Saltar ao contido

Trofim Lysenko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neste nome séguese o costume de nomear eslavo oriental; o patronímico é Denisovich e o nome de familia é Lysenko.
Modelo:BiografíaTrofim Lysenko

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(uk) Трохим Денисович Лисенко Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1898 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Karlivka, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Kuntsevo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro do Consello Supremo da Unión Soviética
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBila Tserkva (pt) Traducir
Gəncə
Kíiv
Uman (pt) Traducir
Poltava (pt) Traducir
Odesa Editar o valor en Wikidata
EducaciónNational University of Life and Environmental Sciences of Ukraine (en) Traducir (1922–1925)
Uman National University of Horticulture (en) Traducir (1917–1921) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, inventor, botánico, xenetista, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorVavilov Institute of General Genetics (en) Traducir, director (1940–1965)
VASKhNIL (en) Traducir, presidente (1938–)
Q4413524 Traducir, director (1936–1939)
Q4413524 Traducir (1929–1936)
Soviet Supremo da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enVernalización e Q4508263 Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosPyotr Fyodorovich Kononkov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de novembro de 1945International Military Tribunal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoDonat Aleksandrovitsj Dolgoesjin, Mikhail Olshansky (en) Traducir, Vasyl Remeslo (en) Traducir e Pyotr Fyodorovich Kononkov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
11 de outubro de 1955Letter of 300 Soviet Scientists (en) Traducir
31 de xullo de 1948-7 de agosto de 1948VASKhNIL session 1948 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лысенко Трофим Денисович)
Obálky knih,
Medvik >>>:Lysenko, Trofim Denisovič, 1898-1976, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1009606

Trofim Denisovich Lysenko, en ruso: Трофи́м Дени́сович Лысе́нко; en ucraíno: Трохи́м Дени́сович Лисе́нко (Trokhym Denysovych Lysenko),[1] nado o 29 de setembro (no calendario xuliano 17 de setembro) de 1898 e finado o 20 de novembro de 1976, foi un agrónomo e científico soviético.[2][3] Foi un firme partidario do lamarckismo e rexeitou a xenética mendeliana en favor das súas propias e idiosincráticas ideas pseudocientíficas, que posteriormente se denominarían lysenkismo.[4][5][6][7]

En 1940 Lysenko converteuse en director do Instituto de Xenética da Academia Soviética de Ciencias, e utilizou a súa influencia política e poder para suprimir as opinións disidentes en ciencia e desacreditar, marxinalizar e meter en prisión aos seus críticos, elevando as súas propias teorías antimendelianas ao estado de doutrina sancionada politicamente polo estado.[8][9]

Os científicos soviéticos que rexeitaron renunciar á xenética foron despedidios dos seus postos e deixados desamparados. Miles doutros foron encarcerados.[10] Varios foron sentenciados a morte como inimigos do estado, incluíndo o botánico Nikolai Vavilov, cuxa sentenza foi finalmente conmutada por prisión, onde finalmente morreu.[11] As ideas e prácticas de Lysenko contribuíron ás fames que mataron millóns de persoas nos pobos soviéticos;[11] a adopción dos seus métodos desde 1958 na República Popular da China tivo resultados calamitosos similares, culminanado na Gran Fame Chinesa de 1959 a 1961.[11]

Primeiros anos e estudos

[editar | editar a fonte]

Trofim Lysenko, fillo de Denis Nikanorovich e Oksana Fominichna Lysenko, naceu nunha familia de campesiños de etnia ucraína na vila de Karlovka, gobernorato de Poltava (hoxe oblast de Poltava, Ucraína) o 29 de setembro de 1898 (que no antigo calendario xuliano que rexía en Rusia daquela sería o 17 de setembro).[8][12] Despois a familia tivo outros dous fillos e unha filla.[3]

Lysenko aprendeu a ler e escribir á idade relativamente avanzada de 13 anos.[13] En 1913 despois de graduarse nunha escola rural de dous anos, entrou na escola inferior de horticultura de Poltava. En 1917 entrou na escola secundaria de agricultura de Uman na que se graduou en 1921 (agora chámase Universidade Nacional de Horticultura de Uman).[12][14]

O período de estudo de Lysenko en Uman coincidiu coa primeira guerra mundial e a Guera Civil Rusa: a cidade foi capturada polas tropas austro-húngaras, despois pola Rada Central Ucraína. En febreiro de 1918 proclamouse o poder dos soviets en Uman, despois do cal e ata 1920 a cidade pasou periodicamente a mans dos exércitos roxo e branco rusos.[3]

En 1922 Lysenko empezou estudar no Instituto de Agricultura de Kíív (agora a Universidade Nacional das Ciencias da Vida e Ambientais de Ucraína).[3] Durante os seus estudos, traballou na estación experimental Belotserkovsk como cultivador de plantas de xardín experimentais. En 1923, publicou os seus primeiros traballos científicos: "Técnicas e métodos da selección do tomate na estación de selección de Belotserkovskaya" e "Enxerto das remolachas azucreiras."[12] Lysenko graduouse no instituto obtendo un grao en agronomía en 1925.[3]

Carreira académica

[editar | editar a fonte]

Traballo en Acerbaixán

[editar | editar a fonte]

En outubro de 1925 enviaron a Lysenko a Acerbaixán, a unha estación de cultivo experimental na cidade de Ganja.[12] A estación de Ganja formaba parte do Instituto de Botánica Aplicada e Novas Colleitas de Toda a Unión (agora Instituto de Industria das Plantas), creado en 1925, que estaba dirixido por Nikolai Vavilov. O director da estación naquela época era Nikolai Derevitsky, un especialista en estatística matemática en agronomía. Derevitsky puxo a Lysenko a tarefa de introducir colleitas de legumes (lupino, trevo, Lathyrus, ervellaca) en Acerbaixán, as cales poderían resolver o problema da falta de alimentos que tiña o gando a principios de primavera, así como incrementar a fertilidade do solo cando se araban os campos destas colleitas na primavera.[3] Vavilov fixera experimentos sobre a conversión do trigo de inverno en trigo de primavera. Foi Vavilov quen apoiou inicialmente Lysenko e animouno no seu traballo.[15] Nun artigo, o correspondente de Pravda Vitaly Fedorovich describiu a primeira impresión que lle fixo o coñecemento de Lysenko:[3]

Se vostede xulga unha persoa pola primeira impresión, entón este Lysenko lle quitará unha dor de moas; Deus o bendiga, é unha persoa de mirada triste. E é parco en palabras e de face insignificante; todo o que recordo é o seus ollos grises, camiñando de vagar polo chan cun aire como se, polo menos, fose asasinar alguén.

Lysenko pasou un período difícil tratando de cultivar varias plantas (como chícharos e trigo) nos duros invernos. Porén, cando anunciou o éxito, foi alabado polo xornal soviético Pravda por soster que descubrira un método para fertilizar os campos sen usar fertilizantes ou minerais, e demostrar que en Acerbaixán podía obterse unha colleita de inverno de chícharos, "tornando os campos ermos da Transcaucasia verdes en inverno, para que o gando non pereza pola súa escasa alimentación, e o campesiño turco viva durante o inverno sen tremer polo seu mañá."[16]

Lysenko casou cunha das internas que se adestraba baixo a súa dirección, Alexandra Baskova. Durante o mesmo período, o cultivador Donat Dolgushin, un futuro académico e defensor de Lysenko, empezou a traballar con el.[3]

Lysenko falando no Kremlin en 1935. detrás del están Stanislav Kosior, Anastas Mikoyan, Andrei Andreyev e Iosif Stalin.

Lysenko traballou con diferentes cultivos de trigo pra intentar convertelos en variedades que crecesen en diferentes estacións do ano. Outra área pola que Lysenko se interesou foi o efecto da calor no crecemento das plantas. Cría que cada planta necesitaba unha determinada cantidade de calor durante a súa vida. Intentou correlacionar o tempo e a cantidade de calor que cumpría para que unha detrminada planta pasase polas súas varias fases de desenvolvemento. Para conseguir estes datos observaba a cantidade de crecemento, cantos días pasaron e a temperatura deses días, en lugar de medir a calor real. Tratando de determinar os efectos, estaba cometendo erros na análise estatística dos datos. Enfrontouse a el Nikolai Maximov, que era un experto no desenvolvemento térmico das plantas. Lysenko non se tomou a ben estas críticas nin ningunhas outras. Despois do seu encontro, Lysenko con ousadía dixo que as matemáticas non tiñan lugar en bioloxía.[16]

A súa investigación experimental na mellora das colleitas valeulle gañar o apoio do líder soviético Iosif Stalin, especialmente despois da fame e perda de produtividade resultante dos fallos da colectivización forzada en varias rexións da Unión Soviética a inicios da década de 1930.

