Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
Nome na lingua orixinal | (en) Football at the 2020 Summer Olympics — Women’s tournament |
---|---|
Tipo | Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão - Feminino (pt) |
Deporte | fútbol |
Organizador | Comité Olímpico Internacional |
Parte de | Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 (pt) |
Composto por | |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
Localización | Toquio (Xapón) 35°41′22″N 139°41′30″L / 35.6894, 139.6917 |
País | Xapón |
Intervalo de tempo | 21 de xullo de 2021 – 6 de agosto de 2021 |
Número de edición | 7 (2021) |
Competición | |
Primeiro posto | Seleção Canadense de Futebol Feminino |
Fútbol nos Xogos Olímpicos de 2020 | ||
---|---|---|
Clasificación | ||
masculino | feminino | |
Torneo | ||
masculino | feminino | |
Cadros | ||
masculino | feminino | |
O torneo de fútbol feminino nos Xogos Olímpicos de 2020 celebrouse do 21 de xullo ao 6 de agosto de 2021.[1] Orixinalmente, ía ter lugar do 22 de xullo ao 7 de agosto de 2020 pero os os Xogos Olímpicos de 2020 pospuxéronse ao ano seguinte debido á pandemia de COVID-19. Con todo, o nome oficial dos xogos continuou a ser os Xogos Olímpicos de Toquio 2020.[2] Foi a sétima edición do torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos. Xunto coa competición masculina, o torneo de fútbol dos Xogos Olímpicos 2020 celebrouse en sete estadios de seis cidades do Xapón, incluída a cidade anfitrioa olímpica Toquio que acolleu o partido pola medalla de ouro feminina no Estadio Nacional. Non houbo restricións de idade para os equipos que participan na competición.
Alemaña, a defensora do título, non conseguiu clasificarse para o torneo despois de ser eliminada nos cuartos de final da Mundial Feminino de Fútbol de 2019.
O Canadá gañou a súa primeira medalla de ouro tras derrotar a Suecia por 3–2 na quenda de penaltis despois de que ambos equipos empatasen 1–1 ao termo do tempo extra na final. Os Estados Unidos conseguiu lograr a medalla de bronce tras vencer a Australia por 4–3 no partido polo terceiro posto.
Calendario
[editar | editar a fonte]G | Fase de grupos | ¼ | Cuartos de final | ½ | Semifinais | B | Partido pola medalla de bronce | F | Partido pola medalla de ouro |
Mér 21 | Xov 22 | Ven 23 | Sáb 24 | Dom 25 | Lun 26 | Mar 27 | Mér 28 | Xov 29 | Ven 30 | Sáb 31 | Dom 1 | Lun 2 | Mar 3 | Mér 4 | Xov 5 | Ven 6 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
G | G | G | ¼ | ½ | B | F |
Sedes
[editar | editar a fonte]Utilizáronse sete estadios en seis cidades na competición. O partido pola medalla de ouro íase disputar inicialmente no Estadio Olímpico de Toquio. Con todo, ambos os dous finalistas concordaron en adiar o partido pola excesiva calor; como o Estadio Nacional xa estaba reservado para os eventos de atletismo, o encontro tívose que trasladar ao Estadio Internacional en Iocoama.[3][4][5]
Yokohama | Tokio | Fútbol nos Xogos Olímpicos do Xapón 2020 | |
---|---|---|---|
Estadio Internacional | Estadio Olímpico | Ajinomoto Stadium | |
Capacidade: 70.000 | Capacidade: 80.016 | Capacidade: 48.000 | |
Rifu | Sapporo | Saitama | Kashima |
Miyagi Stadium | Sapporo Dome | Saitama Stadium 2002 | Kashima Stadium |
Capacidade: 48.000 | Capacidade: 42.000 | Capacidade: 62.000 | Capacidade: 42.000 |
Debido á pandemia de COVID-19 no Xapón, a maioría dos partidos foron xogados a porta pechada sen espectadores. Con todo, o Miyagi Stadium permitiu acudir aos encontros a unha audiencia moi limitada.[6]
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 – Clasificación.
