Tremolita
Tremolita | |
---|---|
Fórmula química | Ca2Mg5Si8O22(OH)2 |
Clase | Inosilicatos |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Parda, incolora, gris, verde clara, branca |
Brillo | De vítreo a anacarado |
Dureza | 5-6 |
Densidade | 3 g/cm3 |
A tremolita é un mineral pertencente ao grupo dos silicatos. Máis concretamente, pertence aos anfíbolos e ao grupo do asbesto. Recibe o seu nome do val de Tremola (Suíza) onde existe unha mina deste mineral.
Características
[editar | editar a fonte]A tremolita fórmase por metamorfismo a partir de sedimentos ricos en dolomita e en cuarzo. Pertence á mesma serie que a actinolita e o ferro-actinolita. A tremolita é un indicador do grao de metamorfismo, xa que a elevadas temperaturas convértese en diópsido. A súa cor verde débese ao contido en ferro.
Minerais asociados
[editar | editar a fonte]A calcita, a grosularia, o talco e a serpentina atópanse moitas veces canda a tremolita.
Depósitos
[editar | editar a fonte]Finlandia, Piemonte e Tirol (Italia), Ontario (Canadá), val de Tremola (Suíza), Tanzania, Arizona (Estados Unidos), Connecticut (Estados Unidos), Canaán (Estados Unidos).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Minerais Arquivado 24 de marzo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- Mindat.org (en inglés)