Lysenko considerou como podería usar o seu traballo para converter o trigo de inverno en trigo de primavera. En 1927 Lysenko embarcouse na investigación que culminaría co seu artigo de 1928 sobre a vernalización, que suscitou grande atención debido ás súas posibles implicacións prácticas para a agricultura soviética. O frío intenso e a falta de neve en inverno destruíran moitas das plántulas do trigo de inverno temperán. Ao tratar as sementes de trigo con humidade e con frío, Lysenko inducía nelas a produción de colleita cando se plantaban en primavera. Lysenko acuñou o termo "Jarovización" (яровизация) para describir este proceso de arrefriamento, que utilizou para facer que as sementes de trigo de inverno se comportasen como de trigo de primavera. (Porque os cereais de primavera se chaman Jarovoe en ruso, que procede de jarovój, un adxectivo arcaico que significaba primavera, especialmente en relación coas colleitas). Porén, este método xa era coñecido polos agricultores desde a década de 1800, e fora discutido en detalle por Gustav Gassner en 1918. O propio Lysenko traduciu Jarovización como "vernalización" (do latín vernum, 'primavera').[17][18] As afirmacións de Lysenko dun incremento do rendemento estaban baseadas en plantacións dunhas poucas hectáreas, e el cría que a transformación vernalizada podería herdarse, de tal xeito que a descendencia dunha planta vernalizada posuiría tamén as capacidades da xeración que a precedeu, e que tamén podería soportar os duros invernos ou condicións climáticas imperfectas.[19]

Traballo en Odesa

[editar | editar a fonte]

En outubro de 1929 Lysenko foi invitado polo Comisariado do Pobo de Ucraína[3] a Odesa, o Instituto de Xenética e Hibridación[20] de recente creación (despois chamado Instituto de Xenética e Hibridación de Toda a Unión, ou VSGI), onde el dirixiu o laboratorio para a vernalización de plantas.[12] O Comisario do Pobo de Agricultura da RSS de Ucraína Alexander Schlichter reaccionou ás ideas de Lysenko con entusiasmo e apoiouno activamente.[21] O 17 de abril de 1936, foi nomeado director do VSGI.[12]

En setembro de 1931 a Conferencia de Hibridación de Toda Ucraína adoptou unha resolución sobre un informe de Lysenko, no cal se sinalaba a importancia teórica e práctica do seu traballo sobre a vernalización. En outubro dese mesmo ano, adoptouse unha resolución similar pola Conferencia sobre o Combate da Seca de Toda a Unión.[12] En 1933 empezou experimentos sobre a plantación en verán de patacas no sur.[12] En 1934 foi elixido membro de pleno dereito da Academia das Ciencias da RSS de Ucraína.[12] Ese mesmo ano, Ivan Michurin, falando sobre os resultados das súas actividades científicas no seu libro Resultados de seis anos de traballo, mencionou as actividades de Lysenko no estudo do fotoperiodismo dos cereias de campo.[22] O 30 de decembro de 1935 Lysenko foi premiado coa Orde de Lenin e elixido membro do Academia V. I. Lenin de Ciencias Agrícolas de Toda a Unión.[12]

Despois de Odesa e primeira confrontación cos xenetistas

[editar | editar a fonte]

En agosto de 1936 nunha sesión de visita á sección de grans da Academia de Ciencias Agrícolas de Toda a Unión en Omsk, Lysenko fixo un informe "Sobre cruzamentos intervariedades de plantas autopolinizantes", no cal entrou en discusión con Vavilov e outros xenetistas. Nesta discusión, Lysenko negou tanto as ideas teóricas xerais dos seus opoñentes coma as súas aplicacións prácticas nos traballos de cruzamentos. En concreto, Lysenko negou o método da endogamia nas plantas de cultivo de campo.[23]

A discusión continuou o 23 de decembro de 1936 na 4ª sesión da Academia de Ciencias Agrícolas de Toda Rusia, onde Lysenko fixo un informe "Sobre dúas direccións en xenética" (publicado na colección Agrobioloxía por Lysenko). Lysenko, xunto con Isaak Prezent, facían referencia á opinión de Charles Darwin e Kliment Timiryazev sobre o asunto da dexeneración das plantas autopolinizadoras e a inutilidade da polinización cruzada intravariedades de plantas.[12]

Na primavera de 1937 o Nº 2 do xornal Yarovizatsiya, fundado e editado por Lysenko, publicou un discurso do director do departamento de agricultura do Comité Central do Partido Comunista dos Bolxeviques de Toda a Unión, Yakov Yakovlev, onde a teoría de Vavilov das serie homolóxicas da variabilidade das plantas e a teoría cromosómica da herdanza eran duramente criticadas.[24] A discusión científica sobre xenética na Unión Soviética transformárase nunha loita política contra os "inimigos do pobo".[25] No número 3 de Yarovizatsiya publicouse un artigo de Prezent, no cal acusou aos xenetistas da escola clásica de apoiar a oposición trotskista-bukharinista, e un artigo de Alexander Kohl que acusaba Vavilov de ser un saboteador reaccionario.[26] O 7º Congreso Xenético Internacional que se celebraría en Moscova en 1937 foi cancelado e no seu lugar celebrouse en 1939 en Edimburgo.[25]

O 11 de xaneiro de 1938 o xornal Sotszemledeliye publicou un artigo titulado “Mellora a Academia de Ciencias Agrícolas: Arrincar de raíz sen compaixón os inimigos e os seus grupúsculos das institucións científicas,” onde Vavilov, Mikhail Zavadovsky e Pyotr Konstantinov foron sinalados como cómplices dos inimigos do pobo.[27]

En 1938, Lysenko converteuse en presidente da Academia de Ciencias Agrícolas de Toda a Unión.[28] A inicios de 1939 Yarovizatsiya publicou un artigo de Prezent "Sobre as teorías pseudocientíficas e xenéicas", no cal Prezent comparou os traballos de Vavilov cos do filósofo antimarxista Eugen Dühring.[27] Ese mesmo ano, o xornal Pod znamenem marksizma mantivo unha discusión sobre xenética. Na conclusión da discusión, o seu organizador, o filósofo Mark Mitin, criticou duramente as actividades de Vavilov.[29]

En 1939, segundo os datos oficiais, ao cambiar a tecnoloxía agrícola do millo miúdo, Lysenko conseguiu incrementar a colleita desde 2-3 a 15 medios quintais por hectárea.[12] O 13 de decembro de 1942, nunha sesión na Academia de Ciencias Agrícolas de Toda a Unión, Lysenko argumentou que "en 1940 o millo miúdo en millóns de hectáreas xa se convertera na colleita cereal de maior rendemento" e pedía "un cambio cara ao millo miúdo". Lysenko propuxo un sistema de cultivo en primavera do gran, que facía posible limpar o chan de malas herbas antes de sementar, e despois sementar con sementes vernalizadas.[30]

Na metade da década de 1940, por orde de Lysenko, o empregado do NKVD S. N. Shundenko foi nomeado director deputado do Instituto de Investigación da Industria das Plantas de Toda a Unión, a pesar da protesta categórica de Vavilov, que escribiu denuncias feitas polos traballadores do instituto.[31] En agosto de 1940 Vavilov foi arrestado; despois fórono os empregados e amigos de Vavilov, Georgii Karpechenko, Grigory Levitsky, Leonid Govorov e Konstantin Flaksberger, que morreron en custodia.[31]

Segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Durante a segunda guerra mundial, Lysenko, xunto con moitos biólogos, foi evacuado de Omsk, onde continuaba traballando na tecnoloxía agrícola para os cultivos de cereais e patacas. Desde 1942 Lysenko era membro da Comisión Extraordinaria do Estado para o Establecemento e Investigación das Atrocidades dos Invasores Fascistas Alemáns.[32]

O 22 de marzo de 1943 Lysenko recibiu o Premio Stalin de primeiro grao "polo desenvolvemento científico e introdución na agricultura dun método de plantar patacas con follas de tubérculos comestibles."[12] O 3 de xuño de 1943, na xuntanza cerimonial da Academia Soviética de Ciencias dedicada ao centenario do nacemento de Kliment Timiryazev, Lysenko fixo un informe: "K. A. Timiryazev e as tarefas da nosa agrobioloxía".[12][33] En 1943 publicouse a primeira edición da colección de Lysenko, titulada Agrobioloxía: Traballo sobre xenética, cruzamentos e produción de sementes.[12]

