Tuukka Talvio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fi) Pauli Tuukka Talvio 1 de outubro de 1948 Helsinqui, Finlandia |
País de nacionalidade | Finlandesa. |
Q89547790 | Estudos de Moeda anglosaxoa medieval. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | arqueólogo, numismático, historiador da arte |
Premios | |
- (2007): Medalla Elias Brenner (SNF). - (2018): Medalla Gunnar Holst. |
Pauli Tuukka Talvio, nado o 1 de outubro de 1948 en Helsinqui, é un arqueólogo, numismático e historiador da arte finlandés.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Talvio graduouse na universidade en 1975 e acadou o seu doutoramento en 2002, defendendo unha tese sobre as moedas e os impostos sobre a cuñaxe en Finlandia entre os anos 800 e 1200.[1]
Ingresou como investigador en 1971 no gabinete numismático do Museo Nacional de Finlandia, e en 2001 foi nomeado conservador.[1]
Talvio encargouse fundamentalmente do estudo das cuñaxes anglosaxoas e foi un dos participantes no proxecto Sylloge of Coins of the British Isles, desenvolvido pola Academia Británica.[1]
Entre a súa produción bibliográfica cabe salientar senllos traballos sobre os 125 anos de historia da Casa da Moeda de Finlandia (1989) e sobre os 90 anos da Asociación Numismática Finlandesa (2004), unha biografía sobre o coleccionista e mecenas Herman Antell (1993) e unha obra sobre a moeda finlandesa (1981) que tivo numerosas edicións, algunha delas tamén en inglés.[1][2]
Á parte da numismática, tamén se ocupou de diversas cuestións relacionadas coa arte das medallas e coa heráldica. Foi membro da Xunta Estatal de Heráldica desde 1995 e participou no deseño do actual escudo de Finlandia.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (2007): Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca.[3]
- (2018): Medalla Gunnar Holst, da Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik, de Gotemburgo, Suecia.[4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Tuukka Talvio ao longo da súa traxectoria.[5][6][7][8]
- (1978). National Museum, Helsinki, and Other Public Collections in Finland: Anglo-Saxon, Anglo-Norman and Hiberno-Norse Coins (Sylloge of Coins of the British Isles). Oxford University Press. ISBN 978-0197259795
- (1981). Suomen rahat ["Diñeiro finlandés"]. Suomen pankki, Helsinqui.
- (1987). The coins and banknotes of Finland. ISBN 978-9516861343
- (1990). Ars universitaria 1640-1990: medals from the collections of the University of Helsinki. Universidade de Helsinqui. ISBN 978-951-45-5262-5
- (1991). Royal Coin Cabinet, Stockholm (Sylloge of Coins of the British Isles). Oxford University Press. ISBN 978-0197260906
- (1993). H. F. Antell ja Antellin valtuuskunta ["H. F. Antell e a delegación de Antell"]. Museovirasto, Helsinqui. ISBN 951-9075-60-7
- (1994). Tutkijoita, keräilijöitä ja lahjoittajia. Suomalaisia numismaatikkoja 1700-1917 ["Investigadores, coleccionistas e doadores. Numismáticos finlandeses 1700-1917"] . Suomen numismaattinen yhdistys, Helsinqui. ISBN 978-951-95236-3-7
- (1997). Suomen leijona ["O león finlandés"]. Museovirasto, Helsinqui. ISBN 9516160220
- (2002). Coins and coin finds in Finland AD 800-1200 . Suomen numismaattinen yhdistys, Helsinqui. ISBN ISBN 951-9057-45-5
- (2004). Rahojen parissa: Suomen numismaattinen yhdistys 1914-2004 ["Sobre a moeda: Asociación Numismática Finlandesa 1914-2004"]. Suomen numismaattinen yhdistys, Helsinqui. ISBN 952-99333-0-4
- (2007). Mitalit ja mitalitaide ["Medallas e arte da medalla"]. Museovirasto, Helsinqui. ISBN 978-951-616-172-6
- (2009). Antellin rahakokoelman ruotsalaisten rahojen luettelo. Kristina ja Kaarle X Kustaa: 1632-1660 ["Catálogo de moedas suecas na colección de moedas de Antelli. Cristina e Carlos X Gustavo: 1632-1660"]. Museovirasto, Helsinqui. ISBN 978-951-616-199-3
- (2010). Monetary boundaries in transition. A North European economic history and the Finnish war 1808-1809 (ed. con C. von Heijne). Statens Historiska Museum, Estocolmo. ISBN 9789189176416
- (2015). Myntstudier. Festskrift till Kenneth Jonsson ["Estudos de moedas. Libro nomenaxe a Kenneth Jonsson"]. Svenska Numismatiska Föreningen, Estocolmo. ISBN 9789197942720
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Torsten Edgren. "Talvio, Tuukka". Uppslagsverket Finland.
- ↑ Véxanse os anos indicados en "Bibliografía".
- ↑ "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänster inom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
- ↑ "Myntdagen i Lödöse 2018". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Setembro de 2018. Páxina 113.
- ↑ "Tuukka Talvio". Academia.edu
- ↑ "Talvio, Tuukka 1948- Arquivado 22 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Talvio, Tuukka". Suomalaisen Kuvataiteen Bibliografia.
- ↑ "Talvio, Tuukka (1948-....)". BnF. Catalogue général.