Tshekardocoleidae
Tshekardocoleidae Rango fósil: Cisuraliano-Guadalupiano | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fósil e restauración vital de Moravocoleus permianus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
Ver texto |
Tshekardocoleidae é unha familia extinguida de escaravellos, coñecida desde o Permiano. Representa algúns dos escaravellos máis antigos. Igual que outros escaravellos primitivos, pénsase que debían ser xilófagos.[1] Apareceron durante o Cisuraliano e acabaron extinguíndose ao principio do Guadalupiano.[1] Existe un suposto rexistro no Xurásico, mais é dubidoso.[2] O escaravello máis antigo coñecido, Coleopsis, foi asignado orixinalmente a esta familia, pero agora está clasificado na súa propia familia, a Coleopsidae.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Kirejtshuk (2020) incluíu os seguintes xéneros en Tshekardocoleidae[2]
- †Avocoleus Ponomarenko, 1969 - xacemento de Obora (Permiano Sakmariano 295 a 290,1 Ma); Moravia, República Checa
- †Avocoleus fractus (Kukalová, 1969) (especie tipo)
- †Avocoleus neglegens (Kukalová, 1969)
- †Boscoleus Kukalová, 1969 - xacemento de Obora (Permiano Sakmariano 295 a 290,1 Ma); Moravia, República Checa
- †Boscoleus blandus Kukalová, 1969 (especie tipo)
- †Eocoleus Kukalová, 1969 - xacemento de Obora (Permiano Sakmariano 295 a 290,1 Ma); Moravia, República Checa
- †Eocoleus scaber Kukalová, 1969 (especie tipo)
- †Moravocoleus Kukalová, 1969 - xacemento de Obora (Permiano Sakmariano 295 a 290,1 Ma); Moravia, República Checa
- †Moravocoleus permianus Kukalová, 1969 (especie tipo)
- †Permocoleus Lubkin & Engel, 2005 - membro Midco (Permiano, Artinskiano 290,1 a 279,3 Ma); Noble County, Oklahoma, EUA
- †Permocoleus wellingtoniensis Lubkin & Engel, 2005 (especie tipo)
- †Prosperocoleus Kukalová, 1969 - xacemento de Obora (Permiano Sakmariano 295 a 290,1 Ma); Moravia, República Checa
- †Prosperocoleus prosperus Kukalová, 1969 (especie tipo)
- †Retelytron Kukalová, 1965 - xacemento de Obora (Permiano Sakmariano 295 a 290,1 Ma); Moravia, República Checa
- †Retelytron conopeum Kukalová, 1965 (especie tipo)
- †Sylvacoleodes Ponomarenko, 1963 - xacemento de Tshekarda (Permiano Kunguriano 295 a 290,1 Ma); Suksun, krai de Perm, Rusia
- †Sylvacoleodes admirandus Ponomarenko, 1963 (especie tipo)
- †Sylvacoleus Ponomarenko, 1963 - xacemento de Tshekarda (Permiano Kunguriano 295 a 290,1 Ma); Suksun, krai de Perm, Rusia
- †Sylvacoleus richteri Ponomarenko, 1963 (especie tipo)
- †Sylvacoleus sharovi Ponomarenko, 1963
- †Tshekardocoleus Rohdendorf, 1944 - xacemento de Tshekarda (Permiano Kunguriano 295 a 290,1 Ma); Suksun, krai de Perm, Rusia
- †Tshekardocoleus magnus Rohdendorf, 1944 (especie tipo)
- †Tshekardocoleus minor Ponomarenko, 1963
- †Umoricoleus Kukalová, 1969 - xacemento de Obora (Permiano Sakmariano 295 a 290,1 Ma); Moravia, República Checa
- †Umoricoleus perplex Kukalová, 1969 (especie tipo)
- †Votocoleus Kukalová, 1969 - xacemento de Obora (Permiano Sakmariano 295 a 290,1 Ma); Moravia, República Checa
- †Votocoleus submissus Kukalová, 1969 (especie tipo)
O xénero Uralocoleus foi situado nesta familia por algúns autores, pero a especie tipo Uralocoleus splendens Zalessky 1947 foi considerada incertae sedis por Kirejtshuk (2020) como un posible escaravello ou cascuda. A segunda especie situada no xénero "Uralocoleus" ultimus foi retirada da súa clasificación en Uralocoleus e pasou a considerarse "genus incertus" ultimus Ponomarenko, 2000.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Zhao, Xianye; Yu, Yilun; Clapham, Matthew E; Yan, Evgeny; Chen, Jun; Jarzembowski, Edmund A; Zhao, Xiangdong; Wang, Bo (2021-11-08). Perry, George H; Fikacek, Martin, eds. "Early evolution of beetles regulated by the end-Permian deforestation". eLife 10: e72692. ISSN 2050-084X. doi:10.7554/eLife.72692.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Kirejtshuk, Alexander G. (2020-02-17). "Taxonomic Review of Fossil Coleopterous Families (Insecta, Coleoptera). Suborder Archostemata: Superfamilies Coleopseoidea and Cupedoidea". Geosciences 10 (2): 73. Bibcode:2020Geosc..10...73K. ISSN 2076-3263. doi:10.3390/geosciences10020073.