Ubaldo Gil Santóstegui
Nome orixinal | (es) Waldo Gil Santóstegui |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de xuño de 1879 Vigo, España |
Morte | 28 de agosto de 1936 (57 anos) Vigo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | médico, político, sindicalista |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Ubaldo Gil Santóstegui, nado en Vigo o 9 de xuño de 1879 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1936, foi un médico e político galego
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Exerceu a súa profesión médica en Vigo, en 1913 foi xunto co doutor Nicolás Paz Pardo o primeiro en establecer na cidade un gabinete de raios X. Membro do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e da Unión General de Trabajadores (UGT), foi elixido deputado provincial en 1921, presentándose despois como candidato socialista a deputado ao Congreso nas eleccións de 1923 sen obter escano. Nas eleccións municipais de 1931 foi elixido concelleiro de Vigo, onde chegou a ser tenente de alcalde.
Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado en consello de guerra sumarísimo e condenado á morte, sendo executado no cemiterio de Pereiró xunto aos deputados Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía, os seus compañeiros de corporación, o concelleiro Ramón González Brunet e o alcalde, Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores, José Antela, o mestre e pedagogo, Apolinar Torres e Manuel Rey Gómez[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lo más selecto" de Vigo en 1936, El País, 28 de agosto de 2008, consultado o 27 de agosto de 2012.