Tratado de Maastricht
Aparencia
(Redirección desde «Tratado da Unión Europea»)
O Tratado da Unión Europea, coñecido como Tratado de Maastricht, é un acordo entre os países da Comunidade Europea, asinado na cidade holandesa de Maastricht o 7 de febreiro de 1992, e entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1993.
Profundou a Comunidade Europea, transformándoa na Unión Europea, asentada en tres piares:
- O comunitario (mercado e políticas comúns)
- O da PESC (Política Europea de Seguridade Común)
- O da cooperación en materia de xustiza e asuntos internos
Está por construír o último piar.
Consagrou a UEM (Unión Económica e Monetaria), definindo as etapas necesarias ao cumprimento dos criterios de converxencia, co obxectivo de ser adoptada unha moeda única (que veu a ser o Euro).
Atribuíulles aos cidadáns dos Estados-Membros o Estatuto de Cidadán Europeo (que inclúe un conxunto de dereitos e deberes que caracterizan a cidadanía europea).