Ademais da nación anfitrioa do Xapón, clasificáronse 11 equipos nacionas femininos de seis confederaciones continentais diferentes. O Comité Organizador das Competencias da FIFA ratificou a distribución de equipos en reunión o 14 de setembro de 2017.[7]
Por primeira vez, grazas ao acordo entre as catro asociacións de fútbol británicas (Inglaterra, Irlanda do Norte, Escocia e Gales) para a selección feminina, Gran Bretaña intentou clasificarse para os Xogos Olímpicos a través da actuación de Inglaterra no Mundial Feminino da FIFA 2019 (un procedemento xa empregado con éxito polo Comité Olímpico do Reino Unido en hóckey sobre herba e rugby). A única aparición previa do equipo foi no torneo de 2012 no que se clasificaron automaticamente como anfitrións. Gran Bretaña conseguiu a clasificación xa que Inglaterra estaba entre os tres mellores equipos europeos.[8] Escocia tamén se clasificou para o Mundial pero, segundo o acordo, foi a nación mellor clasificada a que acabou sendo nomeada para competir para os efectos de clasificación olímpica, sen ter en conta o seu rendemento (as xogadoras escocesas, galesas e irlandesas do norte son elixibles para formar parte do equipo de Gran Bretaña nos Xogos Olímpicos).[9][10][11]
Forma de clasificación | Datas1 | Sede(s)1 | Cota | Clasificados |
---|---|---|---|---|
País anfitrión | — | — | 1 | Xapón |
Copa América 2018 | 4 – 22 de abril de 2018 | Chile | 1 | Brasil |
Campionato Feminino da OFC 2018 | 18 de novembro – 1 de decembro de 2018 | Nova Caledonia | 1 | Nova Zelandia |
Mundial Feminino de Fútbol de 2019 | 7 de xuño – 7 de xullo de 2019 | Francia | 3 | Gran Bretaña Países Baixos Suecia |
Preolímpico Feminino da CONCACAF de 2020 | 28 de xaneiro – 9 de febreiro de 2020 | Estados Unidos | 2 | Canadá Estados Unidos |
Torneo Preolímpico Feminino da CAF de 2020 | 5 – 10 de marzo de 2020 | Múltiple | 1 | Zambia |
Torneo Preolímpico Feminino da AFC 2020 | 6 – 11 de marzo de 2020 e 8 – 13 de abril de 2021 | Múltiple | 2 | Australia China |
Playoff CAF–CONMEBOL | 10 – 13 de abril de 2021 | Turquía | 1 | Chile |
Total | 12 |
- ^1 - As datas e sedes son os dos torneos finais (ou rolda final de torneos de cualificación), varias etapas de cualificación poden preceder partidos nestes lugares específicos.
Convocatorias
[editar | editar a fonte]O torneo foi un torneo internacional completo sen restricións de idade. Tradicionalmente a normativa de convocatoria obrigaba a cada equipo a presentar un cadro de 18 xogadoras, dos cales dous debían ser gardametas. Cada equipo tamén nomeaba unha lista de catro xogadoras alternativas que podían substituír a calquera xogadora en caso de mancadura durante o torneo.[12] A finais de xuño de 2021, o Comité Olímpico Internacional e a FIFA anunciaron que as 22 xogadoras de cada equipo estarían dispoñibles para ser seleccionadas. Antes de cada encontro, os equipos escolleron, entre o seu total de 22 xogadoras, a 18 para xogar nese partido en concreto, desbotando 4 delas.[13] O cambio de regra realizouse debido aos obstáculos presentados pola pandemia de COVID-19.[14]
Árbitros
[editar | editar a fonte]En xuño de 2020, a FIFA aprobou o uso do Video Assistant Referee (VAR) para o torneo.[15] As árbitras oficiais dos encontros foron anunciadas o 23 de abril de 2021.[16][17]
|
|
Sorteo
[editar | editar a fonte]O sorteo para o torneo celebrouse o 21 de abril de 2021 ás 10:00 CEST (UTC +2), na sede da FIFA en Zürich, Suíza.[18] Presentouno Sarai Bareman, directora de fútbol feminino da FIFA, mentres que Samantha Johnson presentou a cerimonia. Lindsay Tarpley e Ryan Nelsen actuaron como asistentes.[19]
Os doce equipos foron colocados en tres grupos de catro equipos.[20] O anfitrión Xapón foi automaticamente seleccionado no bombo 1 e asignado na posición E1, mentres que os restantes equipos foron asignados nos seus respectivos bombos en función da súa posición na clasificación mundial femenina da FIFA anunciada o 16 de abril de 2021 (móstrase entre parénteses na táboa).[21] Como Gran Bretaña non é membro da FIFA e, polo tanto, non teñen posición en devandita clasificación, foron asignados segundo a clasificación FIFA da Inglaterra que se clasificou en nome de Gran Bretaña. Ningún grupo pode conter máis dun equipo de cada confederación.[22]
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 |
---|---|---|---|
|
|
|
Resultados
[editar | editar a fonte]Todos os horarios corresponden ao horario local de Xapón (UTC+9) |
Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.