O 10 de xuño de 1945 Lysenko foi premiado co título de Héroe do Traballo Socialista coa Orde de Lenin, "polos seus destacados servizos no desenvolvemento da ciencia agrícola e o incremento da produtividade de colleitas agrícolas, especialmente patacas e millo miúdo."[12] O 10 de setembro de 1945 Lysenko recibiu a Orde de Lenin "por completar con éxito a tarefa do goberno en condicións difíciles de guerra para proporcionar alimentos á fronte e á poboación do país, e á industria con materias primas agrícolas."[12]

Posguerra

[editar | editar a fonte]

En 1946 Lysenko escribiu un artigo titulado "Xenética" para a 3ª edición da Enciclopedia da Agricultura.[12] O artigo citaba amplamente e criticaba o artigo de Thomas Hunt Morgan "Heredity," publicado nos Estados Unidos en 1945 na Enciclopedia Americana, e describe as carcterísticas da "xenética michurinista". O artigo estaba incluído na colección Agrobioloxía. Un artigo similar foi publicado na segunda edición da Grande Enciclopedia Soviética.[34]

Sesión de agosto de 1948 da VASKhNIL

[editar | editar a fonte]
Informe literal da sesión da VASKhNIL de 1948

O 10 de abril de 1948, Yuri Zhdanov, que considerou as queixas dos científicos contra Lysenko, fixo un informe no Museo Politécnico nun seminario de conferenciantes do comité rexional do partido sobre o tema "Asuntos controvertidos do darwinismo moderno". O propio Lysenko escoitou o discurso crítico de Zhdanov por un altofalante noutra habitación, xa que lle fora negada unha entrada para asistir ao informe.[35]

Do 31 de xullo ao 7 de agosto de 1948, tivo lugar unha sesión da Academia de Ciencias Agrícolas de Toda a Unión (VASKhNIL), na cal a maioría dos interviñentes apoiaban as posicións biolóxicas de Lysenko e sinalaban os "éxitos prácticos" dos especialistas do "movemento michurinista."[12][36]

Na sesión, Lysenko presentou ideas erróneas sobre xenética (negación das lei da segregación de Mendel, negación dos "xenes" inmutables), así como afirmacións politizadas dirixidas aos seus opoñentes (por exemplo, a xenética de Morgan foi considerada como xustificadora do racismo, a euxenesia e de servir aos intereses da clase burguesa militarista).[36]

Ao final da sesión, o lysenkismo foi decalarado "a única teoría correcta". Como Lysenko dixo performativamente ao final, "O Comité Central do Partido Comunista examinou o meu informe e aprobouno", deixando claro que era a nova ortodoxia que ía ser imposta politicamente.[37]

Política

[editar | editar a fonte]

Durante a primeira metade do século XX a Unión Soviética sufriu unha guerra e unha revolución. A opresión política causou tensións dentro do estado, pero tamén promocionou o florecemento da ciencia: isto foi posible debido ao fluxo de recursos e a demanda de resultados. Lysenko trataba de manipular varias especies de plantas como o trigo e os chícharos para incrementar a súa produción, cualidade e cantidade, mentres que impresionaba os funcionarios políticos co seu éxito en motivar os campesiños a volver a cultivar.[38]

As reformas colectivistas na Unión Soviética forzaron a confiscación de propiedades agrícolas dos campesiños e danaron gravemente a produción de alimentos global do país, e os campesiños desposuídos supoñían novos problemas para o réxime. Moitos abandonaran as granxas por completo; moitos máis presentaban resistencia á colectivización facendo o seu traballo con escasa calidade e roubando. Os campesiños desarraigados e desencantados eran unha importante preocupación política para os líderes da URSS.[39] Lysenko fíxose importante durante este período ao avogar por métodos agrícolas radicais pero non probados, e tamén prometía que os novos métodos proporcionarían maiores oportunidades para un traballo durante todo o ano na agricultura. Demostrou ser moi útil para os líderes soviéticos ao facer que os labregos se comprometesen de novo co seu traballo, axudando a asegurar que eles fixesen unha aposta persoal no éxito global do experimento revolucionario soviético.[38]

Liña de tempo da xenética e a ciencia na Unión Soviética

O éxito de Lysenko en animar os granxeiros a volver a traballar as súas terras impresionou Stalin, quen tamén aprobada os antecedentes de familia de orixe campesiña de Lysenko, xa que Stalin afirmaba estar co proletariado. A finais da década de 1920, os líderes da URSS deran o seu apoio a Lysenko. Este apoio era consecuencia, en parte, das políticas postas en práctica polo Partido Comunista de promover rapidamente a membros do proletariado a posicións de liderado en agricultura, ciencia e industria. Os funcionarios do Partido estaban buscando candidatos prometedores con antecedentes similares aos de Lysenko: nacido nunha familia de campesiños, carente de adestramento académico formal ou afiliacións coa comunidade académica.[40] Debido á súa estreita colaboración con Stalin, Lysenko adquiriu influencia sobre a xenética na URSS durante a primeira metade do século XX. Lysenko converteuse finalmente no director de Xenética da Academia de Ciencias en 1940, o que lle deu máis control sobre a xenética.[9] Permaneceu nese posto durante máis de dúas décadas, durante os mandatos de Stalin e Nikita Khrushchev, ata que foi relevado das súas responsabilidades en 1965.

Fóra da URSS, os científicos falaban criticamente: o biólogo británico S. C. Harland lamentaba que Lysenko "ignoraba completamente os principios elementais da xenética e da fisioloxía das plantas" (Bertram Wolfe, 2017). As críticas procedentes dos estranxeiros non lle gustaban a Lysenko, que odiaba os científicos "burgueses" occidentais e acusábaos de ser ferramentas dos imperialistas opresores. Detestaba especialmente a práctica científica nacida nos Estados Unidos de estudar as moscas do vinagre, o cabalo de batalla da xenética moderna. Chamaba a eses xenetistas "amigos das moscas e odiadores do pobo".[41]

Represión dos biólogos

[editar | editar a fonte]

Na primavera de 1937, pouco despois do informe de Stalin no pleno de marzo do Comité Central do Partido Comunista dos Bolxeviques de Toda a Unión titulado "Sobre os defectos do traballo do Partido e medidas para eliminar trotskistas e outros desleais", Lysenko e os seus seguidores, como Isaak Prezent e Alexander Kohl, empezaron a súa campaña contra os xenetistas,[25] acusándoos de estar en connivencia coa oposición anti-stalinista e de sabotaxe reaccionario.[26]

Durante as décadas de 1930 e 1940, A Academia V. I. Lenin de Ciencias Agrícolas (VASKhNIL) serviu como plataforma para o debate entre os lysenkistas e os xenetistas. O 7 de agosto de 1948, ao final dunha sesión dunha semana de duración organizada por Lysenko e aprobada por Stalin,[37] a VASKhNIL anunciou que desde alí en adiante o lysenkismo sería ensinado como "a única teoría correcta". Os científicos soviéticos foron forzados a denunciar calquera traballo que contradixese o defendido por Lysenko.[42] Prezent acusou os xenetistas, a quen Lysenko e os seus seguidores denominaban "weismannistas-mendelistas-morganistas", de falta de confianza ideolóxica. Na sesión de 1948 da VASKhNIL, Prezent dixo:[36]

Invítasenos a debater aquí. Non discutiremos cos morganistas, continuaremos expoñéndoos como representantes dun movemento nocivo e ideoloxicamente alleo, traído a nós desde países estranxeiros, pseudoscientífico na súa esencia.

