Tulsidas
Nome orixinal | (hi) तुलसीदास |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (hi) गोस्वामी तुलसीदास 1532 (Gregoriano) Rajapur, India (en) |
Morte | 1623 (90/91 anos) Assi Ghat, India (en) |
Relixión | Vishnuísmo e Bhakti (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, filósofo, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Granat Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Gosvāmī Tulsīdās, Tulasī Dāsa ou Tulsidas (en devanágari: तुलसीदास), nado en 1532 e finado en 1623, foi un poeta, filósofo, compositor e autor do Ramacharitamanasa, un poema épico dedicado ao deus hindú Rāma.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tulsidas naceu en Shraavan Shukla Saptami, Vikrami Samvat en Rajapur, Uttar Pradesh,[1] durante o reinado de Humayun.
Encarnación de Valmiki
[editar | editar a fonte]Tulsidas é visto como unha encarnación de Valmiki. En Bhavishyottar Purana, Lord Shiva di a Mata Parvati como Maharshi Valmiki conseguiu a axuda de Lord Hanumaan para cantar ShriRaamKathaa na lingua vernacular en Kaliyuga. Esta profecía de Lord Shiva materializouse no Shraavan Shukla Saptami, Vikrami Samvat 1554, cando Maharshi Valmiki naceu como Tulsidas:
वाल्मीकिस्तुलसीदासः कलौ देवि भविष्यति रामचन्द्रकथामेतां भाषाबद्धां करिष्यतिBhavishyottar Purana, Pratisarga Parva, 4.20
Nabhadas, un contemporáneo de Tulsidas e un gran devoto, tamén describe a Tulsidas como unha encarnación de Valmiki na súa obra Bhaktmaal. Mesmo a seita Ramanandi, á que pertencía Tulsidas, cría firmemente que era o mesmo Valmiki quen se encarnara como Tulsidas nesta Kaliyuga.[2]
Carreira literaria
[editar | editar a fonte]Rāmacharitamānasa
[editar | editar a fonte]Ramacharitamanasa, un poema épico consagrado a Rāma, foi a versión en awadhi do Rāmāyana de Valmiki. Ademais do awadhi, atópanse outras linguas no poema, tales como "Bhojpuri", " Brijbhasa" e "a lingua local da poboación de Chitrakut". Como moitas traducións do Rāmāyana orixinal en sánscrito, é lido e venerado con gran reverencia en moitas casas hindús na India. É un libro que contén coplas en forma de verso denominadas chaupai.
Denomínase Tulsi-krita Ramayana e é moi coñecido entre faltas de hindi na India. Moitos dos seus verson son proverbios populares nesa rexión. As frases de Tulsidas pasaran á fala común e son empregadas por millóns de falantes de hindi, e incluso por falantes de urdú sen que os falantes sexan conscientes da súa orixe. Os seus ditos non só son proverbios: en realidade, a súa doutrina forma unha forte influencia relixiosa no hinduísmo actual, e se ben non fundou ningunha escola e nunca foi coñecido como gurú ou mestre, é aceptado en moitas partes como un poeta e un santo, un guía inspirado e autorizado en relixión e a condución da vida.
Tulsidas declarouse a si mesmo como seguidor do mestre Narhari Das, de quen leu na súa mocidade por vez primeira o relato das explotacións de Rāma que formarían o tema do Rāmacaritamānasa. Narhari Das foi o sexto en ascendencia espiritual de Ramananda, un fundador do vishnuísmo no norte da India, quen é tamén coñecido polos seus famosos poemas.
Outras obras
[editar | editar a fonte]Ademais de Rāmacaritamānasa, Tulsidas é o autor de cinco longos e seis curtos traballos, a maioría das cales tratan sobre o tema de Rāma, as súas obras e devoción:
- o Dohavali, consiste en 573 dohas e versos sortha misceláneos;
- o Kabitta Ramayan ou Kavitavali;
- o Gitavali;
- o Krishnavali ou Krishna gitavali, unha colección de 61 cancións en honra de Krishna, no dialecto kanauji do hindi: a autenticidade deste es dudosa;
- o Vinaya Patrika ou Libro de peticións, unha serie de himnos e oracións, dos cales os 43 primeiros están dirixidos aos deuses menores e o resto (nº 44-279) ao mesmo Rāma.
As súas obras menores inclúen Baravai Ramayana, Janaki Mangal, Ramalala Nahachhu, Ramajna Prashna, Parvati Mangal, Krishna Gitavali, Hanuman Bahuka, Sankata Mochana e Vairagya Sandipini[3] Das pequenas composicións, a máis interesante é Vairagya Sandipani, un poema que describe a natureza e grandeza dun home santo e a paz verdadeira que alcanza.
A obra literaria máis famosa e lida de Tulsidas, fóra do Ramayana, é o Hanuman Chalisa, un poema dedicado a Hánuman que moitos hindús recitan como unha oración.
Fontes e manuscritos
[editar | editar a fonte]Na tradución de Growse do Rāmacaritamānasa,[4] atópase o texto e a tradución das pasaxes no Bhagatmala de Nabhaji e o seu comentario, que son a autoridade orixinal principal para as tradicións relativas ao poeta. Nabhaji coñeceu por el mesmo a Tulsidas, mais a estrofa en eloxio do poeta non achega feitos referentes á súa vida, que son expostos na tika ou glosa de Priya Das, quen escribiu no ano 1712, e boa parte do material é lendario e pouco fiable. Desafortunadamente, a biografía do poeta, denominada Gosai-charitra, por Benimadhab Das (un seguidor e constante compañeiro do mestre, falecido en 1642) desapareceu e non se coñece que exista copia ningunha.
Na introdución á edición do Ramayana por Nagri Pracharni Sabha, reúnense todos os feitos coñecidos da vida de Tulsi e son discutidos de maneira crítica.[5]
Un manuscrito do Ayodhya-kanda, que se di que foi feito pola propia man do poeta, existe en Rajapur en Banda, no presunto lugar do seu nacemento. Unha das Bala-kanda, datada en 1661, 19 anos antes da morte do poeta, e corrixido coidadosamente, que pertence supostamente ao mesmo Tulsidas, atópase en Ayodhya. Igualmente, sostense que se preservou outro autógrafo en Maliabad en Benarés. Unha tradución do conxunto ao inglés foi realizada por F. S. Growse, do Servizo Civil Indio.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía de Goswami Tulsidas, por Swami Sivananda en Divine Life Society.
- ↑ Manas publicado por Shri Tulsi Peeth, Chitrakoot
- ↑ "Tulsidas". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2009. Consultado o 25 de marzo de 2009.
- ↑ Ramayana de Tulsidas
- ↑ Para unha exposición da súa posición relixiosa e lugar na relixión popular do norte da India, véxase o documento de Dr. Grierson en Journal of the Royal Asiatic Society, xullo de 1903, páx. 447-466.
- ↑ 5.ª edición, Cawnpore, Kanpur, 1891
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |