Saltar ao contido

Castro de Zoñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Zoñán

Tipocastro Editar o valor en Wikidata
ConservaciónEn proceso de escavación
Localización
Mapa
 43°25′35″N 7°23′40″O / 43.426336, -7.394367
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Lugo
ConcelloMondoñedo
ParroquiaOs Remedios Editar o valor en Wikidata
Datas
OcupaciónSéc. II-IV d.C.
Descuberta?
Escavación2002 a 2004
2005 ata actualidade
Dimensións
Superficie0,3
Patrimonio cultural
Id. catálogoGA27030010
Wikidata ]

O Castro de Zoñán ou A Croa de Zoñán é un castro situado na parroquia dos Remedios, no concello de Mondoñedo, na provincia de Lugo.

As datas de ocupación do mesmo, segundo a cultura material atopada, móvense entre os séculos II e IV d. C., pero segundo os resultados das análises de carbono-14 os inicios do mesmo situaríanse en datas antes de Cristo.

Lévase escavando dende o ano 2002 e téñense recuperado diversas vivendas e restos de cultura material. No ano 2004 colocáronse dúas mesas interpretativas para poder facer unha visita libre ao castro. No ano 2007 o Concello de Mondoñedo editou o libro O Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo) Campañas 2002-2004, que recolle os traballos e conclusións das tres primeiras campañas: 2002, 2003 e 2004.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Vigo García, A. (2007). O Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo). Concello de Mondoñedo. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]