Regulamento de clasificación
[editar | editar a fonte]Os dous primeiros equipos clasifícanse á segunda fase. A posición determínase como segue:
- Puntos obtidos en todos os partidos do grupo;
- Diferenza de goles en todos os partidos do grupo;
- Goles a favor en todos os partidos do grupo;
Se dous ou máis equipos están igualados sobre a base dos tres criterios anteriores, a súa posición resólvese do seguinte xeito:
- puntos obtidos entre os equipos igualados;
- Diferenza de gol entre os equipos igualados;
- Goles a favor entre os equipos igualados;
- Puntos de fair play en todos os partidos do grupo (só se pode aplicar unha dedución a un xogador nun único partido):
- Cartón amarelo: −1 punto;
- Cartón vermello indirecto (segundo cartón amarelo): −3 puntos;
- Cartón vermello directo: −4 puntos;
- Cartón amarelo e cartón vermello directo: −5 puntos;
- Sorteo polo comité da FIFA.
Fase de grupos
[editar | editar a fonte]Os países competidores dividíronse en tres grupos de catro equipos, denominados grupos E, F e G para evitar confusións cos grupos do torneo masculino (que utilizan a designación de A a D). Os equipos de cada grupo xogaron entre si nun sistema de todos contra todos cos dous primeiros equipos de cada grupo e os dous mellores terceiros clasificándose aos cuartos de final.
– Clasificado para os Cuartos de Final.
– Clasificado para os Cuartos de Final como un dos dous mellores terceiros.
Grupo E
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 - Grupo E.
Pos. | Selección | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Gran Bretaña | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 4 | 1 | +3 |
2 | Canadá | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 4 | 3 | +1 |
3 | Xapón | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 |
4 | Chile | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 5 | −4 |
Gran Bretaña | 2 - 0 | Chile | 21 de xullo de 2021, 16:30 – Sapporo Dome, Sapporo Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Salima Mukansanga |
White 17' 72' | COI Informe FIFA Informe |
||
Xapón | 1 - 1 | Canadá | 21 de xullo de 2021, 19:30 – Sapporo Dome, Sapporo Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Edina Alves |
Iwabuchi 84' | COI Informe FIFA Informe |
Sinclair 6' | |
Chile | 1 - 2 | Canadá | 24 de xullo de 2021, 16:30 – Sapporo Dome, Sapporo Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Esther Staubli |
Araya 57' | COI Informe FIFA Informe |
Beckie 39' 46' | |
Xapón | 0 - 1 | Gran Bretaña | 24 de xullo de 2021, 19:30 – Sapporo Dome, Sapporo Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Anastasia Pustovoytova |
COI Informe FIFA Informe |
White 74' | ||
Chile | 0 - 1 | Xapón | 27 de xullo de 2021, 20:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 1.326[23] Árbitro: Melissa Borjas |
COI Informe FIFA Informe |
Tanaka 77' | ||
Canadá | 1 - 1 | Gran Bretaña | 27 de xullo de 2021, 20:00 – Kashima Stadium, Kashima Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Kateryna Monzul |
Leon 55' | COI Informe FIFA Informe |
Weir 85' | |
Grupo F
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 - Grupo F.
Pos. | Selección | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Países Baixos | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 21 | 8 | +13 |
2 | Brasil | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 9 | 3 | +6 |
3 | Zambia | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 7 | 15 | -8 |
4 | China | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 6 | 17 | −11 |
China | 0 - 5 | Brasil | 21 de xullo de 2021, 17:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 1.645[23] Árbitro: Kateryna Monzul |
COI Informe FIFA Informe |
Marta 9' 74' Debinha 22' Andressa 82' (pen.) Beatriz 89' | ||
Zambia | 3 - 10 | Países Baixos | 21 de xullo de 2021, 20:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 1.822[23] Árbitro: María Laura Fortunato |
Banda 19' | COI Informe FIFA Informe |
Miedema 9' 15' 29' 59' Martens 14' 38' Van de Sanden 44' Roord 64' Beerensteyn 75' Pelova 80' | |
China | 4 - 4 | Zambia | 24 de xullo de 2021, 17:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 2.212[23] Árbitro: Melissa Borjas |
Wang Shuang 6' 22' 23' 84' (pen.) | COI Informe FIFA Informe |
Kundananji 15' Banda 43' (pen.) 46' 69' | |
Países Baixos | 3 - 3 | Brasil | 24 de xullo de 2021, 20:30 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 2.621[23] Árbitro: Kate Jacewicz |
Miedema 3' 59' Janssen 79' |
COI Informe FIFA Informe |
Debinha 16' Marta 65' (pen.) Ludmila 68' | |
Países Baixos | 8 - 2 | China | 27 de xullo de 2021, 20:30 – Estadio Internacional, Iocoama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Salima Mukansanga |
Van de Sanden 12' Beerensteyn 37' 45+2' Martens 47' 70' Miedema 65' 76' Pelova 71' |
COI Informe FIFA Informe |
Wang Shanshan 28' Wang Yanwen 69' | |
Brasil | 1 - 0 | Zambia | 27 de xullo de 2021, 20:30 – Saitama Stadium 2002, Saitama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Yoshimi Yamashita |
Andressa 19' | COI Informe FIFA Informe |
||
Grupo G
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 - Grupo G.