Varios xenetistas que rexeitaron denunciar as teorías xenéticas foron executados (entre eles Izrail Agol, Solomon Levit, Grigorii Levitskii, Georgii Karpechenko e Georgii Nadson) ou enviados a campos de traballo. Un destacado crítico de Lysenko, o famoso xenetista soviético e presidente da Academia de Agricultura, Nikolai Vavilov, foi arrestado en 1940 e morreu en prisión en 1943.[43] Miles de científicos foron encarcerados ou despedidos dos seus postos.[10] Antes da década de 1930, a Unión Soviética pode dicirse que tiña unha magnífica comunidade xenética. Segundo o escritor de The Atlantic Sam Kean, "Lysenko destripouna, e segundo se dixo, colocou a bioloxía e agronomía de Rusia medio século máis atrás".[11] O traballo de Lysenko foi finalmente recoñecido por algúns como fraudulento, "pero non antes de que el arruinase as vidas de moitos e destruíse a reputación da bioloxía rusa", segundo o científico Peter Gluckman.[44]

Consecuencias das ideas de Lysenko

[editar | editar a fonte]

Lysenko forzou os agricultores a plantar as sementes moi xuntas, xa que, segundo a súa "lei da vida das especies", as plantas da mesma "clase" nunca compiten unha con outra.[11] As políticas de Lysenko xogaron un papel activo nas fames que mataron millóns de cidadáns soviéticos e as súas prácticas prolongaron e acentuaron as escaseces alimentarias.[11] A República Popular da China baixo o mandato de Mao Zedong adoptou tamén estes métodos, empezando en 1958, con resultados desastrosos, contribuíndo á Gran Fame Chinesa de 1959 a 1962, na cal morreron uns 15–55 millóns de persoas, segundo distintas fontes.[45][46][47][48][49][50][51][52][11]

Despois de Stalin

[editar | editar a fonte]

En 1955, fíxose un intento de sacar do poder a Lysenko por medio dunha carta asinada por máis de trescentos científicos, a chamada "Carta dos trescentos", que foi enviada a Nikita Khrushchev. Isto fixo que Lysenko dimitise temporalmente, pero tornou ao poder pola intervención de Khruschev.[53] Aínda que Lysenko permaneceu no seu posto no Instituto de Xenética ata 1965, a súa influencia nas prácticas agrícolas soviéticas declinara despois da morte de Stalin en 1953.[54] Lysenko mantivo o seu posto, co apoio do novo líder Nikita Khrushchev. Porén, os científicos da corrente principal de pensamento rexurdiron e atoparon unha nova boa disposición dentro do goberno soviético a tolerar as críticas a Lysenko, no que era a primeira oportunidade desde finais da década de 1920. En 1962, tres dos máis salientables físicos soviéticos, Yakov Zeldovich, Vitaly Ginzburg e Pyotr Kapitsa, presentaron un caso contra Lysenko, proclamando que o seu traballo era pseudociencia. Tamén denunciaron a aplicación por Lysenko do poder político para silenciar a oposición e eliminar os opoñentes ás súas teorías dentro da comunidade científica. Estas denuncias ocorreron durante un período de axitgación estrutural no goberno soviético, durante o cal as principais institucións foron purgadas das maquinacións estritamente ideolóxicas e políticas que controlaran o traballo da comunidade científica da Unión Soviética por varias décadas baixo o poder de Stalin.

En 1964 o físico Andrei Sakharov falou contra Lysenko na Asemblea Xeral da Academia de Ciencias da URSS, onde dixo:

É responsable do vergonzoso atraso da bioloxía soviética e da xenética en particular, polo espallamento de ideas pseudocientíficas, por aventurismo, pola degradación da aprendizaxe e pola difamación, despido, arresto, mesmo morte, de moitos científicos xenuínos.

A prensa soviética encheuse rapidamente de artigos antilysenkitas e chamadas á restauración dos métodos científicos en todos os campos da bioloxía e ciencias agrícolas. En 1965,[56][57] Lysenko foi retirado do seu posto como director do Instituto de Xenética na Academia de Ciencias e quedou restrinxido a unha granxa experimental nas cuíñas Lenin de Moscova (o Instituto axiña foi disolto). Despois da dimisión de Nikita Khrushchev en 1964, o presidente da Academia de Ciencias declarou que a inmunidade de Lysenko ás críticas acabara oficialmente. enviouse unha comisión experta a investigar os rexistros gardados na granxa experimental de Lysenko. Reveláronse os seus métodos secretos e ideas. Uns poucos meses despois, fíxose pública unha devastadora crítica a Lysenko.[58] En consecuencia, Lysenko foi inmediatamente desacreditado na Unión Soviética.[59]

Tumba de Lysenko no cemiterio de Kuntsevo en Moscova.

Despois da fin do monopolio de Lysenko sobre a bioloxía e a agronomía, estas ciencias tardaron moitos anos en recuperrse en Rusia. Lysenko morreu en Moscova en 1976, e finalmente foi enterrado no cemiterio de Kuntsevo,[60] aínda que o goberno soviético non anunciou a morte de Lysenko ata dous días despois de que acontecese[61] e deu a noticia do seu pasamento só cunha pequena nota en Izvestia.[62]

As teorías de Lysenko

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lysenkismo.
Lysenko propuxo que había unha influencia do corpo sobre a herdanza similar á teoría da panxénese de Darwin, na que cada parte do corpo emite diminutas xémulas que migran ás gónadas e son transferidas á descendencia. As xémulas críase que se desenvolvían nas partes do corpo asociadasa elas nos descendentes maduros. A teoría implicaba que se herdarían os cambios no corpo acontecidos durante a vida dun organismo, tal como propoñía o lamarckismo.[63]

Lysenko rexeitaba a teoría da herdanza xenética mendeliana en favor da súa propia lóxica, que el denominaba "xenética michurinista". Cría que a teoría de Gregor Mendel era demasiado reaccionaria ou idealista. As ideas de Lysenko eran unha mestura de ideas da súa propia colleita, das do agrónomo ruso Ivan Michurin e das doutros científicos soviéticos.[64] Por medio desta mestura de ideas, Lysenko fundou a "doutrina michurinista".[64] O núcleo das ideas era que as células corporais (o soma) determina a calidade da descendencia dun organismo; cada parte do corpo contribúe ás células xerminais, á maneira da teoría de Darwin da panxénese, aínda que Lysenko negou que houbese ningunha conexión.[65]

Estas ideas non derivaban directamente das teorías biolóxicas establecidas como a xenética mendeliana, o lamarckismo ou o darwinismo. Elaborou estes conceptos xenéticos para apoiar o simple propósito práctico do cultivo e mellora das colleitas. Tamén pretendían refutar outras afirmacións feitas polos seus colegas xenetistas. As súas ideas e presupostos xenéticos empezaron posteriormente a denominarse "lysenkismo". El afirmaba que as súas ideas non estaban asociadas co lamarckismo, pero hai semellanzas entre ambas, como a crenza na herdanza dos caracteres adquiridos.[65] Algunhs das ideas de Lysenko poden tamén parecer vitalistas. Consideraba que as plantas se autosacrificaban, é dicir, non morrían debido a unha falta de luz ou humidade, senón que as plantas sas poden vivir e cando morren deposítanse sobre as raíces en crecemento para axudar á nova xeración a sobevivir.[Cómpre referencia]

Unha das varias afirmacións non demostradas dos lysenkistas: a hibridación vexetativa. O mecanismo implicaría un efecto lamarckista non observado do escallo sobre a planta receptora do enxerto cando se enxerta unha árbore froiteira.[65]

Lysenko pensaba que nunha xeración dunha planta agrícola hibridada, podía seleccionarse o individuo desexado, ser fecundado outra vez e continuar producindo o mesmo produto desexado, non tendo que preocuparse pola separación/segregación en futuras reproducións. Por ese traballo, tivo que aceptar que nunha vida desenvolvería (adquiriría) o mellor conxunto de caracteres para sobrevivir, aqueles que eran pasados á seguinte xeración.[16] Esa presuposición non tiña en conta o potencial para a variación ou mutación.

Lysenko non cría nos xenes e só falou deles para dicir que non existían. En vez diso, cría que calquera corpo vivo obtiña herdanza. Iso significaba que o corpo enteiro podía transmitir a información hereditaria dese organismo, e non era totalmente dependente dun elemento especial como o ADN ou os xenes.[16] Isto deixaba desconcertados aos biólogos do seu tempo porque ía en contra das nocións establecidas da herdanza. Tamén contradicía os principios mendelianos que a maioría dos biólogos estiveran utilizando como fundamento das súas ideas.[66] A maioría dos científicos coidaban que as ideas de Lysenko non eran cribles, porque non explicaban realmente os mecanismos de herdanza. Os biólogos agora consideran que as súas ideas eran pseudocientíficas, con pouca relación coa xenética.[16]

Lysenko argumentou que non hai só competencia, senón tamén asistencia mutua entre individuos dentro dunha mesma especie e que esta axuda mutua tamén existe entre diferentes especies.

Segundo Lysenko,

O organismo e as condicións que necesita para a súa vida son unha unidade inseparable. Diferentes corpos vivos requiren diferentes condicións ambientais para o seu desenvolvemento. Estudando estas necesidades acabamos por saber as características cualitativas da natureza dos organismos, as características cualitativas da herdanza. A herdanza é a propiedade dun corpo vivo de necesitar condicións definidas para a súa vida e desenvolvemento e para responder de forma definitiva a varias condicións.[67]

Outra teoría de Lysenko era que obtermos máis leite das vacas non depende da súa xenética senón de como son tratadas. Canto mellor sexan manexadas e coidadas, máis leite darán; Lysenko e os seus seguidores eran ben coñecidos polo gran coidado con que trataban o seu gando.[68] Por outro lado, Lysenko afirmaba que o cuco nacía cando paxaros xoves como os sílvidos eran alimentados con eirugas peludas polos seus pais (en vez de polo hóspede); non se decataba que os cucos que describía eran parasitos de posta.[69] Os lysenkitas crían que a fertilización non era aleatoria, pero que había unha selección específica da mellor parella. Por razóns como estas, o lysenkismo pode considerarse pseudocientífico.

Despois de rematada a segunda guerra mundial, Lysenko interesouse polos traballos de Olga Lepeshinskaya, unha feldsher (coidadora sanitaria) máis vella e bióloga, que sostiña que podía crear células a partir da xema de ovo e materia non celular. Lepeshinskaya recoñecía que había un terreo común entre as súas ideas e as de Lysenko. Ao combinárense as ideas de ambos era posible proclamar que as células podían crecer a partir de material non celular e que as proporcións preditas da xenéica mendeliana e da meiose eran incorrectas, o que socavaba as bases da citoloxía moderna, así como da xenética.[16]

"A influencia do factor térmico na duración das fases do desenvolemento das plantas"

[editar | editar a fonte]

En Ganja, Lysenko empezou a traballar no estudo da estación de crecemento de plantas agrícolas (algodón, trigo, centeo, avea e cebada). Durante dous anos Lysenko experimentou co momento de sementar o gran, algodón e outras plantas, sementando as plantas a intervalos de 10 días. Baseándose nos resultados destes estudos, en 1928, publicou un amplo traballo, "A influencia do factor térmico na duración das fases do desenvolvemento das plantas".[12] Das 169 páxinas dese traballo, 110 contiñan táboas con datos primarios. O procesamento matemático dos datos levárono a cabo Nikolai Derevitsky e I. Yu. Staroselsky.[3]

Neste traballo Lysenko chegou á conclusión de que cada fase das plantas (rexistráronse sete fases, desde o sementado-rega á colleita final) empeza o seu desenvolvemento "a unha densidade estritamente definida de enerxía térmica, é dicir, a un certo valor, sempre constante, de graos Celsius, e necesita unha certa cantidade de graos día." Levando a cabo o procesamento matemático dos datos iniciais usando o método dos mínimos cadrados, Lysenko determinou os valores das constantes A e B: "o punto de comezo no cal o proceso empeza" e "a suma de graos que cómpren para completar a fase."[3]

En 1927 Lysenko informou das principais partes deste traballo ao "congreso convocado polo Comisariado do Pobo para a Agricultura da RSS de Acerbaixán na estación de Ganja," e despois, en decembro de 1928, na Xuntanza do Trust do Azucre de toda a Unión en Kíiv. Nesta obra, Lysenko cita tres veces o traballo de Gavriil Zaitsev, dedicado aos mesmos temas.[3]

Vernalización

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Vernalización.

O asunto do efecto das baixas temperaturas sobre o desenvolvemento das plantas foi tratado polos famosos fisiólogos Georg Klebs e Gustav Gassner. Por exemplo, Gassner, baseándose nos seus experimentos, estableceu que se as sementes que brotaban de cereal de inverno se expoñían a baixas temperaturas, entón as plantas cultivadas con elas durante a sementeira de primavera rompían.[70]

Traballando na estación de cultivo de Ganja, Lysenko conseguiu tamén acelerar o desenvolvemento das plantas. Baseándose nos seus experimentos, desenvolveu unha técnica para facer xerminar sementes antes de sementalas a temperaturas positivas baixas, o que e denominou vernalización.[70]

Esta técnica era apoiada por varios científicos prominentes de inicios da década de 1930. Por exemplo, Nikolai Vavilov viu que a principal vantaxe da vernalización era a posible simplificación do traballo de cultivo, así como a capacidade de controlar a lonxitude da estación de crecemento das plantas. Ademais, cría que a vernalización podía axudar a preservar as colleitas de inverno da conxelación durante os duros invernos. Vavilov escribiu:[70]

Pode definitivamente sosterse que a vernalización é o logro máis grande no cultivo, porque fixo posible o uso de toda a gama mundial de variedades, que aínda eran inaccesibles para o uso práctico debido á habitual inconsistencia entre a estación de crecemento e a baixa resistencia invernal das formas de inverno do sur.

A principal razón pola que Vavilov apoiou inicialmente o traballo de Lysenko sobre vernalización foi o seu interese no uso potencial da vernalización como medio de sincronizar a floración de varias especies de plantas na colección do Instituto de Industria das Plantas, xa que o equipo de Vavilov atopara problemas nos experimentos de cruzamento de especies que requirían esa sincronización. Porén, Vavilov finalmente deixou de apoiar o uso da vernalización porque o método non producía os resultados esperados.[3]

As colleitas con sementes vernalizadas aumentaron nas granxas da URSS ano tras ano. En particular, en 1935, leváronse a cabo colleitas vernalizadas experimentais de grans de primavera en máis de 40.000 granxas colectivas e do estado que abranguían unha área de 2,1 millóns de hectáreas;[70] en 1937, 8,9 millóns de hectáreas.[71]

Con todo, a introdución masiva da vernalización na agricultura da URSS acabou en fracaso.[3] Os críticos da vernalización explicaron este fracaso, entre outras cousas, pola falta de datos experimentais sobre variedades e rexións da Unión Soviética. Para recoller datos, enviáronse cuestionarios ás granxas colectivas e do estado. O método dos cuestionarios fixo posible fabricar datos, suprimindo resultados negativos, e era conveniente para promover a vernalización.[3] Os datos obtidos por Lysenko e os seus seguidores eran publicados só no xornal Byulleten yarovizatsii, publicado baixo a dirección de Lysenko, ou na prensa soviética. Porén, estas publicacións non apareceron en ningún xornal científico independente.[3]

O método agrícola da vernalización fora criticado por expertos por razóns como a posibilidade de danar as sementes durante o proceso de remollado, xerminación e sementeira, o gran traballo que daba esta operación e a maior vulnerabilidade das plantas vernalizadas a fungos como o carbón. Os críticos da vernalización na década de 1930 eran, por exemplo, Pyotr Konstantinov, S. Levitsky (polaco),[70] Pyotr Lisitsyn e Doncho Kostov.[3]

A vernalización dos cereais durante a segunda guerra mundial (primavera de 1942-1945) e o período de posguerra non tivo un amplo uso industrial. Pravda, nun editorial datado o 14 de decembro de 1958, argumentaba que despois da introdución masiva da tecnoloxía nas granxas soviéticas, que fixo posible sementar nun menor tempo, a vernalización das sementes "xa non era necesaria". Porén, a vernalización, segundo o xornal, seguía producindo "notables resultados" no cultivo do millo miúdo e as patacas.[3]

Teoría do desenvolvemento por estadios das plantas

[editar | editar a fonte]

Para confirmar os seus desenvolvementos no campo do cultivo de plantas, Lysenko presentou a teoría do desenvolvemento por estadios das plantas. A esencia da teoría era que as plantas superiores deben pasar por varios estadios ou fases durante as súas vidas antes de produciren sementes. Para pasaren ao seguinte estadio, cómpre que se dean certas condicións específicas.

En 1935, Lysenko escribiu:[71]

Esta teoría procede do feito de que todo nunha planta, cada unha das súas propiedades, características etc., é o resultado do desenvolvemento dunha base hereditaria en condicións ambientais específicas. A base hereditaria é o resultado da historia filoxenética previa completa. O resultado desta historia biolóxica, que foi creada por medio da selección de adaptacións a certas condicións de existencia, son as demandas que un organismo vexetal a través da súa historia inividual, empezando desde o cigoto, fai para certas condicións do seu desenvolvemento. Estas necesidades son a outra cara das adaptacións desenvolvidas no proceso histórico.

Baseándose nesta teoría, Lysenko propuxo a vernalización de cereais de inverno e primavera, patacas e outras plantas agrícolas.[72][36]

As estipulacións da teoría de Lysenko sobre o desenvolvemento por estadios das plantas, segundo os seus críticos, eran ata certo punto consistentes co nivel de coñecementos da década de 1930, mais non todas elas estaban confirmadas experimentalmente.[70] Os defectos da teoría do desenvolvemento por estadios foron sinalados por Mikhail Chailakhyan entre outros.[70] En especial, os críticos argumentaban que incluso sen unha vernalización preliminar, varias variedades de plantas teñen unha reacción fotoperiódica e quedan atrasadas no seu desenvolvemento cando o período de luz diúrna se reduce.[70]

Plantación de patacas de verán

[editar | editar a fonte]

Nas rexións do sur da Unión Soviética, as patacas propagadas vexetativamente producían gradualmente tubérculos máis pequenos, que, ademais, sufrían grandes podremias. Para combater isto, Lysenko propuxo a plantación de patacas no verán, argumentando que a "deterioración da variedade" de patacas pode deterse non plantándoas en solo quente senón frío, ao final do verán.[3][36]

O 11 de xaneiro de 1941, nunha conferencia dada no Museo Politécnico, Lysenko declarou:[73]

Previamente, era de coñecemento común que se, en condicións comparables, se planta material para a plantación de polo menos a variedade Rosa Temperá, obtida da colleita da rexión de Moscova, e material para a plantación da mesma variedade, pero obtida da colleita da rexión de Odesa, entón, case sen excepción, o rendemento do material para plantación da rexión de Moscova sempre será significativamente maior que o rendemento do material para plantación da rexión de Odesa. Agora podemos citar moitos datos experimentais da orde oposta. E no pasado, 1940, nos experimentos de Ivan Glushchenko (investigador asociado ao Instituto de Xenética da Academia de Ciencias da URSS) nun sitio preto de Moscova, obtívose unha colleita de patacas da variedade Rosa Temperá a partir de tubérculos da reprodución de verán do sur (Instituto de Hibridación e Xenética, Odesa) de 480,5 medios quintais por hectárea, e nas mesmas condicións a mesma variedade de orixe local (rexión de Moscova, Instituto do Cultivo de Patacas) conseguiu un rendemento de 219,5 medios quintais por hectárea. Todo isto suxire que non é que as patacas de plantación de verán no sur sexan unha maneira de parar a dexeneración da variedade de pataca, senón que son unha maneira de mellorar a variedade de pataca.

Porén, igual que coa vernalización, os datos recollíanse usando cuestionarios, facendo que os resultados fosen doados de falsificar, e todos os datos científicos obtidos nunca foron publicados. Cando a plantación en verán non producía ningún resultado positivo, Lysenko suxería enterrar as patacas colleitadas en gavias, estrar unha capa de terra sobre unha capa de patacas, argumentando que isto reduciría as perdas por podremia dos tubérculos. Porén, os tubérculos enterrados en gavias causaron enormes perdas nas colleitas, así como unha intensificación da podremia dos tubérculos.[3]

Lysenko ignoraba a verdadeira razón da dexeneración das patacas para plantación: virus das patacas (uns dos que máis dexeneración causan son o PLRV, PVX e PVY), pero os substituía con ideas abstractas sobre a "deterioración da variedade de pataca".[3] Ignorando o papel dos virus na dexeneración das patacas de plantación e a subseguinte prohibición de investigación sobre os virus das patacas levou a un atraso significativo no desenvolvemento de métodos para detectar os virus de plantas na URSS, o espallamento de virus non só no sur senón tamén noutras rexións da Unión Soviética, e, como resultado, unha forte caída do rendemento das colleitas de patacas.[3]

Sementar sobre restreba

[editar | editar a fonte]

A literatura soviética das décadas de 1940-50 e os seguidores de Lysenko atribúenlle a el varios logros, incluíndo a idea de sementar sobre restreba para protexer as colleitas de inverno da xeada.[36][74]

En 1943, Lysenko afirmou o seguinte:[75]

Colocar unha capa de restreba de 25-30 cm de altura protexe as partes que están por riba do chan das plantas da acción mecánica destutiva do vento. A restreba retén a neve, o cal tamén protexe as plantas non só da xeada, senón tamén da acción dos ventos. A terra non arada e compactada case non ten ocos grandes. Polo tanto, en cultivos sobre restreba, non se observan grandes cristais de xeo no chan, os cales teñen un efecto prexudicial, danando as raíces e nós de brotes das plantas de inverno.

Sementar sobre restreba, malia as vantaxes do método (retención da neve e mellores condicións de temperatura para as sementes das plantas que pasan o inverno en condicións siberianas), foi criticado por encher os campos de malas herbas, xa que isto exclúe o uso da tecnoloxía agrícola convencional: arado da superficie, que provoca a xerminación das malas herbas, e o posterior arado de primavera. En ausencia naquela época de herbicidas, isto levou ao crecemento de malas herbas nos campos.[76]

Nikolai Tsitsin, nunha carta enviada a Stalin datada o 2 defebreiro de 1948, indica o baixo rendemento en gran en colleitas sobre restreba:[77]

En 1944, en sete distritos rexistrados da rexión de Novosibirsk, o rendemento medio do centeo de inverno sobre restreba era de 3,6 medios quintais por hectárea. No mesmo ano na rexión de Chelyabinsk, a media do rendemento do centeo era igual ao de barbeitos moi pobres, 4,3 medios quintais por hectárea; para o [campo] arado en setembro fresco, 2,6 medios quintais por hectárea; para [cultivo sobre] restreba, 1,8 medios quintais por hectárea. No mesmo ano, para todas as granxas do estado do Trust de Gran de Omsk do Ministerio das granxas do Estado, o rendemento sobre restreba era tamén moi baixo; era igual a 11,1 medios quintais por hectárea para barbeitos e 5,1 medios quintais por hectárea sobre restreba. ... En 1945, nunha das mellores granxas do estado na rexión de Omsk, “Lesnoy”, dunha área de cultivos de trigo de inverno de 91 hectáreas, sementadas de acordo con todas as regras recomendadas polo académico Lysenko, só se colleitaron 6 medios quintais de gran, isto é unha media de 7 kg por hectárea, así como enormes moreas de varias malas herbas, que, por certo, foran sementadas nas súas masas polo tempo da colleita. O mesmo ano, na granxa estatal veciña “Boevoy”, todas as 67 hectáreas de cultivos sobre restreba de trigo de inverno foron completamente destruídas. Finalmente, o último ano, 1946, no mesmo Instituto de Investigación Siberiano, dirixido polo académico Lysenko, dun totla de 150 [ha] de cultivos sobre restreba, 112 hectáreas foron aradas, desde entón só un tipo de mala herba creceu nelas.

Citando exemplos negativos de colleitas sobre restreba, Tsitsin explicou os exemplos positivos polo feito de que "nas duras condicións de Siberia, hai ocasionalmente anos excepcionalmente favorables". En xeral, considerou que o traballo sobre o uso da restreba non era prometedor, considerando, ao contrario, que estaba máis xustificado o traballo para intentar incrementar a resistencia dos grans ás condicións invernais con híbridos de trigo con Agropyron, hibridacións distantes con plantas silvestres e o uso de barbeitos e barbeitos semicultivados.[77]

Herdanza dos caracteres adquiridos

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lamarckismo.

O desacordo fundamental entre os xenetistas mendelianos e Lysenko debíase á posibilidade de herdanza de caracteres que se orixinan durante o desenvolvemento indvidual dos organismos, por exemplo, baixo a influencia de factores ambientais ou durante o enxerto (hibridación vexetativa). A idea de que esas características non podían herdarse está asociada cunha comprensión distorsionada dos principios formulados por August Weismann, segundo os cales as células somáticas non poden transmitir información ás células xerminais. De feito, Weisman admitiu a posibilidade da influencia ambiental sobre a substancia que determinaba a herdanza.[78]

O propio Lysenko, na sesión de agosto de 1948 da VASKhNIL, argumentaba o seguinte sobre a herdanza dos caracteres adquiridos:[36]

Así, a posición sobre a posibilidade de herdanza de desviacións adquiridas (este é o maior logro na historia da ciencia, o fundamento do cal púxoo Lamarck e foi organicamente dominado posteriormente nas ensinanzas de Darwin) foi tirado pola borda polos mendelianos-morganistas.

