Saltar ao contido

Ulises (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ulysses (novela)»)

Ulises
Primeira cuberta de 1922
Título orixinalUlysses
Autor/aJames Joyce
OrixeIrlanda Irlanda
LinguaInglés
Xénero(s)Novela modernista
EditorialFrancia Sylvia Beach
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub.Francia 2 de febreiro de 1922
Galicia 2013
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas632-1
ISBNISBN 0-679-72276-9
Precedido porRetrato do artista cando novo
(1916)
Seguido porFinnegans Wake
(1939)
Premios
TraduciónEva Almazán, Antón Vialle, María Alonso Seisdedos e Xavier Queipo
Na rede
BNE: XX3383715
editar datos en Wikidata ]

Ulises é unha novela do escritor irlandés James Joyce, escrita en lingua inglesa co título orixinal de Ulysses. Foi serializada en parte no xornal americano The Little Review dende marzo de 1918 a decembro de 1920, e posteriormente foi publicada por Sylvia Beach en febreiro de 1922, en París. Está considerada unha das obras máis importantes da Literatura modernista,[1] e foi descrita como "a demostración e a suma de todo o movemento".[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Ulises conta o paseo de Leopold Bloom pola cidade de Dublín durante un día corrente, o 16 de xuño de 1904 (o día da primeira cita de Joyce coa súa futura muller, Nora Barnacle).[3] Ulises é o nome latinizado de Odiseo, o heroe do poema de Homero A Odisea, e a novela establece unha serie de paralelismos entre os seus personaxes e situacións e os do poema (como a correspondencia de Leopold Bloom con Odiseo, Molly Bloom con Penélope e Stephen Dedalus con Telémaco).

Ulises ten aproximadamente 265.000 palabras, cun vocabulario de 30.030 (incluíndo nomes propios, plurais e distintas formas verbais),[4] e está dividido en 18 capítulos. Dende a súa publicación, o libro xerou moita controversia e escrutinio, como xuízos por obscenidade. A técnica do monólogo interior de Ulises, cunha estruturación coidadosa, e a prosa experimental, chea de calembur, parodias e alusións, así como a súa rica caracterización e humor aberto, fixeron que o libro teña un gran prestixio no panteón modernista. En 1998, a Modern Library clasificou Ulises no primeiro posto da súa lista das "100 mellores novelas do século XX en lingua inglesa".[5] Os fans de Joyce en todo o mundo celebran o 16 de xuño como o Bloomsday.

Tradución ao galego

[editar | editar a fonte]

O 15 de agosto de 1926 apareceron publicados na revista Nós algúns fragmentos do Ulises traducidos por Ramón Otero Pedrayo[6][7][8], facendo do galego a primeira lingua da Península Ibérica en que se puideron ler partes da novela[9]. A totalidade da obra foi traducida por Eva Almazán, Xavier Queipo, María Alonso Seisdedos e Antón Vialle e publicada por Editorial Galaxia en 2013.[10] Este proxecto editorial, malia ter sido rexeitado nas axudas da Dirección Xeral do Libro do ano 2011,[7][11] acadou o Premio Nacional de Tradución de España en 2014.[12]

  1. Harte, Tim (verán de 2003). "Sarah Danius, The Senses of Modernism: Technology, Perception, and Aesthetics". Bryn Mawr Review of Comparative Literature 4 (1). Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2003. Consultado o 10 de xullo de 2001. 
  2. Beebe (1971), p. 176.
  3. Keillor, Garrison, "The Writer's Almanac", 2 de febreiro de 2010.
  4. Vora, Avinash (20 de outubro de 2008). "Analyzing Ulysses". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2008. Consultado o 20 de outubro de 2008. 
  5. Random House, ed. (1999). "100 Best Novels". Consultado o 23 de xuño de 2007.  Outra novela de Joyce, Retrato do artista cando novo, acadou o terceiro posto nesta listaxe.
  6. Joyce, James (15 de agosto de 1926). Ramón Otero Pedrayo, tr.. "Ulysses: anacos da soadisema novela de James Joyce". Nós : boletín mensual da cultura galega (32): 3–11. 
  7. 7,0 7,1 Ventura Ruiz, Joaquim (24 de setembro de 2016). "Joyce en gallego: los fragmentos de Ramón Otero Pedrayo. Recepción y publicación". 1611: revista de historia de la traducción (en castelán) (10). ISSN 1988-2963. 
  8. McKevitt, K. A. (2003): "Introdución", en Joyce, J.: Fragmentos de Ulises, 1926. Vigo: Ed. Galaxia. Páx. 7-51. ISBN 978-84-8288-646-0.
  9. "El 'Ulises' se tradujo antes al gallego que al castellano > elmundolibro - Narrativa Extranjera". www.elmundo.es. Consultado o 2021-01-13. 
  10. 1882-1941, Joyce, James (2013). Ulises (1ª ed.). Vigo: Galaxia. ISBN 9788498655032. OCLC 870177324. 
  11. País, Ediciones El (2011-09-03). "Cultura no considera "gran proyecto" traducir 'Ulysses'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-06-20. 
  12. "La versión en gallego de «Ulises», Premio Nacional de Traducción 2014". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-11-04. Consultado o 2018-06-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]