Trigo Limpio
Trigo Limpio | |
---|---|
Orixe | Donostia, |
Período | 1975 - 1990 |
Xénero(s) | folk |
Selo(s) discográfico(s) | PolyGram,Universal |
Membros | Iñaki de Pablo Luis Carlos Gil Amaya Saizar Patricia Fernández Goberna Maite Zuazola |
Na rede | |
http://trigolimpio.wixsite.com/trigolimpio | |
Trigo Limpio, foi un trío de folk español nacido en 1975 en Donostia. Estaba composto por Iñaki de Pablo, Luis Carlos Gil e Amaya Saizar, sendo substituída esta última en 1979 por Patricia Fernández Goberna.
Representaron a España no Festival de Eurovisión de 1980.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]O grupo naceu en 1975 cando Carlos Gil foi convidado a cantar nunha sala despois de gañar un concurso de músicos da provincia de Guipúscoa. Para esta actuación chamou a Iñaki de Pablo, co que formara un grupo uns anos antes, e a Amaya Saizar.[1]
Naquela actuación foron presenciados por persoal do selo discográfico Philips, co que asinaron rapidamente un contrato profesional e publicaron o seu primeiro sinxelo.[1] Os seus primeiros anos transcorreron no movemento "neofolk", e a esa época pertencen éxitos como "Muñeca", "Pequeño Juan", "Adiós mamá", "Txikita" ou "Celtibérico". Nos inicios era o propio selo discográfico o que propoñía as cancións pero pouco a pouco foron incluíndo temas propios.[1]
Consolidación
[editar | editar a fonte]A pesar da aceptación e popularidade dalgúns dos seus temas, foi en 1977 cando comezaron a súa etapa máis importante ao seren invitados ao Festival Internacional da Canción de Viña del Mar e a representar a España no Festival da OTI, conseguindo o terceiro lugar coa canción "Rómpeme, mátame" de Juan Carlos Calderón, un dos máis cotizados autores e produtores españois, quen se encargaría da composición e produción dos temas do grupo até o abandono de Amaya en 1979.[2] Foron tamén seus os grandes éxitos do grupo: "Cinco canas más" e "Maria Magdalena".
Saída de Amaya e entrada de Patricia (1979)
[editar | editar a fonte]En outubro de 1979 incorporouse ao grupo Patricia Fernández Goberna, en substitución de Amaya, que decidiu comezar unha carreira en solitario.[3] Pouco despois foron elixidos para representar a España no Festival de Eurovisión de 1980 na Haia.[4] Participaron coa canción "Quédate esta noche" e acabaron no 12º posto de 19.[5]
Comezaron a soar con forza en toda Latinoamérica, chegando aos primeiros postos nas listas de éxitos, e especialmente en México, onde o grupo pasou longas tempadas. Gravaron nos Estados Unidos o LP Entrañadamente, nos famosos Criteria Studios de Miami, e deron concertos nas cidades con máis poboación hispana: Chicago, Dallas, San Antonio, Houston, Miami e Os Ánxeles.
Co abandono de Patricia, a finais de 1987 uniuse ao grupo Maite Zuazola coa que gravaron o seu último LP titulado Más. A finais de 1989 Iñaki e Carlos decidiron abandonar a súa carreira musical, poñendo fin así a Trigo Limpio.
Discografía
[editar | editar a fonte]- 1975 - Muñeca / La balada de Andy Grange (Sinxelo)
- 1976 - Adiós mamá / Txikita (Sinxelo)
- 1977 - Trigo Limpio. LP.
- 1977 - Cinco canas más / Aquella canción (Sinxelo)
- 1977 - Rómpeme, mátame / Yo nací en Oregón (Sinxelo)
- 1978 - Desde nuestro rincón. LP.
- 1978 - María Magdalena / El Paria (Sinxelo)
- 1979 - Ven a Jerusalén / Mi Casa (Sinxelo)
- 1979 - Pero dime / Vives como quieres (Sinxelo)
- 1980 - Quédate esta noche. LP.
- 1980 - Quédate esta noche / De profesión bribón (Sinxelo)
- 1980 - Qué / No me gusta sentirme solo (Sinxelo)
- 1981 - Caminando. LP.
- 1981 - Te quiero para mí. Grandes Éxitos. LP.
- 1981 - Cantad todos al niño / Navidad (Sinxelo para UNICEF).
- 1982 - Entrañablemente. LP.
- 1983 - Como un sueño. LP.
- 1984 - Hay cariño. LP.
- 1984 - Sol de verano (Maxi Sinxelo en inglés)
- 1984 - Los éxitos románticos en México. LP.
- 1985 - México. LP.
- 1986 - Diez años. LP.
- 1986 - Hablemos claro. L.P.
- 1986 - Qué me das. (Sinxelo)
- 1988 - Más. LP.
- 1988: Los éxitos románticos.
- 1995: Trigo Limpio Grandes Éxitos. Dobre CD. Polygram España.
- 1999: Grandes Éxitos. Dobre CD. Ramalama.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Martín, María Ángeles (13 de abril de 1980). "«Trigo limpio»: Una artista, un futbolista y un poeta". La Voz de Galicia (en castelán). p. 41.
- ↑ "Fallece Patricia Fernández, vocalista femenina de Trigo Limpio" (en castelán). Consultado o 24 de maio de 2021.
- ↑ Martín, María Ángeles (13 de abril de 1980). "«Trigo limpio»: Tres vocaciones musicales para Eurovisión". La Voz de Galicia (en castelán). p. 40.
- ↑ "Fallece Patricia Fernández, excantante de Trigo Limpio" (en castelán). 4 de outubro de 2016. Consultado o 24 de maio de 2021.
- ↑ "Eurovision 1980". eurovisionworld.com (en inglés). Consultado o 24 de abril de 2021.
Predecesor: "Su canción" Betty Missiego |
España no Festival de Eurovisión 1980 |
Sucesor: "Y solo tú" Bacchelli |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trigo Limpio |
- Trigo Limpio, sitio web dedicado ao grupo (en castelán).