Maipokalrennen [21] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS | |
Riemer Flugplatzrennen [22] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS | |
Großer Preis von Nürburgring [5] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS | |
DMV Grenzlandringrennen [4] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS | |
Solituderennen [3] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS | |
Kölner Kurs [23] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS | |
Rund um Schotten [24] | 2º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS | |
Tübinger Stadtring-Rennen [25] | 2º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS | |
1950 | Deutsche Meisterschaft [26] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS Spezial |
Sachsenringrennen [27] | 1º | ADAC | Veritas-BMW RS Spezial | |
Internationales ADAC Eifelrennen [28] | 2º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS Spezial | |
Preis der Ostschweiz-Erlen [8] | 3º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS Spezial | |
Maipokalrennen [29] | 3º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS Spezial | |
1951 | Schauinsland Hillclimb [30] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS Großmutter |
Internationales AvD AVUS-Rennen [31] | 2º | Toni Ulmen | Veritas Meteor | |
DMV Grenzlandringrennen [32] | 3º | Toni Ulmen | Veritas Meteor | |
Meisterschaft West Deutschlands [33] | 4º | Toni Ulmen | Veritas Meteor | |
1952 | Meisterschaft West Deutschlands [34] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS |
DMV Grenzlandringrennen [15] | 1º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS | |
Internationales ADAC-Eifel-Rennen Nürburgring [35] | 2º | Toni Ulmen | Veritas-BMW RS Großmutter | |
24 Heures de Spa Francorchamps [36] | 3º | Herman Roosdorp | Jaguar C-Type |
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Toni Ulmen | Veritas-Meteor | Veritas 6 en liña |
SUI Ret |
500 | BEL | FRA | GBR | ALE 8 |
NED | ITA | NC | 0 |
Resultados completos nas 24 Horas de Spa
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Herman Roosdorp | Herman Roosdorp | Jaguar C-Type | S | 3º | 3º |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Autohaus Ulmen GmbH (18 de febreiro de 2015). "Historie - Autohaus Ulmen - Düsseldorf Ratingen Kevelaer Weilerswist Bilk Benrath NRW". www.ulmen.com. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Karlsruhe-Durlach [S2.0]". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 "Formula 2 1949 - Solituderennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Formula 2 1949 - Grenzlandring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 "Formula 2 1949 - GP der Nürburgring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Sachsenring [S2.0]". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Kölner Kurs [S2.0]". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ 8,0 8,1 "Formula 2 1950 - Erlen". formula2.net. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 10 March 2016.
- ↑ 9,0 9,1 "Monthly Archives: January 2008". 2008. Consultado o 17 de maio de 2019.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 "8W - When? - Forties & fifties German F2, F Libre and sportscar racing". FORIX. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Hockenheim [S2". Consultado o 17 de maio de 2019.
- ↑ "Hillclimb Schauinsland". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Swiss GP, 1952 Race Report". grandprix.com. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "German GP, 1952 Race Report". grandprix.com. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ 15,0 15,1 "Formula 2 1952 - Grenzlandring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Toni Ulmen". Historic Racing. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Voiurette 1946 - Karlsruhe". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Voiturette 1947 - Hamburg". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Voiturett 1947 - Rund um Schotten". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1949 - Championship Tables". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1949 - Hockenheim, 08.05". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1949 - Riem". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1949 - Köln". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1949 - Schottenring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1949 - Tübingen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 Germany 1950 standings". Driver Database. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1950 - Sachsenringrennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1950 - Eifelrennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1950 - Hockenheim". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Hillclimb Schauinsland". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1951 - Avusrennen". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1951 - Grenzlandring". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1951 - Tables". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Formula 2 1952 - Final Tables". formula2.net. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Eifelrennen Nürburgring - Sports 2000 cc". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ "Spa 24 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 10 de marzo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toni Ulmen |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |