Type O Negative
Type O Negative | |
---|---|
Orixe | Brooklyn, Nova York, Estados Unidos |
Período | 1989 - 2010 |
Xénero(s) | metal gótico, doom metal |
Selo(s) discográfico(s) | Roadrunner, SPV America |
Membros | Sal Abruscato Peter Steele Kenny Hickey Josh Silver Johnny Kelly |
Na rede | |
http://www.typeonegative.net | |
Type O Negative foi unha banda estadounidense de metal gótico formada en Brooklyn, Nova York en 1989,[1] por Peter Steele (voces e baixo), Kenny Hickey (guitarra e coros), Josh Silver (teclados e coros) e Sal Abruscato (batería e percusión), que posteriormente foi substituído por Johnny Kelly. O seu énfase lírico en temas de romance, depresión e morte deulles o alcume de "The Drab Four"[2] (en homenaxe ao algume dos Beatles "Fab Four"). A banda conseguiu o disco de platino co seu álbum de 1993 Bloody Kisses, e o de ouro con October Rust, de 1996, e gañou unha gran base de seguidores grazas aos seus sete álbums de estudio,[3] dous recompilatorios de grandes éxitos e varios concertos en DVD.
O 14 de abril de 2010, o vocalista, baixista e principal compositor Peter Steele morreu dunha insuficiencia cardíaca provocada por un aneurisma aórtico.[1] Kenny Hickey e Johnny Kelly afirmaron nunha entrevista en novembro de 2010 na revista francesa Rock Hard que a banda non continuaría.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Slow, Deep and Hard | 1991 | Roadrunner Records |
The Origin of the Feces | 1992 | Roadrunner Records |
Bloody Kisses | 1993 | Roadrunner Records |
October Rust | 1996 | Roadrunner Records |
World Coming Down | 1999 | Roadrunner Records |
Life Is Killing Me | 2003 | Roadrunner Records |
Dead Again | 2007 | SPV / Steamhammer |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 The New York Times (ed.). "Peter Steele, of Heavy Metal Band Type O Negative, Dies at 48". Consultado o 28 de abril de 2017.
- ↑ NME (ed.). "Type O Negative - Dead Again". Consultado o 28 de abril de 2017.
- ↑ MTV (ed.). "Peter Steele, Type O Negative Singer, Dead At 48: Singer reportedly died of heart failure, according to manager". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2017. Consultado o 28 de abril de 2017.