Saltar ao contido

Tranvías del Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tranvías del Ferrol S.A.

Sede de Tranvías del Ferrol en Río do Pozo, Narón.
TipoSociedade Anónima
Fundación1 de novembro de 1922
LocalizaciónAvda. dos Arrieiros, Polígono de Río do Pozo PARC. F6 F7 15578 Narón, A Coruña Galicia Galiza
Persoas claveUbaldo Barcón Sandino
IndustriaTransporte de viaxeiros
Na rede
http://www.tranviasdelferrol.com
editar datos en Wikidata ]

Tranvías del Ferrol foi unha empresa ferrolá de viaxeiros que operou na cidade de Ferrol, en Narón e en Neda.

As orixes da compañía están na solicitude de José Fernández Solórzano y Freire para explotar en 1904 un tranvía con motor eléctrico entre Ferrol e Santa María de Neda. Nos seus inicios a liña tiña 7 km desde a estrada de Castela, na Porta Nova (actual Praza de España), e terminaba no Portádego de Xuvia. En 1961 os autobuses pasaron a substituír os tranvías. As cores identificativas das súas unidades eran a branca e a azul mariño, como as cores da bandeira da cidade de Ferrol, e co cambio de século foron trocadas polo laranxa.

As súas cocheiras estaban en Freixeiro (Narón); mais co inicio do século XXI foron vendidos os terreos nos que se situaban para a construción de vivendas, trasladando ás instalacións ao polígono industrial do Río do Pozo, tamén en Narón.

A compañía cesou os seus servizos a noite do 31 de decembro de 2019, logrando Alsa a concesión da Xunta dos servizos de transporte público urbano de Ferrol.

As liñas de Tranvías del Ferrol deron servizo (primeiro con tranvías e logo con autobuses) a Ferrol, Narón e Neda.

Liña Ruta
1-B Residencia - Porto
1-2 Neda - Porto
3 Porto - Caranza - Residencia
4 Canido - A Graña
7 A Faísca - Correos
9 Caranza - Correos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]