Trinacia
Trinacia | |
---|---|
P. Tibaldi: fresco do Palacio Poggi, sede da Universidade de Boloña, no que se representa os compañeiros de Odiseo roubando o ganado de Helios. | |
Información | |
Tipo | Illa mítica |
Lugares | Thrinakia, Trinacria |
Θρινακία |
Trinacia (grego antigo: Θρινακία Thrinakíā : Thrinakia[1]; máis tarde identificada con Trinacria), a Illa de Helios, segundo se menciona no Libro XII da Odisea de Homero, é a illa onde Helios gardaba o seu gando, baixo o coidado das súas fillas, Faetusa e Lampetia. Na Antigüidade, era comunmente aceptado que Trinacria era o antigo nome de Sicilia e que o nome facía referencia ás tres puntas da illa.[2]
No libro XII da Odisea, Odiseo e a súa tripulación chegan a Trinacia cando volvían de Eea. Odiseo fora advertido tanto por Circe como pola pantasma de Tiresias para que evitase Trinacia, mais os seus homes rogáronlle que lles deixase parar e descansar. Odiseo aceptou con reservas, facéndolles prestar o xuramento de que non tocarían o gando da illa. Durante o seguinte mes sopraron continuamente ventos desfavorables, o euro ou o noto (vv. 325-326), o que lles impediu abandonar a illa. Cando Odiseo foi rezar pedindo un regreso seguro a Ítaca, a súa tripulación, temendo morrer de fame, sacrificou e comeu parte do gando de Helios. Como castigo, cando finalmente puideron marcharse da illa, Zeus lanzou un raio ao barco, privando da volta a todos os homes salvo a Odiseo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grego antigo: ἡ Θρινακίη -ης, ἡ Θρινακίς -ίδος. Adj. Θρινάκιος -α -ον. Un dos epítetos da(s) deusa(s) Hécate / Selene é θρινακία, segundo o Diccionario Griego-Español en liña:
- ↑ Dionisio de Halicarnaso, Antigüidades romanas I,22,2; Tucídides VI,2; Estrabón VI,2,1; Plinio o Vello III,86; Diodoro Sículo V,2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Preisendanz, Karl (ed. & trad.): Papyri Graecae magicae / Die griechischen Zauberpapyri. Band II. München/Leipzig: K.G. Saur, 2001. ISBN: 3-598-74277-0
- Odisea: Canto XII; texto español en Wikisource. Ver os vv. 260 - 454 (no texto grego, 261 - 454).
- II, 260 y ss.: texto grego homérico.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Homero, La Odisea XII, tradutor Luis Segalá y Estalella, 1910, en español.
- LAMB, Charles: The Adventures of Ulysses (As aventuras de Ulises), Chapman & Hall, 1808; en inglés.
- Sobre Trinacia, no Proxecto Perseus: 1; 2; 3; 4.