Obras (con tradución inglesa)

[editar | editar a fonte]

Honras e premios

[editar | editar a fonte]
  • Heroe do Traballo Socialista (1945)[79]
  • Orde de Lenin, oito veces (1935, 1945, 1945, 1948, 1949, 1953, 1958, 1961)
  • Medalla "Polo Valor no Traballo" (1959)
  • Medalla do Xubileo "En conmemoración do 100º aniversario do nacemento de Vladimir Ilyich Lenin" (1969)
  • Medalla "Pola Valentía no Traballo na Gran Guerra Patriótica 1941–1945" (1945)
  • Medalla "En conmemoración do 800º aniversario de Moscova" (1947)
  • Premio Stalin, tres veces (1941, 1943, 1949)
  • Orde do Estandarte Vermello do Traballo da RSS de Ucraína (1931)
  • Medalla de Ouro I.I. Mechnikov (1950)

Na Unión Soviética existiron rúas que levavaban o nome de Lysenko en varias cidades, como Krasnoturyinsk.[80]

Arkady e Boris Strugatsky citaron a Lysenko como a inspiración do personaxe do profesor Ambrosy Ambruazovich Vybegallo da súa novela de fantasía científica satírica de 1965 O luns empeza o sábado:[81]

O profesor Vibegallo está baseado no unha vez famoso académico Lysenko, que puxo toda a bioloxía rusa polo chan, pasou máis de trinta anos facendo cousas sen sentido e ao mesmo tempo non só destruíu toda a nosa ciencia biolóxica, senón tamén pisoteou todo o que estaba ao seu arredor, destruíndo (fisicamente, coa axuda do NKVD) todos os mellores xenetistas da URSS, empezando por Vavilov. O noso Vibegallo é exactamente o mesmo demagogo, ignorante e malfalado, pero está moi lonxe do seu prototipo!
Boris Strugatsky
  1. Pronunciado en ucraíno AFI: [troˈxɪm deˈnɪsowɪtʃ lɪˈsɛnko]
  2. Un agrónomo pouco educado con enormes ambicións, Lysenko non conseguiu converterse nun científico real, senón que tivo grande éxito en sacar á luz os inimigos “burgueses do pobo.” Dese “escallo” que foi “enxertado” no tronco do réxime totalitario stalinista, podían esperarse resultados impresionantes, e abofé que se obtiveron. Reznik, Semyon; Fet, Victor (setembro de 2019). "The destructive role of Trofim Lysenko in Russian Science". European Journal of Human Genetics 27 (9): 1324–1325. PMC 6777473. PMID 31089207. doi:10.1038/s41431-019-0422-5. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 3,17 3,18 3,19 3,20 3,21 "Валерий Сойфер". Интернет-журнал "Русский переплет" (en ruso). 1931-05-15. Arquivado dende o orixinal o 2019-03-30. Consultado o 2024-05-08. 
  4. Sterling, Bruce (xuño de 2004). "Suicide by pseudoscience". Wired 12 (6). 
  5. Gordin, Michael D. (2012). "How Lysenkoism became pseudoscience: Dobzhansky to Velikovsky". Journal of the History of Biology 45 (3): 443–468. PMID 21698424. doi:10.1007/s10739-011-9287-3. 
  6. Caspari, E. W.; Marshak, R. E. (1965). "The Rise and Fall of Lysenko". Science 149 (3681): 275–278. Bibcode:1965Sci...149..275C. PMID 17838094. doi:10.1126/science.149.3681.275. 
  7. "Yongsheng Liu «Lysenko's Contributions to Biology and His Tragedies», 2004". 2011-04-30. Arquivado dende o orixinal o 2009-02-01. Consultado o 2024-05-08. 
  8. 8,0 8,1 "Лысенко Трофим Денисович". Герои страны (en ruso). 2019-10-24. Arquivado dende o orixinal o 2019-12-23. Consultado o 2024-05-08. 
  9. 9,0 9,1 Graham, Loren (1993). Science in Russia and the Soviet Union. Press Syndicate of the University of Cambridge. pp. 101–132. ISBN 0-521-24566-4. 
  10. 10,0 10,1 Birstein, Vadim J. (2013). The Perversion Of Knowledge: The True Story Of Soviet Science. Perseus Books Group. ISBN 9780786751860. Consultado o 2016-06-30. O académico Schmalhausen, os profesores Formozov e Sabinin, e outros 3000 biólogos, vítimas da sesión de agosto de 1948, perderon os seus traballos profesionais debido á súa integridade e principios morais [...] 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 "The Soviet Era's Deadliest Scientist Is Regaining Popularity in Russia". The Atlantic. 19 de decembro de 2017. 
  12. 12,00 12,01 12,02 12,03 12,04 12,05 12,06 12,07 12,08 12,09 12,10 12,11 12,12 12,13 12,14 12,15 12,16 12,17 12,18 12,19 "Lysenko" (PDF). ihst.ru. 2007-03-08. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2007-10-10. Consultado o 2024-05-11. 
  13. "«The Lysenko effect: undermining the autonomy of science" (PDF). lysvav.narod.ru. 2014-02-03. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2013-09-27. Consultado o 2024-05-11. 
  14. "Лысенко Трофим Денисович". Биографии выдающихся личностей (en ruso). 2015-09-23. Arquivado dende o orixinal o 2008-05-04. Consultado o 2024-05-11. 
  15. Li, X.; Liu, Y. (2010). "The conversion of spring wheat into winter wheat and vice versa: False claim or Lamarckian inheritance?". Journal of Biosciences 35 (2): 321–325. PMID 20689187. doi:10.1007/s12038-010-0035-1. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 Joravsky 1986.
  17. Graham, Lo-ren R. (2006). Moscow Stories. Bloomington, Indiana: Indiana University Press. pp. 120–25, 290. ISBN 978-0-25-30007-43. 
  18. Chouard, P. (1960). "Vernalization and its relations to dormancy". Annual Review of Plant Physiology 11 (1): 191–238. doi:10.1146/annurev.pp.11.060160.001203. 
  19. Amasino, R. (2004). "Vernalization, competence, and the epigenetic memory of winter". The Plant Cell 16 (10): 2553–2559. PMC 520954. PMID 15466409. doi:10.1105/tpc.104.161070. 
  20. Селекционно-генетический институт
  21. "Н. И. Вавилов и Т. Д. Лысенко в пространстве историко-научных дискуссий • Библиотека". «Элементы» (en ruso). Consultado o 2024-05-12. 
  22. "Из итогов работы 1934 года". И.В.Мичурин «Итоги шестидесятилетних работ» (en ruso). Consultado o 2024-05-12. 
  23. "Т.Д.Лысенко «О внутрисортовом скрещивании растений самоопылителей», 1936 г.". Лысенкоизм.Народ.Ру (en ruso). 2012-11-20. Arquivado dende o orixinal o 2009-01-16. Consultado o 2024-05-13. 
  24. Medvedev 1969, p. 55.
  25. 25,0 25,1 25,2 Medvedev 1969, p. 52.
  26. 26,0 26,1 Medvedev 1969, p. 53.
  27. 27,0 27,1 Medvedev 1969, p. 59.
  28. Medvedev 1969, p. 58.
  29. Medvedev 1969, p. 71.
  30. "Т.Д.Лысенко «Ближайшие задачи советской сельскохозяйственной науки», 1942 г.". Лысенкоизм.Народ.Ру (en ruso). Consultado o 2024-05-14. 
  31. 31,0 31,1 Medvedev 1969, p. 77.
  32. "Сроку давности не подлежит" (en ruso). 2009-07-13. Arquivado dende o orixinal o 2010-10-13. Consultado o 2024-05-13. 
  33. "Т.Д.Лысенко «Ближайшие задачи советской сельскохозяйственной науки», 1942 г.". Лысенкоизм.Народ.Ру (en ruso). 2009-10-24. Arquivado dende o orixinal o 2009-01-06. Consultado o 2024-05-13. 
  34. "Генетика (БСЭ)". Т.Лысенко (en ruso). 2007-03-19. Arquivado dende o orixinal o 2009-01-03. Consultado o 2024-05-13. 
  35. "1948. Письмо Лысенко Сталину и Жданову / Письмо Лысенко Бенедиктову". Лысенкоизм.Народ.Ру (en ruso). Consultado o 2024-05-14. 
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 36,4 36,5 36,6 "Сессия ВАСХНИЛ-1948. О положении в биологической науке (стенографический отчeт)". Lib.Ru (en ruso). 2004-07-22. Consultado o 2024-05-13. 
  37. 37,0 37,1 Borinskaya, Svetlana A.; Ermolaev, Andrei I.; Kolchinsky, Eduard I. (2019). "Lysenkoism Against Genetics: The Meeting of the Lenin All-Union Academy of Agricultural Sciences of August 1948, Its Background, Causes, and Aftermath". Genetics 212 (1): 1–12. ISSN 0016-6731. PMC 6499510. PMID 31053614. doi:10.1534/genetics.118.301413. 
