Saltar ao contido

Tourón do mato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Turnix sylvatica»)
Tourón do mato
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1] (globalmente, pero está extinguida en Europa[2])
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Turnicidae
Xénero: Turnix
Especie: Turnix sylvaticus
Sinonimia

Turnix sylvatica

O tourón do mato (Turnix sylvaticus) é unha ave da pequena familia dos turnícidos, que son aves que lembran ao paspallás, co cal non están relacionadas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O tourón do mato foi descrito formalmente e ilustrado en 1789 polo botánico francés René Louiche Desfontaines co nome binomial Tetrao sylvaticus.[3] O epíteto específico sylvaticus significa en latín 'do bosque'.[4] Agora está clasificado no xénero Turnix, creado en 1840 por Pierre Joseph Bonnaterre.[5]

Recoñécense nove subespecies:

Descrición

[editar | editar a fonte]

O tourón do mato lembra un paspallás migrador. Ten as partes superiores con liñas de cor marrón area, partes inferiores beixes con marcas nos flancos negras e unha face lisa. En voo, a súa barra das ás abrancazada contrasta coa á gris. Os sexos son similares, pero os inmaturos teñen máis pintas pola parte inferior. Este pequeno tourón é moi difícil de ver. É unha pequena ave corredora marrón de 15 cm de longo, que prefire agocharse a botarse a voar.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Esta especie adoitaba ser residente no sur de España e África e desde a India á Asia tropical ata Indonesia, pero en España xa non. Habita en praderías cálidas ou matos arbustivos e aliméntase de insectos e sementes. Evita os bosques espesos e as rexións montañosas, e vive preferentemente en campos de millo e extensións de chairas herbosas, aínda que pode tamén atoparse en calquera tipo de mato arbustivo de herbas baixas.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Permanece agochado en silencio e é difícil de espantar, e non se ergue ata case estar baixo o pé do observador. Cando escapa, voa baixo sobre o chan e axiña pousa outra vez, despois do cal é moi difícil volver atopalo. A femia fai unha chamada que é un profundo hum-hum-hum e o macho replica cun kek-kek-kek.

Alimentación

[editar | editar a fonte]
Ovos de Turnix sylvaticus - MHNT

A femia inicia o cortexo e constrúe un niño no chan. O macho incuba unha posta de normalmente catro ovos griseiros con manchas, e atende as crías, as cales poden correr en canto fan eclosión. A estación de nidificación é de xuño a setembro. O niño é un escaso coxín de herbas situado nun oco natural no chan, onde adoita estar agochado entre as ramas dunha mata de herbas. En raros casos, dobran a herba formando unha especie de dosel.[6]

Conservación

[editar | editar a fonte]

Como está espallada por unha ampla área de distribución, o tourón do mato é avaliado como en situación "pouco preocupante" na Lista Vermella de especies Ameazadas da IUCN.[1] Porén, a subespecie nomeada, que está distribuída pola rexión mediterránea, está actualmente en perigo crítico, xa que desapareceu na maior parte da súa área de distribución durante o século XX e actualmente só está presente en Marrocos despois de que en España se declarase oficialmente a súa extinción en 2018.[7][8][9] En 2021, a IUCN tamén declarou que o tourón común estaba extinguido en Europa.[1] Isto fai que sexa a primeira especie de ave que se extingue en Europa desde a extinción do arao xigante en 1852.

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016). "Turnix sylvaticus": e.T22680500A90008182. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22680500A90008182.en. 
  2. BirdLife International (2015). "Turnix sylvaticus Europe": e.T22680500A59976610. 
  3. Desfontaines, R. L. (1789). "Mémoire sur quelques nouvelles espèces d'oiseaux des côtes de Barbarie". Histoire de L'Académie Royale des Science (en French): 496–505 [500, Placa 13]. 
  4. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 375. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. Gill, F.; Donsker, D.; Rasmussen, P., eds. (2023). "Buttonquail, thick-knees, sheathbills, plovers, oystercatchers, stilts, painted-snipes, jacanas, Plains-wanderer, seedsnipes". IOC World Bird List Version 13.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 29 de agosto de 2023. 
  6. Whistler, Hugh (1949). Popular Handbook of Indian Birds. London: Gurney and Jackson. 
  7. Gutiérrez, C., Copete, J.L., Crochet, P.-A., Qninba, A. & Garrido, H. 2011. History, status and distribution of Andalusian Buttonquail in the WP.Dutch Birding 33: 75-93.
  8. MaghrebOrnitho, 2018. Andalusian Buttonquail legally declared extinct in Spain. MaghrebOrnitho, Publicado o 9 de novembro de 2018.
  9. Violani, C. G. & Massa, B. 1993. Extinction of the Andalusian Hemipode Turnix s. sylvatica (Desf.) in the Mediterranean region . Bull. Br. Ornithol. Cl. 113: 225-229.
  • Barlow, Clive; Wacher, Tim; Disley, Tony (1997). Birds of The Gambia. ISBN 1-873403-32-1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]