Uncle Meat é o quinto álbum de estudio de The Mothers of Invention, publicado en 1969 como banda sonora do filme do mesmo nome, o cal non foi rematado ata 1987. Foi o primeiro editado a través do selo Bizarre Records, en afiliación con Reprise, despois de abandonar Verve.
Uncle Meat marcou unha evolución na carreira de Frank Zappa, abríndose máis ao jazz e a música clásica. Tamén contén, a modo de homenaxe e burla ao mesmo tempo, elementos do doo-wop, blues, rock and roll, e fragmentos de son do filme.[1]