  38. 38,0 38,1 Graham, Loren R. (1972). Science and Philosophy in the Soviet Union. Knopf. p. 208. 
  39. Fitzpatrick, Sheila (1994). Stalin's Peasants: Resistance and Survival in the Russian Village after Collectivization. Oxford University Press. pp. 4–5. 
  40. Krementsov, Nikolai (1997). Stalinist Science. Princeton University Press. 
  41. Harman, Oren Solomon (2003). "C. D. Darlington and the British and American Reaction to Lysenko and the Soviet Conception of Science". Journal of the History of Biology 36 (2 (Summer 2003)): 309–352. JSTOR 4331804. PMID 12945539. doi:10.1023/A:1024483131660. 
  42. Wrinch, Pamela N. (xullo de 1951). "Science and Politics in the U.S.S.R.: The Genetics Debate". World Politics 3 (4): 486–519. JSTOR 2008893. doi:10.2307/2008893. 
  43. Cohen, Barry Mandel (1991). "Nikolai Ivanovich Vavilov: the explorer and plant collector". Economic Botany 45 (1 (xaneiro-marzo de 1991)): 38–46. JSTOR 4255307. doi:10.1007/BF02860048. 
  44. Gluckman, Peter (2009). Principles of Evolutionary Medicine. Oxford University Press. pp. 81. ISBN 978-0199236398. 
  45. Smil, Vaclav (18 de decembro de 1999). "China's great famine: 40 years later". BMJ: British Medical Journal 319 (7225): 1619–1621. ISSN 0959-8138. PMC 1127087. PMID 10600969. doi:10.1136/bmj.319.7225.1619. 
  46. Gráda, Cormac Ó (2007). "Making Famine History". Journal of Economic Literature 45 (1): 5–38. ISSN 0022-0515. JSTOR 27646746. doi:10.1257/jel.45.1.5. hdl:10197/492. 
  47. Meng, Xin; Qian, Nancy; Yared, Pierre (2015). "The Institutional Causes of China's Great Famine, 1959–1961" (PDF). Review of Economic Studies 82 (4): 1568–1611. doi:10.1093/restud/rdv016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de marzo de 2020. Consultado o 22 de abril de 2020. 
  48. Hasell, Joe; Roser, Max (10 de outubro de 2013). "Famines". Our World in Data. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 22 de abril de 2020. 
  49. Dikötter, Frank. "Mao's Great Famine: Ways of Living, Ways of Dying" (PDF). Dartmouth University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2021. 
  50. Branigan, Tania (1 de xaneiro de 2013). "China's Great Famine: the true story". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Arquivado dende o orixinal o 10 xaneira de 2016. Consultado o 22 de abril de 2020. 
  51. "China's Great Famine: A mission to expose the truth". Al Jazeera. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2020. Consultado o 22 de abril de 2020. 
  52. {{Cite web|url=https://qz.com/633457/charted-chinas-great-famine-according-to-yang-jisheng-a-journalist-who-lived-through-it/%7Ctitle=Charted[Ligazón morta]: China's Great Famine, according to Yang Jisheng, a journalist who lived through it|last=Huang|first=Zheping|website=Quartz|date=10 de marzo de 2016 |language=en|access-date=22 de abril de 2020|archive-url=https://web.archive.org/web/20200525094610/https://qz.com/633457/charted-chinas-great-famine-according-to-yang-jisheng-a-journalist-who-lived-through-it/%7Carchive-date%3D25 de maio 2020
  53. Fujiyoka, Tsuyoshi (2016). "Japanese Lysenkoists after Lysenko's Downfall" (PDF). Historia Scientiarum 26 (1): 15–24. 
  54. "Lysenko, Trofim Denisovich". Encyclopædia Britannica Online. 16 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  55. Norman L., Qing Ni Li, Yuan Jian Li (2003) Biography of Andrei Sakharov, dissent period Arquivado 21 de maio de 2011 en Wayback Machine.. The Seevak Website Competition
  56. Cohen, B. M. (1965). "The descent of Lysenko". The Journal of Heredity 56 (5): 229–233. doi:10.1093/oxfordjournals.jhered.a107425. 
  57. Cohen, B.M. (1977). "The demise of Lysenko" (PDF). The Journal of Heredity 68 (1): 57. doi:10.1093/oxfordjournals.jhered.a108776. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de abril de 2011. 
  58. Joravsky 1986, p. 184.
  59. "Trofim Denisovich Lysenko Facts". yourdictionary.com. LoveToKnow Corp. Consultado o 20 de abril de 2014. 
  60. Krementsov, Nikolai; Dejong-Lambert, William (2017). ""Lysenkoism" Redux: Introduction". The Lysenko Controversy as a Global Phenomenon, Volume 1. Palgrave Studies in the History of Science and Technology. Springer. pp. 1–34. ISBN 9783319391762. doi:10.1007/978-3-319-39176-2_1. 
  61. "Russian Biologist Dead at 78"; in "Obituaries"; Beaver County Times, 24 de novembro de 1976; p. A4
  62. ‘Soviet Biologist Lysenko Dies in Obscurity’; Pittsburgh Post-Gazette; 24 de novembro de 1976, p. 8
  63. Holterhoff, Kate (2014). "The History and Reception of Charles Darwin's Hypothesis of Pangenesis". Journal of the History of Biology 47 (4): 661–695. PMID 24570302. doi:10.1007/s10739-014-9377-0. 
  64. 64,0 64,1 Liu, Yongsheng (2004). "Lysenko's contributions to biology and his tragedies". Theoretical Biology Forum 97 (3): 483–498. ISSN 0035-6050. PMID 15754596. 
  65. 65,0 65,1 65,2 Leone, Charles A. (1952). "Genetics: Lysenko versus Mendel". Transactions of the Kansas Academy of Science 55 (4): 369–380. ISSN 0022-8443. JSTOR 3625986. doi:10.2307/3625986. 
  66. Graham, Loren (1998). What Have We Learned About Science and Technology from the Russian Experience?, Palo Alto: Stanford University Press.
  67. "Soviet Biology". marxists.org. 
  68. Graham, Loren (2006). Moscow Stories. Bloomington, Indiana: Indiana University Press. pp. 120–26. ISBN 0-253-34716-5. 
  69. Joravsky 1986, p. 398.
  70. 70,0 70,1 70,2 70,3 70,4 70,5 70,6 70,7 "11 Онтогенез растений". afonin-59-bio.narod.ru. 2012-02-03. Arquivado dende o orixinal o 2012-03-06. Consultado o 2024-05-11. 
  71. 71,0 71,1 "Т. Д. Лысенко «Агробиология»". Теоретические основы яровизации (1935) (en ruso). 2016-09-16. Arquivado dende o orixinal o 2012-11-20. Consultado o 2024-05-11. 
  72. "Лысенко Трофим Денисович". Биографии выдающихся личностей (en ruso). Consultado o 2024-05-13. 
  73. "Т. Д. Лысенко «Агробиология»". Организм и среда (1943) (en ruso). Consultado o 2024-05-13. 
  74. "газета "Дуэль" : политика экономика Россия поединок история цензура демократия борьба общество идея". duel.ru. 2007-03-21. Arquivado dende o orixinal o 2008-05-02. Consultado o 2024-05-13. 
  75. "Т.Д.Лысенко «Ближайшие задачи советской сельскохозяйственной науки», 1942 г.". Лысенкоизм.Народ.Ру (en ruso). Consultado o 2024-05-13. 
  76. Shkrob, A.M. (2016-01-01). "VIVOS VOCO: Ю.Н. Вавилов, "Август 1948. Предыстория"". VIVOS VOCO! (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 2012-10-20. Consultado o 2024-05-13. 
  77. 77,0 77,1 "Вестник Российской Академии наук том 68, № 12". ras.ru. 2015-09-24. Arquivado dende o orixinal o 2014-01-10. Consultado o 2024-05-13. 
  78. Graham 2016, p. 20.
  79. Куценко А. С., Смирнов Ю. Д. Ордена Советских республик. Донецк, РИП «Лебедь», 1996.
  80. "А вы знаете, где улица Эйзенаха? Возможно, единственная в мире". Краснотурьинск.инфо (en ruso). Consultado o 2024-05-14. 
  81. OFF-LINE интервью с Борисом Стругацким. [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]