Saltar ao contido

Tranvía de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O tranvía de Ferrol foi un medio de transporte que estivo en activo entre 1924 e 1961, dando servizo non só á cidade de Ferrol senón tamén aos concellos de Narón e Neda.[1] A explotación deste servizo correspondeu á compañía Tranvías del Ferrol.[2]

Malia que o proxecto orixinal contemplaba conectar Ferrol coa vila de Neda mediante un tranvía eléctrico, ao comezo a liña que transcorría pola Estrada de Castela ía desde Porta Nova (actual Praza de España) só até o Portádego de Xuvia. Sería durante a década seguinte cando a liña fose ampliada até a vila de Neda e até o peirao de Curuxeiras, cruzando o barrio da Madalena.[3][4]

Contaba así o tranvía con dúas liñas:

Liñas Porta Nova - Peirao Porta Nova - Neda
Paradas Porta Nova Porta Nova
Rochel (Cine Callao) O Inferniño
Igrexa Faxardo
Mercado San Xoán
Sagasta A Gándara
Costa de Mella A Ferrolana
Río Novo O Alto do Castiñeiro
Cuartel de Instrución Freixeiro (cocheiras)
Peirao de Curuxeiras O Ponto
A Revolta
Telleiras
Santa Rita
Portádego
Santa María de Neda
Concello de Neda


Proxectos de recuperación

[editar | editar a fonte]

No ano 2003 o entón alcalde de Narón propuxo a súa recuperación no contexto da conversión da Estrada de Castela nun bulevar, máis a idea non chegou a máis.[5]

Xa no ano 2010 a compañía pública Feve propuxo a recuperación do tranvía na cidade mediante un sistema de tren-tram que empregaría o ramal de mercadorías do porto de Ferrol. Segundo este proxecto, apoiado polo entón alcalde Vicente Irisarri, a única liña sairía do ramal xunto as estacións de ferrocarril e autobuses, no barrio do Ensanche "A", até o porto de Curuxeiras en Ferrol Vello pasando deste xeito polo túnel que cruza a cidade e pola Malata.[6][7]

A liña tería catro estacións, a primeira delas onde as estacións; a segunda sería subterránea[8], no túnel que cruza os terreos do cuartel do Sánchez Aguilera; a terceira estaría situada na Malata e a última en Curuxeiras, no porto da cidade. O proxecto contemplaba a súa ampliación até a Praza de Galicia, no barrio da Madalena, así como a súa compaxinación cos trens de Proximidades. Finalmente o proxecto non veu a luz.

No ano 2019, no contexto das eleccións municipais, o candidato popular á alcaldía de Narón propuxo a creación do primeiro metro lixeiro de Galicia coa colaboración de Adif e Renfe, empregando a liña de vía estreita da antiga Feve para conectar Ferrol e Narón, e a de ancho ibérico para conectar Ferrol, Narón, Neda e Fene.[9]

  1. "Tranvía de Ferrol á Neda". Ferrocarriles de España. 
  2. "Spanish Railway » Blog Archive » Tranvías de Ferrol" (en castelán). Consultado o 2024-12-17. 
  3. "En el centenario del tranvía de Ferrol a Neda". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2024-12-17. 
  4. "Los 100 años del tranvía que unió Ferrol con Xuvia y llegó a cobrarse una vida". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2024-12-17. 
  5. "El Concello estudia recuperar el tranvía en la carretera de Castilla". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-04-17. Consultado o 2024-12-17. 
  6. "Feve redacta el proyecto para crear una red de tranvía en Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-05-13. Consultado o 2024-12-17. 
  7. "El Concello de Ferrol y Feve proyectan llevar el tren al puerto de Curuxeiras". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-09-29. Consultado o 2024-12-17. 
  8. "Una estación subterránea del tren de cercanías". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-03-26. Consultado o 2024-12-17. 
  9. "Castrillón arranca su campaña prometiendo para la comarca «el primer metro ligero de Galicia»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-02. Consultado o 2024-12-17.