Pos. | Selección | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Suecia | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 9 | 2 | +7 |
2 | Estados Unidos | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 6 | 4 | +2 |
3 | Australia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 5 | -1 |
4 | Nova Zelandia | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 10 | −8 |
Suecia | 3 - 0 | Estados Unidos | 21 de xullo de 2021, 16:30 – Ajinomoto Stadium, Toquio Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Yoshimi Yamashita |
Blackstenius 25' 54' Hurtig 72' |
COI Informe FIFA Informe |
||
Australia | 2 - 1 | Nova Zelandia | 21 de xullo de 2021, 20:30 – Ajinomoto Stadium, Toquio Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Lucila Venegas |
Yallop 20' Kerr 33' |
COI Informe FIFA Informe |
Rennie 90+1' | |
Suecia | 4 - 2 | Australia | 24 de xullo de 2021, 17:30 – Saitama Stadium 2002, Saitama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Edina Alves |
Rolfö 20' 63' Hurtig 52' Blackstenius 82' |
COI Informe FIFA Informe |
Kerr 36' 48' | |
Nova Zelandia | 1 - 6 | Estados Unidos | 24 de xullo de 2021, 20:30 – Saitama Stadium 2002, Saitama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Stéphanie Frappart |
Hassett 72' | COI Informe FIFA Informe |
Lavelle 9' Horan 45' Erceg 63' (a.g.) Press 80' Morgan 88' Bott 90+3' (a.g.) | |
Nova Zelandia | 0 - 2 | Suecia | 27 de xullo de 2021, 17:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 884[23] Árbitro: María Laura Fortunato |
COI Informe FIFA Informe |
Anvegård 17' Janogy 29' | ||
Estados Unidos | 0 - 0 | Australia | 27 de xullo de 2021, 17:00 – Kashima Stadium, Kashima Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Anastasia Pustovoitova |
COI Informe FIFA Informe |
|||
Mellores terceiros
[editar | editar a fonte]Pos. | Selección | Gr. | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Xapón | E | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 0 |
2 | Australia | G | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 5 | -1 |
3 | Zambia | F | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 7 | 15 | −8 |
- Fontes: COI Arquivado 16 de outubro de 2021 en Wayback Machine. e FIFA
- Regras de clasificación: 1) Puntos; 2) Diferenza de goles; 3) Goles a favor; 4) Puntos de fair play; 5) Sorteo do Comité.
Fase final
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 - Fase final.
Na fase eliminatoria, se un partido estaba igualado ao final do tempo de xogo normal, xógabase un tempo extra (dous períodos de 15 minutos cada un) e deseguido, se fose necesario, unha quenda de penaltis para determinaren o gañador.[12]
Cuartos de final
[editar | editar a fonte]Canadá | 0 - 0 (Penaltis 4 - 3) |
Brasil | 30 de xullo de 2021, 17:00 – Miyagi Stadium, Rifu Asistencia: 3.403[23] Árbitro: Stéphanie Frappart |
Sinclair Fleming Lawrence Leon Gilles |
COI Informe FIFA Informe |
Marta Debinha Érika Andressa Rafaelle | |
Gran Bretaña | 3 - 4 | Australia | 30 de xullo de 2021, 18:00 – Kashima Stadium, Kashima Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Salima Mukansanga |
White 57' 66' 115' | COI Informe FIFA Informe |
Kennedy 35' Kerr 89' 106' Fowler 103' | |
Suecia | 3 - 1 | Xapón | 30 de xullo de 2021, 19:00 – Saitama Stadium 2002, Saitama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Lucila Venegas |
Eriksson 7' Blackstenius 53' Asllani 68' (pen.) |
COI Informe FIFA Informe |
Tanaka 23' | |
Países Baixos | 2 - 2 (Penaltis 2-4) |
Estados Unidos | 30 de xullo de 2021, 20:00 – Estadio Internacional, Iocoama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Kate Jacewicz |
Miedema 18' 54' Miedema Janssen Van der Gragt Nouwen |
COI Informe FIFA Informe |
Mewis 28' Williams 31' Lavelle Morgan Press Rapinoe | |
Semifinais
[editar | editar a fonte]Estados Unidos | 0 - 1 | Canadá | 2 de agosto de 2021, 17:00 – Kashima Stadium, Kashima Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Kateryna Monzul |
COI Informe FIFA Informe |
Fleming 75' (pen.) | ||
Australia | 0 - 1 | Suecia | 2 de agosto de 2021, 20:00 – Estadio Internacional, Iocoama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Melissa Borjas |
COI Informe FIFA Informe |
Rolfö 46' | ||
Partido pola medalla de bronce
[editar | editar a fonte]Australia | 3 - 4 | Estados Unidos | 5 de agosto de 2021, 17:00 – Kashima Stadium, Kashima Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Laura Fortunato |
Kerr 17' Foord 54' Gielnik 90' |
COI Informe FIFA Informe |
Rapinoe 8' 21' Lloyd 45+1' 51' | |
Final
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torneo feminino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 - Final.
Suecia | 1 - 1 (Penaltis 2-3) |
Canadá | 6 de agosto de 2021, 21:00 – Estadio Internacional, Iocoama Asistencia: Sen espectadores[23] Árbitro: Anastasia Pustovoitova |
Blackstenius 34' Asllani Björn Schough Anvegård Seger Andersson |
COI Informe FIFA Informe |
Fleming 68' (pen.) Fleming Lawrence Gilles Leon Rose Grosso | |
A final íase disputar inicialmente no Estadio Olímpico de Toquio ás 11:00. Con todo, ambas as dúas seleccións pediron postergar o inicio do encontro debido a certos problemas sobre a excesiva calor; como o Estadio Nacional xa estaba reservado para os eventos de atletismo da noite, finalmente o partido foi trasladado ao Estadio Internacional en Iocoama.[24][25] |
Campión |
1.ª medalla de ouro |
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Goleadoras
[editar | editar a fonte]En total houbo 101 goles marcados en 26 partidos, cunha media de 3.88 goles por partido.
Xogadora | Selección | |
---|---|---|
Vivianne Miedema | Países Baixos | 10 |
Sam Kerr | Australia | 6 |
Ellen White | Gran Bretaña | 6 |
Barbra Banda | Zambia | 6 |
Stina Blackstenius | Suecia | 5 |
Wang Shuang | China | 4 |
Lieke Martens | Países Baixos | 4 |
Marta | Brasil | 3 |
Lineth Beerensteyn | Países Baixos | 3 |
Fridolina Rolfö | Suecia | 3 |
Autogoles
[editar | editar a fonte]Xogadora | Selección | Rival | |
---|---|---|---|
Nichelle Prince | Canadá | Gran Bretaña | 1 |
C. J. Bott | Nova Zelandia | Estados Unidos | 1 |
Abby Erceg | Nova Zelandia | Estados Unidos | 1 |
Clasificación final
[editar | editar a fonte]Por convención estatística no fútbol, os partidos decididos en prórroga contabilízanse como vitorias ou derrotas, mentres que os partidos decididos por quenda de penaltis cóntanse como empates.
Pos. | Selección | Pts. | PX | PG | PE | PP | GF | GC | DG | Rend. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Canadá | 10 | 6 | 2 | 4 | 0 | 6 | 4 | +2 | 55.56% | |
Suecia | 16 | 6 | 5 | 1 | 0 | 14 | 4 | +10 | 88.89% | |
Estados Unidos | 8 | 6 | 2 | 2 | 2 | 12 | 10 | +2 | 44.44% | |
4 | Australia | 7 | 6 | 2 | 1 | 3 | 11 | 13 | -2 | 38.89% |
5 | Países Baixos | 8 | 4 | 2 | 2 | 0 | 23 | 10 | +13 | 66.67% |
6 | Brasil | 8 | 4 | 2 | 2 | 0 | 9 | 3 | +6 | 66.67% |
7 | Gran Bretaña | 7 | 4 | 2 | 1 | 1 | 7 | 5 | +2 | 58.33% |
8 | Xapón (H) | 4 | 4 | 1 | 1 | 2 | 3 | 5 | −2 | 33.33% |
9 | Zambia | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 7 | 15 | −8 | 11.11% |
10 | China | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 6 | 17 | −11 | 11.11% |
11 | Chile | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 5 | −4 | 0% |
12 | Nova Zelandia | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 10 | −8 | 0% |
- Fonte: COI Arquivado 02 de agosto de 2021 en Wayback Machine.
