Saltar ao contido

Torre de Broño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre de Broño
ConcelloNegreira
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°55′22″N 8°46′51″O / 42.92263889, -8.78094444
Estilo arquitectónico
Estado actualruínas
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A torre de Broño era unha construción defensiva altomedieval que complementaba a fortaleza da Barcala. Está sita a 285 m de altitude nun outeiro denominado Monte do Castelo de San Martiño de Broño, próximo ás aldeas de Redemuíños, San Martiño, Camiño Real e Feáns, na parroquia de San Martiño de Broño, concello de Negreira[1][2]. Na actualidade a torre está en ruínas e so quedan a mota e algún muro esborrallado.

O castro de Guimaráns, a fortaleza da Barcala e a torre de Broño están practicamente aliñados, e dominan tres tramos consecutivos do río Barcala.

  1. Plano do Catastro. Ref: 15057L01100365. Topónimos na zona: A Torre, Torre, Pé do Marco, Fontarruda, Candorpe, Louteiro, Bouza, Bouzas, Agro das Gándaras, Estivada, Costa da Torre, Devesa, Carballal, Fonte Raíña, Longras, Castelo, O Cotón, Meimentos, Retorta
  2. Monte do Castelo de San Martiño de Broño Torre de Broño na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.