Ultramicrobacteria
As ultramicrobacterias son pequenas bacterias cun volume menor de 0,1 μm3 en todas as condicións de crecemento.[1][2][3] Este termo foi acuñado en 1981 para describir cocos de augas mariñas que eran de menos de 0,3 μm de diámetro.[4] As ultramicrobacterias foron recollidas tamén do solo e parecen ser unha mestura de especies grampositivas, gramnegativas e sen parede celular.[5][2] Tamén se recolleron en solos urbanos, como as ultramicrobacterias ND5 e MY14T, dúas ultramicrobacterias con forma de bacilo aerobias gramnegativas[6]
As ultramicrobacterias posúen unha razón superficie-área-volume alta debido ao seu pequeno tamaño, o que lles axuda a crecer en condicións oligotróficas (é dicir, pobres en nutrientes).[2] O tamaño relativamente pequeno das ultramicrobacterias tamén facilita o parasitismo de organismos máis grandes;[2] e viuse que algunhas ultramicrobacterias son parasitos obrigados ou facultativos de varios eucariotas e procariotas.[1][2] Un factor que lles permite ás ultramicrobacterias acadaren o seu pequeno tamaño parece ser a minimización do seu xenoma,[1][2] como no caso da ultramicrobacteria Pelagibacter ubique, cuxo pequeno xenoma de 1,3 Mb parece desprovisto de elementos xenéticos estraños, como ADN non codificante, transposóns, elementos extracromosómicos etc.[2] Porén, faltan datos xenómicos delas,[2] xa que o estudo das ultramicrobacterias, como o de moitos outros procariotas, é complicado polas dificultades á hora de cultivalas.[3]
Os estudos microbacterianos feitos en Berkeley Labs na Universidade de California, Berkeley obtiveron imaxes microscópicas detalladas de especies microbianas ultrapequenas.[7] Estas células tiñan un volume de 0,009 μm3, o que significa que aproximadamente 150.000 delas poderían caber na punta dun cabelo humano.[7] Estas bacterias atopáronse en mostras de augas subterráneas e analizáronse con microscopio electrónico de transmisión crioxénico 2-D e 3-D. Estas bacterias ultrapequenas, cun xenoma de aproximadamente 1 millón de pares de bases de longo,[7] mostraban densas espirais de ADN, poucos ribosomas, apéndices fibrosos parecidos a pelos e sistemas metabólicos minimizados.[7] Estas células probablemente obteñen a maioría dos seus nutrientes esenciais e metabolitos doutras bacterias.[7] Pénsase que as bacterias que están no rango de tamaños utrapequenos son bastante comúns pero difíciles de detectar. [7]
As ultramicrobacterias confúndense con frecuencia con ultramicrocélulas, pero estas últimas son a formas dormentes de resistencia ao estrés de células máis grandes, que se forman en condicións de inanición[1][2][8] (é dicir, estas célula máis grandes regulan á baixa o seu metabolismo, paran de crecer e estabilizan o seu ADN para crearen ultramicrocélulas que permanecen viables durante anos,[1][9]) mentres que o pequeno tamaño das ultramicrobacterias non é unha resposta á inanición e é constante mesmo en condicións de abundancia de nutrientes.[3]
O termo "nanobacteria" utilízase ás veces como sinónimo de ultramicrobacteria na literatura científica,[2] pero as ultramicrobacterias son distintas das supostas nanobacterias ou "nanopartículas calcificadas", que se propuxo eu eran organismos vivos de 0,1 μm de diámetro.[10] Porén, agora pénsase que estas estruturas non son seres vivos,[11] senón probablemente partículas precipitadas de material inorgánico.[12][13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Cavicchioli, Ricardo; Ostrowski, Martin (xuño de 2003). Encyclopedia of Life Sciences. Nature Publishing Group. ISBN 9780470015902. Consultado o 26 de setembro de 2017.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Duda, V; Suzina, N; Polivtseva, V; Boronin, A (2012). "Ultramicrobacteria: Formation of the Concept and Contribution of Ultramicrobacteria to Biology". Microbiology 81 (4): 379–390. PMID 23156684. doi:10.1134/s0026261712040054.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Janssen, Peter; Schuhmann, Alexandra; Mörschel, Erhard; Rainey, Frederick (aqbril de 1997). "Novel anaerobic ultramicrobacteria belonging to the verrucomicrobiales lineage of bacterial descent isolated by dilution culture from anoxic rice paddy soil". Applied and Environmental Microbiology 63 (4): 1382–1388. Bibcode:1997ApEnM..63.1382J. PMC 168432. PMID 9097435. doi:10.1128/AEM.63.4.1382-1388.1997.
- ↑ Torrella F, Morita RY (1 de febreiro de 1981). "Microcultural Study of Bacterial Size Changes and Microcolony and Ultramicrocolony Formation by Heterotrophic Bacteria in Seawater". Appl. Environ. Microbiol. 41 (2): 518–527. Bibcode:1981ApEnM..41..518T. PMC 243725. PMID 16345721. doi:10.1128/AEM.41.2.518-527.1981.
- ↑ Iizuka T, Yamanaka S, Nishiyama T, Hiraishi A (febreiro de 1998). "Isolation and phylogenetic analysis of aerobic copiotrophic ultramicrobacteria from urban soil". J. Gen. Appl. Microbiol. 44 (1): 75–84. PMID 12501296. doi:10.2323/jgam.44.75.
- ↑ Sahin, Nurettin; Gonzalez, Juan M.; Iizuka, Takashi; Hill, Janet E. (1 de xuño de 2010). "Characterization of two aerobic ultramicrobacteria isolated from urban soil and a description of Oxalicibacterium solurbis sp. nov.". FEMS Microbiology Letters 307 (1): 25–29. PMID 20370834. doi:10.1111/j.1574-6968.2010.01954.x.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Krotz, D. (2015). "First Detailed Microscopy Evidence of Bacteria at the Lower Size Limit of Life". Consultado o 2020-05-11.
- ↑ Velimirov, B. (2001). "Nanobacteria, Ultramicrobacteria and Starvation Forms: A Search for the Smallest Metabolizing Bacterium". Microbes and Environments 16 (2): 67–77. doi:10.1264/jsme2.2001.67.
- ↑ Costerton JW, Lewandowski Z, Caldwell DE, Korber DR, Lappin-Scott HM (1995). "Microbial biofilms". Annu. Rev. Microbiol. 49: 711–45. PMID 8561477. doi:10.1146/annurev.mi.49.100195.003431.
- ↑ Urbano P, Urbano F (maio de 2007). "Nanobacteria: Facts or Fancies?". PLOS Pathog. 3 (5): e55. PMC 1876495. PMID 17530922. doi:10.1371/journal.ppat.0030055.
- ↑ Kajander EO (xuño de 2006). "Nanobacteria--propagating calcifying nanoparticles". Lett. Appl. Microbiol. 42 (6): 549–52. PMID 16706890. doi:10.1111/j.1472-765X.2006.01945.x.
- ↑ Raoult D, Drancourt M, Azza S, et al. (febreiro de 2008). "Nanobacteria Are Mineralo Fetuin Complexes". PLOS Pathog. 4 (2): e41. PMC 2242841. PMID 18282102. doi:10.1371/journal.ppat.0040041.
- ↑ Martel J, Young JD (abril de 2008). "Purported nanobacteria in human blood as calcium carbonate nanoparticles". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 105 (14): 5549–54. PMC 2291092. PMID 18385376. doi:10.1073/pnas.0711744105.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Forma L bacteriana
- Mycoplasma – as bacterias máis pequenas coñecidas (300 nm)
- Nanoarchaeum – as arqueas máis pequenas coñecidas (400 nm)
- Nanobacterias – posibles formas de vida menores que as bacterias (<200 nm)
- Nanobio – as posibles formas de vida máis pequenas (20 nm)
- Pithovirus – o virus máis grande coñecido (1500 nm)
- Pandoravirus – un dos virus máis grandes coñecidos (1000 nm)
- Parvovirus – o virus máis pequeno coñecido (18–28 nm)
- Prión – o axente infeccioso máis pequeno coñecido (10 nm)
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|