- (H) - Organizador
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Women's International Match Calendar 2020–2023" (PDF). FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. 18 de agosto de 2020. p. 2. Consultado o 18 de agosto de 2020.
- ↑ "Joint Statement from the International Olympic Committee and the Tokyo 2020 Organising Committee". Olympic.org (International Olympic Committee). 24 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2020. Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ "Statement on 6 August Olympic football medal matches". Olympics.com. 5 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2021. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Statement on 6 August Olympic medal matches". FIFA.com (Fédération Internationale de Football Association). 5 de agosto de 2021. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ Heroux, Devin (5 de agosto de 2021). "Canada-Sweden Olympic soccer final pushed back due to concerns about heat". CBC.ca. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Nadeshiko Japan see off Chile in front of fans to progress through to the quarterfinals". 27 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2021. Consultado o 28 de xullo de 2021.
- ↑ "OC for FIFA Competitions approves procedures for the Final Draw of the 2018 FIFA World Cup". FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. 14 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ "Tokyo 2020 Olympics: Team GB qualify for women's football tournament". BBC Sport. 28 de xuño de 2019.
- ↑ "Organising Committee takes important decisions on FIFA Women's World Cup". FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. 1 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ "Tokyo 2020 Olympics: Home nations agree to GB women's football team". BBC Sport. 1 de outubro de 2018. Consultado o 1 de outubro de 2018.
- ↑ "Football at Tokyo Olympics 2021: Live Stream Coverage" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ 12,0 12,1 "Regulations for the Olympic Football Tournaments Tokyo 2020" (PDF). FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association.
- ↑ Creditor, Avi (30 de xuño de 2021). "Report: IOC Approves Expansion of Olympic Soccer Rosters to 22 Players". si.com. Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ "FIFA confirms roster changes for Olympic soccer". USA TODAY (en inglés). Consultado o 2022-02-07.
- ↑ "FIFA Council unanimously approves COVID-19 Relief Plan". FIFA.com (Fédération Internationale de Football Association). 25 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020.
- ↑ "Match officials appointed for Olympic Football Tournaments Tokyo 2020". FIFA.com (Fédération Internationale de Football Association). 23 de abril de 2021. Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ "Olympic Football Tournaments Tokyo 2020: List of appointed Match Officials (International Technical Officials – ITO)" (PDF). FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. 23 de abril de 2021. Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ "Tokyo 2020 Olympic draws to be held at the Home of FIFA". FIFA. 22 de marzo de 2021. Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ "Teams ranked and allocated for Tokyo 2020 Olympic football draws". FIFA.com (Fédération Internationale de Football Association). 16 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ "Draws set path to Tokyo 2020 gold". FIFA.com (Fédération Internationale de Football Association). 21 April 2021. Consultado o 21 April 2021.
- ↑ "The FIFA Women's World Ranking – Ranking Table (16 April 2021)". FIFA. 16 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ "Draw Procedures – Olympic Football Tournaments Tokyo 2020: Women's tournament" (PDF). FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. 16 de abril de 2021. Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ 23,00 23,01 23,02 23,03 23,04 23,05 23,06 23,07 23,08 23,09 23,10 23,11 23,12 23,13 23,14 23,15 23,16 23,17 23,18 23,19 23,20 23,21 23,22 23,23 23,24 23,25 "Attendance Summary" (PDF). Olympics.com. 24 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xullo de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2021.
- ↑ "Statement on 6 August Olympic medal matches". FIFA.com. Fédération Internationale de Football Association. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ Heroux, Devin (5 de agosto de 2021). "Canada-Sweden Olympic soccer final pushed back due to concerns about heat". CBC.ca. Consultado o 5 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
A Galipedia ten un portal sobre: Fútbol |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Xogos Olímpicos de Toquio 2020
- Fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
- Torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Río 2016 |
Fútbol nos Xogos Olímpicos XXVII edición |
Sucesor: París 2024 |