Uljana Semjonova
Nome orixinal | (lv) Uļjana Semjonova | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 9 de marzo de 1952 (72 anos) Zarasai, Lituania (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 210 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 128 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Unión Soviética | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
1985 | EuroBasket 1985 Women (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1983 | Campeonato Mundial de Basquetebol Feminino de 1983 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1983 | EuroBasket 1983 Women (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1981 | EuroBasket 1981 Women (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1980 | EuroBasket 1980 Women (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1980 | Xogos Olímpicos de 1980 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1978 | EuroBasket 1978 Women (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1976 | EuroBasket 1976 Women (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1975 | Campeonato Mundial de Basquetebol Feminino de 1975 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1974 | EuroBasket 1974 Women (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1973 | Universíada de Verão de 1973 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1972 | EuroBasket 1972 Women (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1971 | Campeonato Mundial de Basquetebol Feminino de 1971 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1970 | EuroBasket 1970 Women (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
1968 | EuroBasket 1968 Women (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Uļjana Larionovna Semjonova (en ruso: Ульяна Ларионовна Семёнова), nada en Zarasai (RSS de Lituania, Unión Soviética) o 9 de marzo de 1952, é unha ex xogadora de baloncesto soviética.[1]
Con 2,13 metros de estatura, está considerada a xogadora máis dominadora do baloncesto mundial nas décadas de 1970 e 1980. Desenvolveu case toda a súa carreira no TTT Riga, co que gañou 15 ligas soviéticas e 11 Copas de Europa. Piar fundamental da selección soviética durante case 20 anos, só perdeu un partido como internacional, o da súa despedida en 1986. Gañou coa selección dúas medallas de ouro olímpicas, tres Campionatos do Mundo e 11 Campionatos de Europa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 13 anos medía xa 1,93 metros, o que chamou a atención dos técnicos do TTT Riga, o mellor club de baloncesto da Unión Soviética por aquel entón. Aos 15 anos debutou co primeiro equipo e na súa primeira campaña gañou a súa primeira liga soviética. Con Semjonova liderando o equipo, o TTT Riga fíxose case invencible, e durante as seguintes dúas décadas conquistou 15 ligas e 11 Copas de Europa. En 1987 gañou o seu último título co Riga, a Copa Ronchetti.
En decembro de 1987 fichou polo Tintoretto de Xetafe, club que viña de ascender á Primeira División de España. O equipo ocupaba postos de descenso naquel momento, pero todo mudou coa chegada de Semjonova, que debutou con 22 puntos e 31 rebotes na vitoria por 92-47 sobre o Canoe.[2] A súa presenza disparou a fama do club en todo o país, e a pesar dos seus problemas físicos, conseguiu sacar o equipo dos postos de descenso, metelo nos play-offs polo título e acadar a final contra o Caixa Tarragona.[2] A continuación xogou unha última tempada no Valenciennes-Orchies, onde puxo fin á súa carreira.
Selección soviética
[editar | editar a fonte]Debutou coa selección soviética aos 16 anos e liderou o equipo durante os seguintes 18 anos, gañando tres Campionatos do Mundo e 11 Campionatos de Europa, así como dúas medallas de ouro olímpicas, nos Xogos de 1976 e 1980. Competiu por última vez coa selección en 1986, nos Goodwill Games en Moscova, onde perdeu a final contra os Estados Unidos.[3] Foi a súa primeira e única derrota coa Unión Soviética.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi galardoada coa Bandeira Vermella do Traballo en 1976,[4] e en 1993 converteuse na primeira muller non estadounidense consagrada no Salón da Fama do Baloncesto.[5] Foi membro inaugural do Salón da Fama do Baloncesto Feminino na promoción de 1999.[6] En 2007, foi inscrita no Salón da Fama da FIBA.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Semjonova, Uļjana; Kresa, Inita (1996). Kad es biju laimīga (en lituano). Rīga: Latvijas Olimpiskā komiteja. p. 8. ISBN 9984-10-001-4.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "¿Qué fue de Semenova? Una gigante en el corazón de Getafe". As (en castelán). 14 de maio de 2020. Consultado o 9 de febreiro de 2024.
- ↑ "Women Basketball Goodwill Games 1986 Moscva (URS) - 05-10.07 Winner United States". todor66.com (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2024.
- ↑ Khavin, Boris (1979). Всё об олимпийских играх (en ruso). Fizkultura. p. 578.
- ↑ "Uljana Semjonova". hoophall.com (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2024.
- ↑ "Uljana Semjonova". wbhof.com (en inglés). Consultado o 8 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos da xogadora no sitio web da FIBA (en inglés).
- Datos da xogadora como internacional sitio web da FIBA (en inglés).
- Datos da xogadora en Basketball-Reference.com (en inglés).
- Nados en 1952
- Nados no condado de Utena
- Xogadores de baloncesto da Unión Soviética
- Xogadores de baloncesto de Lituania
- Xogadores de baloncesto olímpicos da Unión Soviética
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1976
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1980
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética
- Membros do Salón da Fama da NBA