Saltar ao contido

Tratado de Llivia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Tratado de Llivia foi firmado o 12 de novembro de 1660 entre Miquel de Salbà i de Vallgornera, representante de Filipe IV de España e o bispo de Orange, en representación de Lois XIV de Francia, é o tratado mediante o cal se detallan as 33 vilas do val de Querol que pasaban a formar parte de Francia. A última hora permaneceu Llivia coma un enclave español dentro do novo territorio francés por ter o título de vila e non de pobo, coa condición de que nunca fose fortificado.

Así, consolidábase a cesión da Cerdaña, que, por mor da resistencia, non se puido facer efectiva ata 1720.

Anteriormente celebráranse en Cérete (Vallespir) unha conferencia de carácter técnico para fixar os criterios do tratado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]