Saltar ao contido

Ulrika Spacek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ulrika Spacek
OrixeReading, Inglaterra Inglaterra
Período2014 - presente
Xénero(s)rock alternativo, rock psicodélico, indie rock, shoegaze, post-rock
Selo(s) discográfico(s)Tough Love Records
MembrosRhys Edwards
Rhys Williams
Joseph Stone
Syd Kemp
Callum Brown
Antigos membrosBen White
Artistas relacionadosTripwires, Viscous Liquid
Na rede
ulrikaspacek.com
Facebook: ulrikaspacek Bandcamp: ulrikaspacekSouncloud: ulrikaspacek Spotify: 07vC6cutbett8UknXnqxsu Last fm: Ulrika+Spacek Musicbrainz: b4e8e5f4-be91-473f-af73-de332ecd8f20 Songkick: 8492438 Discogs: 4777169 Editar o valor en Wikidata

Ulrika Spacek é unha banda inglesa de rock alternativo formada no ano 2014 e composta polo cantante e guitarrista Rhys Edwards, o guitarrista Rhys Williams, o guitarrista e teclista Joseph Stone, o baixista Syd Kemp e o batería Callum Brown.

Edwards, Stone e White foran anteriormente membros da banda de Reading Tripwires, tendo Williams xirado co grupo como guitarrista adicional[1] e publicado material co nome de Viscous Liquid.[2]

Proxectos previos

[editar | editar a fonte]

Os amigos da escola Rhys Edwards, Joseph Stone, e Ben White levaban traballando xuntos noutras bandas dende 2002. The Enigma Project foi fundada en Reading ese ano por Edwards, Sam Pillsbury, e George Simpson, uníndose White pouco despois. Simpson foi substituído en 2005 por Joseph Stone.[3] Ficharon por Automator Records e lanzaron o seu sinxelo d estrea, "Astronaut/Microcosm", en xullo de 2005, seguido polo EP Scenes of the 21st Century.[4]

En 2007, The Enigma Project cambiou o seu nome por Tripwires e publicou os sinxelos "Kings & Queens" e "Just So You Know" o seguinte ano.[5] As cancións foron recollidas pola radio nacional e promovidas por figuras como Huw Stephens e Steve Lamacq. O mesmo ano, a banda actuou no escenario BBC Introducing nos festivais de Reading e Leeds.[6][7] A banda comezou a traballar no seu álbum de estrea, Spacehopper, en agosto de 2010, e estaba previsto o seu lanzamento en abril de 2011 a través do Club AC30.[8] Porén, o álbum foi descartado e a banda marchou do selo. O grupo regravou unha versión distinta do disco en Nova York co produtor Nicolas Vernhes que finalmente foi lanzada en xuño de 2013 por French Kiss Records.[9][10] Autoeditaron o seu segundo álbum, Watermelancholia, a través de Bandcamp en maio de 2015.[11] O álbum gravouse en Londres e Berlín durante 2013 e 2014.[12]

Formación actual e contrato con Tough Love Records

[editar | editar a fonte]

Na primavera de 2014 Edwards comezou a traballar con material novo en Berlín co seu amigo da escola a ás veces guitarrista ao vivo de Tripwires Rhys Williams. Ao regresar a Inglaterra mudáronse a Homerton, East London, onde completaron o álbum nunha casa compartida chamada KEN[13] xunto co batería Callum Brown e os compañeiros de Tripwires Joseph Stone e Ben White. A banda fixo a súa estrea en Londres en maio de 2015.[14] Pouco despois tivo lugar a formación de 'Oysterland', unhas noites auto-organizadas que combinaron as primeiras actuacións en directo da banda cunha serie de exposicións de arte.[15] Publicaron The Album Paranoia en febreiro[16] e iniciaron unha xira polo Reino Unido ese mesmo mes. En setembro de 2016 a banda lanzou o sinxelo "Everything: All The Time".[17]

O grupo editou o seu segundo álbum, Modern English Decoration, en xuño de 2017, precedido polo sinxelo "Mimi Pretend".[18] As primeiras copias do álbum en vinilo lanzáronse cun 7" extra sen listar os seus dous temas.[19] Máis tarde confirmouse que un deles era unha versión dunha canción de Parsley Sounds titulada "Ease Yourself And Glide".[20] Comentando os plans para os próximos lanzamentos, o líder Rhys Edwards afirmou que "Seguramente imos sacar música, aínda que non será un álbum de longa duración. Vemos os nosos dous primeiros álbums como discos de irmáns e pensamos que será bo deixalos un pouco antes de pensar en sacar outro disco".[21]

En novembro de 2022 a banda regresou aos directos cun concerto no Bermondsey Social Club, Londres. Nesa acuación o grupo revelou unha nova formación, co antigo guitarrista de Younghusband Adam Beach substituíndo a Rhys Williams.[22] En marzo de 2023 Ulrika Spacek lanzou o seu terceiro álbum de estudio, Compact Trauma.[23]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
The Album Paranoia 2016 Tough Love Records
Modern English Decoration 2017 Tough Love Records
Compact Trauma 2023 Tough Love Records
  1. Tripwires (2014-09-27). "Our friend and sometimes live gtrist viscous liquid puts out his cassette EP 'songs for jealous lovers' today. Check it out @onenoteforever". @Tripwires (en inglés). Consultado o 2019-12-30. 
  2. "Viscous Liquid". www.fat-cat.co.uk. Consultado o 2019-12-30. 
  3. "Strange Glue Showcase: Tripwires Interview and Music - Strangeglue - Music News, Views and Reviews". web.archive.org. 2015-12-09. Consultado o 2025-01-11. 
  4. "BBC - Berkshire - Entertainment - The Enigma Project". www.bbc.co.uk. Consultado o 2025-01-11. 
  5. "Tripwires - Just So You Know". Kudosrecords.co.uk (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 
  6. "Reading and Leeds Festival - Tripwires Interview - RoomThirteen - Online Rock Metal Alternative Music Magazine - Reviews Interviews News Tours". www.roomthirteen.com (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 
  7. "BBC - Music - Introducing - Artist - Tripwires". web.archive.org. 2011-12-16. Consultado o 2025-01-11. 
  8. Tripwires (2011-01-21). "Tripwires: Hallelujah". Tripwires. Consultado o 2025-01-11. 
  9. "Tripwires". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 
  10. "TRIPWIRES". Frenchkiss Records (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 
  11. "Watermelancholia, by Tripwires". Tripwires (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 
  12. "Tripwires - The official Tripwires website.". web.archive.org. 2016-03-04. Consultado o 2025-01-11. 
  13. "Hypnotic Loops: An Interview With Ulrika Spacek". The Quietus (en inglés). 2016-02-04. Consultado o 2025-01-11. 
  14. "Bad Vibrations Present: Doug Tuttle (Mmoss / Trouble In Mind), Ulrika Spacek, Tv Wonder & Truism". www.facebook.com (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 
  15. "Oysterland #3: Ulrika Spacek (Live) + JC Flowers (Live) + Mellah (Live) + Video Installation from Zoë Que". www.facebook.com (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 
  16. "Ulrika Spacek - "The Album Paranoia" out on Tough Love / Lefse Records Feb. 5 — Lefse Records". web.archive.org. 2016-03-05. Consultado o 2025-01-11. 
  17. "Ulrika Spacek – “Everything: All The Time”". Stereogum (en inglés). 2016-08-22. Consultado o 2025-01-11. 
  18. "Ulrika Spacek announce Modern English Decoration, share new single "Mimi Pretend"". The Line of Best Fit (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 
  19. "Ulrika Spacek - Modern English Decoration" (en inglés). 2017-06-02. Consultado o 2025-01-11. 
  20. "Ulrika Spacek pay homage to Parsley Sound on “Ease Yourself And Glide”". The Line of Best Fit (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 
  21. "Ulrika Spacek Interview, Tough Love Records - DrunkenWerewolf". web.archive.org. 2022-01-18. Consultado o 2025-01-11. 
  22. toughloverecords (2022-10-05). "Ulrika Spacek Return...". Tough Love Records (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 
  23. "Compact Trauma, by Ulrika Spacek". Ulrika Spacek (en inglés). Consultado o 2025-01-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]