Tratado de Tagilde
Tratado de Tagilde | |
---|---|
Tratado | Alianza diplomática |
Data | 10 de xullo de 1372 |
Creación | 10 de xullo de 1372 |
Lingua | Orixinalmente redactado en castelán medieval (evidenciando as pretensións ao trono da Coroa castelá do duque de Lancaster). Naquela altura a lingua do reino de Portugal era o galego-portugués e de Inglaterra o inglés medio. |
Formato | Manuscrito |
Atopado en | Arquivos Nacionais do Reino Unido |
Signatarios | D. Fernando I de Portugal, delegados de Xoán de Gante |
Función | Alianza militar contra Henrique II de Castela e o rei de Aragón |
O Tratado de Tagilde foi un tratado asinado o 10 de xullo de 1372 en Tagilde, parroquia do concello de Vizela.[1] Foi un dos acordos políticos máis importantes de Portugal. O rei D. Fernando I de Portugal asinou o chamado “pacto de Tagilde” cos delegados de Xoán de Gante, que se nomeara rei de Galiza e aspiraba ao trono de Castela polo seu matrimonio con Costanza.[2] Este acordo constituíu o primeiro fundamento xurídico do futuro tratado de alianza anglo-portuguesa, que aínda existe na actualidade.[3]
Nese pacto, Portugal comprometeuse a axudar a Xoán de Gante, duque de Lancaster, por mar e terra, contra Henrique II de Castela e/ou o rei de Aragón. O rei portugués non podería adquirir terra ningunha nos señoríos de Castela. No reino de Aragón as terras pertencían a aquel, D. Fernando ou Xoán de Gante, que primeiro os conquistase.[4]
Xunto á igrexa matriz de Tagilde, está situada dende 1953 un elegante patrón de pedra que conmemora o acto entre os dous países, daquela reinos.
Copia do tratado
[editar | editar a fonte]En 2022, a Cámara de Vizela obtivo unha copia do tratado luso-británico, cando unha delegación de Vizela, encabezada polo presidente da Cámara, Vítor Hugo Salgado, viaxou a Londres, onde visitaron os Arquivos Nacionais do Reino Unido.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jornal de Notícias, Tratado de Tagilde entra no calendário []
- ↑ Espino, Julio E. Villarino (2017-12-10). "Os Lancaster invaden Galicia, nomean rei e fixan Ourense como capital". Historia de Galicia. Consultado o 2024-07-20.
- ↑ Mohorte, Andrés P. (2016-05-25). "¿Cuáles son los tratados diplomáticos más antiguos del mundo aún en vigor?". Xataka (en castelán). Consultado o 2024-07-20.
- ↑ Fernão Lopes, Crónica de el-rei D. Fernando, cap. LXVII
- ↑ "Vizela obteve em Londres cópia do Tratado de Tagilde".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Alianza luso-británica
- Diplomacia
- Fernando Ruyz de Castro
- Guerra civil castelá de 1351-1369
- Guerra dos Cen Anos
- Tratado anglo-portugués de 1373
- Tratado de Windsor
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |