Trini Falcés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1942 A Coruña, España |
Morte | 10 de agosto de 2022 (79/80 anos) A Coruña, España |
Outros nomes | La Trini |
Ideoloxía política | Oposición ao franquismo |
Actividade | |
Ocupación | activista política, activista LGBT, activista dos dereitos transxénero |
Participou en | |
26 de xuño de 1977 | Manifestación do orgullo gai de Barcelona de 1977 |
Premios | |
|
Trinidad Falcés, nada na Coruña en 1942 e finada na mesma cidade o 10 de agosto de 2022, coñecida tamén como Trini Falcés ou La Trini, foi unha activista española polos dereitos das persoas trans durante o franquismo.[1] Foi a primeira muller abertamente trans da súa cidade natal.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1953, con 11 anos, conseguiu cambiar o nome de Antonio a Trinidad. Emigrou a Barcelona, onde foi fichada por primeira vez pola policía franquista. Encadeou varias condenas e sentenzas de cárcere por incumprir a Lei de vagos e maleantes. En total, cumpriu cinco anos de prisión.[3] Deses anos de reclusión, varios meses pasounos en Badaxoz nun campo de concentración para homosexuais.[4]
Era post-franquista
[editar | editar a fonte]Despois da morte do ditador Francisco Franco en 1975, encabezou en 1977 a primeira marcha do orgullo en Barcelona.[3] Na década de 1990 regresou á Coruña e en 2007 foi recoñecida como vítima do franquismo pola Lei de Memoria Histórica.[4] En 2019 recibiu o premio Elisa e Marcela pola súa loita pola integración e a diversidade sexual.[4][5]
Faleceu o 10 de agosto de 2022 na súa cidade natal.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece Trinidad Falcés, "La Trini", luchadora antifranquista y la primera transexual de A Coruña". Público (en castelán) (A Coruña). 11 de agosto de 2022. Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ Paricio, Marisa (22 de setembro de 2022). "Trinidad Falcés". Euforia (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 "Muere Trinidad Falcés, 'La Trini', luchadora antifranquista e histórica activista trans de A Coruña". Los Replicantes (en castelán). 12 de agosto de 2022. Consultado o 20 de novembro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Trapote, Pepa (15 de xuño de 2019). "Trini Falcés, la primera transexual de Coruña, gana el premio “Elisa y Marcela”". EntreNós (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 "Fallece Trini Falcés, activista trans que logró cambiar su nombre en el registro civil de A Coruña en 1953" (en castelán). Consultado o 2023-03-19.