Saltar ao contido

Torque de Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torque de Porto

Tipo Torque
Data I a. C.
Características
Lonxitude 373 mm (diámetro)
Anchura 12 mm (grosor)
Altura 27x21 mm (remates)
Materiais Ouro aliado con prata
Peso 355 g
Descuberta
Localización Porto, Cabanas, Galicia Galicia
Data 1868
Conservación
Localización Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón

O Torque de Porto é un torque atopado en Galicia no século XIX. Apareceu por casualidade probablemente no castro das Modias, no lugar das Modias, parroquia de San Martiño de Porto, concello de Cabanas. Esta peza foi adquirida pola Deputación da Coruña no ano 1868 ao particular don Ernesto Freire e depositouse no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón. Dátase aproximadamente no século I a. C.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Torque de ouro aliado con prata, formado por unha variña maciza de sección circular con arames enrolados e remates piriformes. Os arames están ben conservados e dan 65 voltas sobre a variña. Entre a zona lisa e os arames ten dous motivos en espiral de fío de ouro aplicado, con botón central. Na cara interna presenta unha retícula incisa e un dobre triángulo punteado.

Actualmente está fragmentado con cortafríos en tres partes e restos soltos de arame desenvolto e as dimensións son 373 mm de lonxitude, 12 mm de grosor e 27×21 mm os remates. O seu peso é de 355 g.

O estilo desta xoia adscríbese ao chamado "grupo ártabro" con torques de semellante tipoloxía en Centroña, Foxado ou Viladonga entre outros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Martínez López, Mª Carmen (2014). "Catálogo de torques ártabros" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (21): 105.