Saltar ao contido

Castro das Modias

Castro das Modias
ParroquiaSan Martiño de Porto
ConcelloCabanas
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15015010
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualabandono
Extensión estimada1 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

Castro das Modias é un castro de outeiro fortificado situado no concello de Cabanas.[1]

Torque de San Martiño de Porto. Actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.

Está situado nunha península de forma case oval. O río Castro fai de defensa natural. Polo norte o terraplén chega ata o río. O castro está cortado polo oeste pola trincheira do tren. O recinto central mide uns 80 por 100 metros. Está arrodeado por un terraplén rematado nun muro de terra dun metro de altura no interior e de dous a catro metros no exterior; o muro desaparece case na súa totalidade na cara norte. A croa está dividida en parcelas empregadas como plantación de eucaliptos e prados.

Nas Modias achouse o torque de Porto que foi adquirido pola Deputación da Coruña en 1868, consérvase actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.[2]

  1. Castros de Cabanas, O Noso Patrimonio
  2. Martínez López, Mª Carmen (2014). "Catálogo de torques ártabros" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (21): 105. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]